sábado, 31 de marzo de 2012

Abril de 1936: Tres lanceros bengalíes

O domingo 26 de abril de 1936, os ribadenses tiveron a ocasión de ver no Teatro Principal a película Tres lanceros bengalíes.


25/04/1936 (Las Riberas del Eo)
25/04/1936 (Las Riberas del Eo)

Tres lanceros bengalíes (1934) Henry Hathaway

A película está ambientada na India en tempos da dominación británica e narra as loitas do 41º rexemento Bengala contra as tribus de Mohammed Khan.

Dous novos oficiais chegan a un rexemento británico dirixido polo severo coronel Stone, un amante das ordenanzas e dos rigurosos procederes militares. Ao chegar serán recibidos polo tenente McGregor, interpretado por Gary Cooper, que se converterá no introdutor do seu novo destino.


jueves, 29 de marzo de 2012

Marzo de 1936: Vivamos de nuevo

O xoves 19 de marzo de 1936, no Teatro Principal proxectouse a película Vivamos de nuevo e en Las Riberas del Eo publicouse este artigo:


14/03/1936 (Las Riberas del Eo)
14/03/1936 (Las Riberas del Eo)

14/03/1936 (Las Riberas del Eo)




Vivamos de nuevo (1934) Rouben Mamoulian

Nesta película, basada na novela Resurrección de Leon Tolstoi, un príncipe ruso namórase dunha hulmide criada condeada por asasinato.
Como os intentos do príncipe por salvala do desterro son inútiles, decide acompañala para cumprir a súa pena en Siberia.


Fotograma de Vivamos de nuevo

Marzo de 1936: El velo pintado

Na prensa de 1936 publicouse o seguinte artigo sobre a película El velo pintado, que se proxectou no Galaxia o domingo 8 de marzo de 1936:

29/02/1936 (Las Riberas del Eo) 
29/02/1936 (Las Riberas del Eo)

08/03/1936 (La comarca del Eo)

El velo pintado (1934) Richard Boleslawski

Katrin, interpretada por Greta Garbo, é unha atractiva moza que se sente soa e decide emprender unha viaxe por China, onde coñece ao doutor Walter Fane, co que casa.
Debido á súa profesión, el non lle pode dedicar moito tempo a Katrin. Por este motivo, ela decide comezar un romance secreto con outro home.

domingo, 25 de marzo de 2012

Xaneiro de 1937

Durante o ano 1937 continúa habendo dous cines en Ribadeo: o Galaxia e o Teatro e a pesar de que o país estaba en guerra, segue habendo proxeccións nas salas.


Esta é a carteleira de xaneiro de 1937:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

    - Cine Galaxia

Inspiración (1931) Clarence Brown

17/01/1937 (La comarca del Eo)

   - Cine Teatro

Melodía de arrabal (1933) Louis J. Gasnier

Pregúntame otra (1934) Dave Fleischer 

Canción de cuna (1933) Mitchell Leisen

17/01/1937 (La comarca del Eo)

O domingo 17 de xaneiro, antes da proxección de Melodía de arrabal, exhibiuse a curta animada Préguntame otra, protagonizada por Popeye
Se queredes vela, pinchade aquí:






Fotograma de Pregúntame otra

sábado, 24 de marzo de 2012

Revistas de cine: Radio y cinema

Nalgúns números de Las Riberas del Eo atopamos anuncios da revista Radio y Cinema, que se vendía na Librería de Salvador Rodríguez.


21/01/1939 (Las Riberas del Eo)

Radio y Cinema foi unha revista quincenal editada entre marzo de 1938 e 1963.
O seu fundador e director foi Joaquín Romero Marchent Gómez de Avellaneda, que tamén fundou a productora Intercontinental Films.
Aínda que orixinalmente a revista naceu na cidade da Coruña, ao ano pasou a editarse en Madrid e mais tarde cambiou o seu nome, pasando a chamarse Radiocinema.

Un dos seus principais obxectivos era o de contribuir á utilización do cine español como arma de propaganda do Estado.
Ademais de incluír artigos relacionados co cine e a radio, durante algunhas épocas tamén houbo seccións dedicadas aos deportes e aos touros.

Exemplos de portadas de Radio y Cinema (máis tarde Radiocinema):


1938
1952
1954
1963

miércoles, 21 de marzo de 2012

A carteleira na actualidade

Hoxe en día, podemos consultar a carteleira dos Multicines Cinelandia de varias formas:

- Se estamos en Ribadeo, unha posibilidade é achegarse ata a zona da Praza de Abastos, onde hai uns paneis informativos coas sesións e os posters das películas proxectadas.

