viernes, 29 de marzo de 2013

Ribadeo e o cine: O APÓSTOLO

O mércores 27 de marzo de 2013 proxectouse en Ribadeo a película O Apóstolo, dirixida por Fernando Cortizo e coa participación de Luis Tosar, Carlos Blanco, Geraldine Chaplin, Pico e Celso Bugallo, entre outros.
O prezo da entrada foi de 2'5 euros.

Programación cultural do Concello de Ribadeo, Marzo de 2013

Uns meses despois, o 7 de agosto de 2013, O Apóstolo volveu ao Cine Teatro:


Programación cultural do Concello de Ribadeo, Verán 2013

Desta vez, a entrada custou 2€.




O filme, realizado coa técnica do stop motion en 3D, estivo nominado a mellor película de animación na pasada edición dos Goya e gañou o premio Mestre Mateo a mellor película.


O Apóstolo (2012) Fernando Cortizo

Un preso fugado do cárcere intenta recuperar un botín agochado uns anos antes nunha remota e solitaria aldea do Camiño de Santiago; pero o que atopa alí, supón para el unha condena peor que o cárcere. Sinistros anciáns, estrañas desaparicións, espíritos, un peculiar sacerdote e ata o mesmísimo arcipreste de Santiago cruzaranse no seu camiño...


Se queredes saber máis sobre O Apóstolo, podedes visitar a súa páxina web:

lunes, 25 de marzo de 2013

Alfredo Vila, arquitecto do Colón

Alfredo Vila López foi o arquitecto do Colón de Ribadeo, aínda que tamén deseñou outros cines da provincia, como o Salón Cinema de Ferreira do Valadouro, o Gran Teatro de Lugo, o Capitol de Melide e o Fraternal e o Capitol de Monforte de Lemos.
Nestas fotos pódese apreciar o enorme parecido que hai entre algúns destes edificios, especialmente entre os cines de Ribadeo e do Valadouro:

Salón Cinema de Ferreira do Valadouro e cine Colón de Ribadeo

Cine Capitol de Melide e Gran Teatro de Lugo


O Gran Teatro de Lugo foi construido nos anos 30 e derrubado a mediados dos 90. Pola contra, o Salón Cinema do Valadouro, que estivo aberto desde 1945 ata 1979, aínda permance en pé, aínda que está totalmente abandonado.
O cine Colón, como xa se indicou neste blog, inaugurouse o 21 de agosto de 1949 e estivo en funcionamento ata os anos 70. Actualmente, consérvase o inmoble, pero en estado de abandono.
Podedes ver máis fotos do cine Colón na actualidade pinchando aquí.

Taquilla do Colón

Alfredo Vila, que formou parte da plantilla da Deputación como arquitecto, tamén deseñou outros edificios emblemáticos de Lugo, como por exemplo, o sanatorio García Portela:

Sanatorio García Portela, en Lugo

Alfredo Vila estudou na Escola de Arquitectura de Madrid, onde coincidiu cos membros da chamada Xeración do 25.
O arquitecto, falecido en 1954, estivo casado con Gloria Montero Losada, coa que tivo sete fillos: Alfredo Vilita, Luis, María Gloria, José Manuel, Miguel, Ana María e Margarita.
Alfredo Vila López

sábado, 23 de marzo de 2013

Entradas ao 50% en Cinelandia

O sábado 9 de marzo de 2013, grazas á colaboración entre El Progreso e Multicines Cinelandia, os veciños da Mariña puideron acudir ao cine pagando soamente o 50% da entrada.
05/03/2013 (A Mariña, El Progreso)

Para adquirir a entrada a 3€, en lugar dos 6€ que custa habitualmente, só había que recortar o cupón de desconto publicado nas páxinas de A Mariña (do xornal El Progreso) e presentalas na taquilla do cine.

07/03/2013 (A Mariña, El Progreso)

As películas proxectadas, ás 18h, 20.30h e 23h, foron Oz: un mundo de fantasía e Hansel e Gretel: cazadores de brujas.

09/03/2013 (A Mariña, El Progreso)

Julián Vega, responsable do cine (Foto: El Progreso)

Oz: un mundo de fantasía (2013) Sam Raimi

Oscar Diggs, un mago de circo de dubidosa reputación, ten que abandonar Kansas e trasladarse ao País de Oz. Está convencido de que a partir de agora terá fama e fortuna.
Pero cando as bruxas Theodora, Evanora e Glinda comezan a poñer en dúbida a súa categoría como mago, chegarán os problemas para Diggs. Se quere triunfar, terá que aprender a distinguir aos bos dos malos...



