sábado, 22 de abril de 2017

Os cines de Ribadeo en "Ribadensario", de Juan Carlos Paraje Manso

Este mes de abril presentouse o libro Ribadensario, que recopila artigos publicados por Juan Carlos Paraje Manso en La Comarca del Eo entre 1973 e 1981.
Os artigos recollidos no libro son de temática variada (historia local, anécdotas, veciños da vila, temas populares, etc.) e nalgúns deles faise referencia aos cines de Ribadeo.




EL GENIAL IMPOSTOR

Portolés foi un indiano impostor que pasou unha tempada en Ribadeo e que subarrendou o cine Teatro:

[…] Su espíritu inquieto, deseoso de todas las experiencias, le llevó a subarrendar el Teatro de los empresarios Srs. Villamil y Fernández y se dedicó a la proyección de extraordinarias películas, rebajó el precio de las localidades y permitía la entrada gratis a los niños. Poco duró su nueva actividad: el 19-10-1916 el mencionado semanario anuncia la rescisión del contrato subscrito un mes antes. De nuevo los niños ribadenses tendrían que afanarse en conseguir 15 céntimos si querían ver las soporíferas películas mudas que en aquel entonces se proyectaban. [...]

Copla que os veciños de Ribadeo lle dedicaron a Portolés


APUNTES CARNAVALESCOS

Neste artigo o autor lembra como se celebraba o entroido noutras épocas e describe como o Teatro se transformaba para converterse nun gran salón de baile.

[...] En otros tiempos era nuestro viejo Teatro, propiedad de la Sociedad Filantrópico Dramática (fundada en 1835), obligado recinto en el que se celebraban los fastos públicos al rey Momo. A tal fin, una brigada de obreros de Santos retiraba las butacas y levantaba el piso, que era de quita y pon, sobre unos caballetes hasta dejarlo al nivel del escenario (en donde se instalaba la cantina) y de las plateas (hoy desaparecidas) que formaban una herradura adosada a las paredes y dividida en compartimentos independientes. Quedaba de esta suerte nuestro coliseo convertido en amplísimo salón de baile. Los palcos altos también se transformaban , con unos tableros al efecto, en compartimentos, y tanto éstos como las plateas eran alquilados, con mucha anterioridad a su celebración, para todos los bailes de Carnaval, y desde ellos las familias ribadenses contemplaban el espectáculo de los danzantes e incluso –en el baile del Martes que duraba hasta el amanecer –cenaban. Los bailes tradicionales eran tres: el Domingo, el Lunes (dedicado en parte a los niños) y el Martes de Carnaval que era el más importante y apoteósico. [...]


PÁJAROS, JAULAS Y DEMÁS ACCESORIOS

Falando de paxaros, faise referencia a un moucho que se pousou no Cine Colón.

[...]
- ¡Oye! ¿Qué es eso?
- ¡Bah! Es el búho. ¿Nunca lo habías oído?
- ¿El búho?
- Sí hombre; hace tres veranos que lo tenemos de vecino: vive ahí, en lo alto, en una de las troneras de la azotea. Sale por las noches a cazar ratones…
- Búho, veranos, troneras… oye, pero tú, ¿lo has visto?
- Perfectamente. Una tarde, entre luces, lo vi aparcado junto a la chimenea del Cine Colón. Con los prismáticos lo pude observar detenidamente: tiene el aspecto de un gato de color leonado. 
[...]


miércoles, 19 de abril de 2017

As entradas do cine Teatro na etapa de Manuel Lens Ucar

Aínda que non se pode indicar a data concreta da seguinte entrada, sábese que pertence á etapa na que Lens Ucar rexentaba o cine Teatro, que posteriormente pasou a mans da empresa Fraga.



A principios de febreiro de 1936, a prensa local anunciou a chegada a Ribadeo do empresario Manuel Lens Ucar, que inaugurou o Teatro Principal tras levar a cabo importantes reformas no edificio.
cine Teatro estreouse o 9 de febreiro de 1936 coa proxección da película Nobleza Baturra, dirixida por Florián Rey e protagonizada por Imperio Arxentina.

08/02/1936 (Las Riberas del Eo)

Como curiosidade, hai que engadir que na parte posterior da entrada hai un anuncio de Calzados Minerva, tenda que se atopaba na esquina que actualmente ocupa a Bugalla.
Ao lado desta zapatería, podíase consultar a carteleira do cine Teatro, como recorda un membro de Non eres de Ribadeo si non...

(Facebook: Grupo Non eres de Ribadeo si non...)

Para ver como eran as entradas do cine Teatro nos seus últimos anos fai clic aquí.

domingo, 16 de abril de 2017

Proxección do documental "Un sueño compartido"

O pasado 6 de abril, con motivo do Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, proxectouse na Casa do Mar o documental Un sueño compartido.



O acto estivo organizado pola asociación Capaces Lugo e a ONG Aprendices Visuais, coa colaboración do Concello de Ribadeo.

04/04/2017 (Crónica3.com A Mariña)

O documental, a través de entrevistas a familias, profesionais, expertos e colaboradores do proxecto, permite coñecer mellor que é o autismo. 


jueves, 13 de abril de 2017

Proxecto-R. LÉOLO

O pasado 5 de abril proxectouse no Cine Teatro a película Léolo, dirixida por Jean-Claude Lauzon.
Esta película forma parte do Proxecto-R, ciclo de cine organizado polo colectivo Doce do Patíbulo e que este mes está dedicado ao drama.

Cartel deseñado por Roberto Martínez


Léolo (1992) Jean-Claude Lauzon

Léolo é un neno que vive nun barrio humilde de Montreal, atrapado nunha sórdida existencia. Cada noite intenta evadirse por medio dos recordos, soños e da súa desbordante imaxinación, pero a realidade familiar interrompe as súas fantasías: ten un pai obsesionado pola saúde intestinal, un irmán culturista, dúas irmás con trastornos mentais, un avó ao que ninguén presta atención e unha nai enorme que domina o microcosmos familiar.