- A outra posibilidade é ir ata o propio cine, onde, por suposto, tamén informan das próximas sesións.

- Para consultar a carteleira desde calquera lugar, podemos entrar na páxina web do cine:
- Nas páxinas locais dalgúns xornais aínda segue habendo un espazo dedicado á carteleira dos cines.

- Outras webs: en Internet existen numerosos portais nos que informan sobre a carteleira dos cines. 


Así que só queda escoller película e desfrutar dela!



martes, 20 de marzo de 2012

1936: Directores

Se nos fixamos nas películas proxectadas en Ribadeo ao longo do ano 1936, podemos ver que hai algúns directores que se repiten con frecuencia.
Estes son dous deles:

W. S. VAN DYKE (1889 - 1943)

Woodbridge Strong Van Dyke II, tamén coñecido como "One Take Woody" pola rapidez coa que rodaba, comezou no mundo do cine como asistente de dirección de Griffith na película Intolerancia (1916).
A carreira de Van Dyke estivo unida á Metro Goldwyn Mayer, onde se valoraba a súa versatilidade, xa que dirixía eficazmente filmes de calquera xénero: comedias, dramas, musicais, etc.
Estivo nominado ao Oscar en varias ocasións, entre as que destaca a candidatura por San Francisco (1936). 
Entre a súa filmografía atópanse outros títulos como La cena de los acusados (1934), El enemigo público número uno (1934), Marietta la traviesa (1935) e María Antonieta (1938).
O director, que padecía un cancro terminal, suicidouse en 1943.


Van Dyke na rodaxe de Marietta la traviesa (1935)

BENITO PEROJO (1894 - 1974)

Aínda que Benito Perojo destacou como director e productor, a súa carreira cinematográfica comezou como actor. Xunto co seu irmán, creou Patri Films, onde realizaban curtametraxes cómicas protagonizadas por Peladilla, personaxe similar a Charlot e interpretado polo propio Perojo.
En 193o, foi contratado pola Paramount para dirixir versións europeas de películas americanas de éxito.
Perojo realizou numerosas adaptacións de obras literarias relevantes, como por exemplo Marianela (1940) de Pérez Galdos e Niebla (1932) de Unamuno.
Nas súas películas son frecuentes os temas relacionados co folclore español, o que o fixo moi apreciado polo público.
A partir dos anos 50, Benito Perojo deixou de lado o seu traballo como director e centrouse na produción de obras de cineastas como García Berlanga e Sáenz de Heredia.
Na súa filmografía destacan filmes como La verbena de la Paloma (1934), Rumbo al Cairo (1935), El barbero de Sevilla (1938) e Marianela (1940), entre outros moitos.


Benito Perojo
En 1936, o público de Ribadeo tamén tivo a ocasión de desfrutar do traballo doutros directores como Richard Boleslawski, Florián Rey, George Cukor e David Butler, entre outros.

lunes, 19 de marzo de 2012

Decembro de 1936: Mazurka

O domingo 27 de decembro de 1936, proxectouse o filme Mazurka, protagonizado por Pola Negri,  no cine Teatro e La comarca del Eo publicou nas súas páxinas esta"crónica cinematográfica":
27/12/1936 (La comarca del Eo)
27/12/1936 (La comarca del Eo)


Mazurka (1935) Willy Forst


domingo, 18 de marzo de 2012

Decembro de 1936

A última carteleira do ano, a de decembro de 1936, preséntase así:
Pinchar na imaxe para vela en grande


PELÍCULAS:

   - Cine Galaxia

Nada más que una mujer (1934) Harry Lachman


27/12/1936 (La comarca del Eo)
   - Cine Teatro

Mazurka (1935) Willy Forst


27/12/1936 (La comarca del Eo)

sábado, 17 de marzo de 2012

Novembro de 1936

Carteleira de novembro de 1936:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Galaxia

Cuando el diablo asoma (1934) W. S. Van Dyke


15/11/1936 (La comarca del Eo) 

    - Cine Teatro

Morena Clara (1936) Florián Rey


21/11/1936 (Las Riberas del Eo)

Fiesta en palacio (sen datos)

jueves, 15 de marzo de 2012

Outubro de 1936

A carteleira de outubro de 1936 é a seguinte:
Pinchar na imaxe para vela en grande

Neste mes, nos xornais que se conservan só aparece un anuncio relacionado co cine en Ribadeo. 
Dito anuncio chama a atención pola súa sinxeleza e brevidade, se o comparamos con anuncios de datas anteriores:


11/10/1936 (La comarca del Eo)
Un amor en España (sen datos)

martes, 13 de marzo de 2012

Revistas de cine: Films selectos

Nalgúns exemplares de Las Riberas del Eo pódense ver anuncios da revista cinematográfica Films selectos, que se vendía na Librería Amor.