Hansel y Gretel: cazadores de brujas (2013) Tommy Wirkola

Pasaron quince anos desde que Hansel e Gretel viviron a aventura que os fixo famosos. Tras probar o sabor do sangue sendo tan só uns nenos, os dous se volveron uns auténticos xusticieiros, dispostos a todo para vingarse.
Pero agora, sen que eles o saiban, tamén se converteron na presa e terán que enfrontarse a algo máis sinistro que as bruxas: o seu pasado...


miércoles, 20 de marzo de 2013

Abril de 1950: Hamlet

En abril de 1950, en Las Riberas del Eo anunciouse a proxección de Hamlet, pero sen indicar nin o día nin o cine no que se poderá ver a película.
Tendo en conta a data da publicación do anuncio, o máis probable é que a película pasase pola pantalla do Colón ou do Teatro no mes de maio...

22/04/1950 (Las Riberas del Eo)

29/04/1950 (Las Riberas del Eo)

Hamlet (1948) Laurence Olivier

Despois de asasinar ao seu irmán, o rei de Dinamarca, Claudio casa coa raíña e ocupa o trono danés.
Cando ao príncipe Hamlet se lle aparece a pantasma do seu pai reclamando vinganza pola súa morte, decide contratar a unha compañía de actores ambulantes para que representen na corte unha obra na que se mostra o asasinato dun rei a mans do seu irmán. Deste xeito, Hamlet espera ver como a reacción do seu tío confirma a súa culpabilidade...

Hamlet gañou catro premios Oscar en 1949, entre eles, o de mellor película e mellor actor, que foi para Laurence Olivier, protagonista e director do filme.

lunes, 18 de marzo de 2013

Abril de 1950: No basta ser charro

O 23 e 24 de abril de 1950 proxectouse no cine Teatro a película No basta ser charro, protagonizada por Jorge Negrete.

22/04/1950 (Las Riberas del Eo)
29/04/1950 (Las Riberas del Eo)

No basta ser charro (1946) Juan Bustillo Oro

Farto de ser explotado polo seu patrón Don Pancho, Ramón decide deixar o rancho El Sumidero e ir na procura de traballo ao rancho de Don Antonio.
O asombroso parecido de Ramón co popular actor e cantante Jorge Negrete, axudaralle a conquistar a Marta, a filla de Don Antonio, pero tamén será unha gran fonte de problemas para el...

jueves, 14 de marzo de 2013

II Festival audiovisual Imaxina 2012

En decembro de 2012, o alumnado de 4º de ESO do IES Ribadeo participou na segunda edición do Festival audiovisual Imaxina 2012.

03/12/12 (Crónica.com A Mariña)

No festival, organizado pola Fundación Indecum (Impulso ao Desporte, Cultura e Turismo na Mariña), tamén participaron outros tres centros da zona: o IES Monte Castelo de Burela, o IES Marqués de Sargadelos de San Cibrao e o IES Vilar Ponte de Viveiro.

12/11/12 cope.es

Os participantes no Imaxina 2012 asistiron a obradoiros de fotografía, vídeo e stop motion impartidos polo fotógrafo Xulio Villarino e por persoal da produtora A caixa escura.

Aquí podedes ver os vídeos elaborados nos obradoiros:

- Estilos de vestir


- Desperfectos


- Zombies Style


E aquí un making off:


martes, 12 de marzo de 2013

Videoclip de Avalon nas Catedrais

Con motivo do ano Xacobeo 2004, TVE gravou catro videoclips en distintos puntos da xeografía galega. En cada vídeo aparecía representado un elemento da natureza: a auga no de Avalon, o aire no de Susana Seivane, a terra no de Los limones e o lume no de Luar na lubre.
A praia das Catedrais, en Ribadeo, foi o escenario escollido para a gravación do videoclip do grupo Avalon.


01/05/2004 (La Voz de Galicia)

O videoclip inclúe planos gravados desde un barco e un helicóptero, o que permite apreciar mellor a espectacular paisaxe:


lunes, 11 de marzo de 2013

1949: Directores

En agosto de 1949, inaugurouse en Ribadeo o cine Colón e a primeira película que se proxectou foi La barrera invisible, dirixida por Elia Kazan:

ELIA KAZAN (1909 – 2003)