01/11/1930 (Las Riberas del Eo)

19/11/1932 (Las Riberas del Eo)

Films selectos foi un semanario cinematográfico que se comezou a publicar o 4 de outubro de 1930 e que continuou ata 1938.

Desde o principio a publicación tivo a súa redacción e administración en Barcelona, aínda que tamén contaba cunha delegación en Madrid. Posteriormente, a partir de maio de 1934, abríronse novas delegacións en Bilbao, Zaragoza, Valencia, Sevilla, Málaga, México e Caracas.

A revista estivo dirixida por Tomás Gutiérrez Larraya desde 1930 ata 1936, ano no que foi sucedido por J. Esteve Quintana.

Films selectos tiña numerosas seccións, entre as que se atopaban as seguintes:
   - Album, onde se publicaban fotografías dos artistas máis populares
   - De unos a otros, que incluía preguntas e respostas enviadas polos lectores
   - Opinamos que…, sección dedicada ás críticas das estreas cinematográficas
   - El cine y la moda, onde se mostraba a roupa dos actores e actrices
   - Vuestra belleza, que recollía trucos de beleza das estrelas de cine

Exemplos de portadas de Films selectos


05/12/1931
11/06/1932
30/12/1933
19/10/1935
17/08/1938

lunes, 12 de marzo de 2012

Xullo de 1936: Guerra Civil

En xullo de 1936 comezou a Guerra Civil, o que non impediu que nos cines de Ribadeo se seguisen proxectando películas.

E ao falar de Ribadeo, de cine e da Guerra Civil, hai que mencionar a curta 1936. Ribadeo, dirixida por Jairo Iglesias.
Esta peza rodouse na praia das Catedrais durante a celebración do Festival ON&OFF, en agosto de 2007.

Aquí podedes ver a curta:



SINOPSE: 1936. Ribadeo (Jairo Iglesias, 2007)

Dous republicanos, interpretados por Xosé Barato e Xoaquín Domínguez, quedan atrapados nunha praia. Saben que cando suba a marea morrerán afogados, así que loitan por cambiar o seu destino e comezan a cavar na rocha un burato polo que poder escapar.



jueves, 8 de marzo de 2012

Xuño de 1936: Las cruzadas

A principios de xuño de 1936, Las Riberas del Eo publica unha columna dedicada á película Las cruzadas, que se proxectará proximamente no Teatro, aínda que en ningún momento se especifica a data concreta.

(O artigo está dividido en dúas partes ao coincidir co final de páxina do xornal)


06/06/1936 (Las Riberas del Eo)
06/06/1936 (Las Riberas del Eo)

06/06/1936 (Las Riberas del Eo)


Las cruzadas (1935) Cecil B. De Mille

Esta película é unha adaptación da novela As cruzadas: santos e homes de ferro, de Harold Lamb, que ten como personaxe central ao Rei Ricardo Corazón de León.

Ricardo Corazón de León marcha ás Cruzadas para evitar a súa voda coa princesa Alicia de Francia e durante a viaxe casa con Berengaria, filla do Rei Sancho de Navarra. 
Pero todo se complica cando Berengaria é raptada polo árabe Saladino.



Xuño de 1936

Tendo en conta os anuncios da prensa local da época, pódese dicir que a carteleira do mes de xuño de 1936 é a seguinte:
Pinchar na imaxe para vela en grande

Nela chaman a atención as sesións que tiñan lugar no cine Teatro os martes e os xoves
Tamén hai que destacar que, durante a fin de semana, no cine Teatro as proxeccións eran ás 5, 7:30 e 10:15h, mentres que no cine Galaxia só se podían ver as películas ás 7:30 e ás 10:15h.


PELÍCULAS:

     - Cine Galaxia

Amor y alegría (1934) Mark Sandrich


06/06/1936 (Las Riberas del Eo)

  * Neste anuncio, os nomes dos actores principais teñen un pequeno erro tipográfico, xa que son Woolsey e Wheeler, en lugar de Woolrey e Whecler.

La tela de araña (1934) William K. Howard

13/06/1936 (Las Riberas del Eo)

     - Cine Teatro


Bolero (1934) Wesley Ruggles

Ignominia (1933) Erle C. Kenton


30/05/1936 (Las Riberas del Eo)

¡Quiéreme siempre! (1935) Victor Schertzinger

Otra primavera (1935) Henry King

Asegure a su mujer (1935) Lewis Seiler

Una mujer para dos (1933) Ernst Lubitsch


06/06/1936 (Las Riberas del Eo)