Elia Kazan foi un director de cine de orixe grego, aínda que cando era un neno trasladouse coa súa familia a Estados Unidos.
Estudou arte dramático e comezou a súa carreira como actor e director teatral.
En 1945, o seu talento levouno a debutar como director en Hollywood coa película Lazos humanos.
En 1947, Kazan, xunto con Cheryl Crawford e Robert Lewis, fundou o Actor’s Studio, onde se formaron actores como Marlon Brando, Paul Newman, James Dean, Robert De Niro ou Al Pacino, entre outros.
Entre a súa extensa filmografía atópanse filmes como Pánico en las calles (1950), Un tranvía llamado deseo (1951), ¡Viva Zapata! (1952), Al este del Edén (1955) e Esplendor en la hierba (1961).
Obtivo dous premios Oscar ao mellor director polas películas La barrera invisible (1947) e La ley del silencio (1954). Ademais, en 1999 recibiu un Oscar honorífico pola súa traxectoria.
A partir dos 60, centrouse na literatura e levou ao cine algunhas das súas obras, como por exemplo América, América (1963), filme basado nunha novela autobiográfica.
Elia Kazan foi unha figura polémica en Hollywood polo seu papel durante a Caza de Bruxas, xa que testificou en contra dalgúns compañeiros de profesión ante o Comité de Actividades Antinorteamericanas.
Por este motivo, cando en 1999 recolleu o Oscar honorífico, foron varias as persoas que optaron por non aplaudirlle nin poñerse en pé:



Elia Kazan

sábado, 9 de marzo de 2013

Decembro de 1949: Fiesta brava

O 25 e 26 de decembro de 1949, proxectouse no Colón a película Fiesta brava, dirixida por Richard Thorpe.
24/12/1949 (Las Riberas del Eo)
24/12/1949 (Las Riberas del Eo)

Fiesta brava (1947) Richard Thorpe

Antonio Morales, un famoso toureiro mexicano, séntese moi desilusionado ao enterarse de que vai ter unha filla. A súa decepción convértese en alegría cando o médico o informa de que a súa esposa terá xemelgos: un neno e unha nena.
Antonio espera que o seu fillo Mario sexa o mellor toureiro do mundo, pero o rapaz non mostra ningún interese polo tema. Mentres, María, a filla, acode en segredo a clases para aprender a tourear, xa que ela si que sente paixón polo mundo taurino.

jueves, 7 de marzo de 2013

Decembro de 1949

Carteleira de decembro de 1949:
Pinchar a imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

  - Cine Colón

Enrique V (1944) Laurence Olivier

03/12/1949 (Las Riberas del Eo)

Desconfianza (1946) Robert Z. Leonard

10/12/1949 (Las Riberas del Eo)

Gilda (1946) Charles Vidor

17/12/1949 (Las Riberas del Eo)

Fiesta brava (1947) Richard Thorpe

24/12/1949 (Las Riberas del Eo)

miércoles, 6 de marzo de 2013

Novembro de 1949

Esta é a carteleira de novembro de 1949:
Pinchar na imaxe para vela en grande
PELÍCULAS:

   - Cine Colón

En un rincón de España (1949) Jerónimo Mihura

12/11/1949 (Las Riberas del Eo)

martes, 5 de marzo de 2013

Outubro de 1949

Esta é a carteleira de outubro de 1949:


Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

  - Cine Colón

El capitán Malacara (1945) Carlos Orellana


24/09/1949 (Las Riberas del Eo)

Jalisco canta en Sevilla (1949) Fernando de Fuentes

Melodía para tres (1941) Erle C. Kenton

Jinetes del desierto (1933) Robert N. Bradbury


01/10/1949 (Las Riberas del Eo)

Los ángeles perdidos (1948) Fred Zinnemann


22/10/1949 (Las Riberas del Eo)

El milagro de las campanas (1948) Irving Pichel


29/10/1949 (Las Riberas del Eo)

Neste mes, no cine Teatro tivo lugar unha representación teatral a beneficio do Hospital municipal de Ribadeo:


22/10/1949 (Las Riberas del Eo)

domingo, 3 de marzo de 2013

Setembro de 1949

Carteleira de setembro de 1949:
Pinchar na imaxe para vela en grande
PELÍCULAS:

  - Cine Galaxia

Feliz y enamorada (1944) Frank Ryan

Telón de acero (1948) William A. Wellman

03/09/1949 (Las Riberas del Eo)

La senda tenebrosa (1947) Delmer Daves
Aínda que aparece anunciada como Banda tenebrosa, o título correcto da película é La senda tenebrosa (Dark Passage)

El fanfarrón (1938) Fernando Rivero

10/09/1949 (Las Riberas del Eo)

La calle del delfín verde (1947) Victor Saville

El gato negro (1941) Albert S. Rogell

Al sur de Santa Fe (1942) Joseph Kane

17/09/1949 (Las Riberas del Eo)

El callejón de las almas perdidas (1947) Edmund Goulding

Dos mujeres en la niebla (1947) Domingo Viladomat

24/09/1949 (Las Riberas del Eo)

sábado, 2 de marzo de 2013

Agosto de 1949

O 21 de agosto de 1949 inaugurouse un novo cine en Ribadeo: o Colón.

Esta é a carteleira de agosto de 1949:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

  - Cine Colón

La barrera invisible (1947) Elia Kazan

20/08/1949 (Las Riberas del Eo)

A la Habana me voy (1941) Walter Lang

27/08/1949 (Las Riberas del Eo)