martes, 29 de abril de 2014

Ocho apellidos vascos en Cinelandia

O 14 de marzo de 2014 estreouse Ocho apellidos vascos, dirixida por Emilio Martínez - Lázaro, pero a Ribadeo non chegou ata unha semana despois, ata o venres 21.

O filme, protagonizado por Clara Lago e Dani Rovira, conseguiu encher as salas de Cinelandia en varias ocasións:

06/04/2014 (Facebook Cinelandia)
06/04/2014 (Facebook Cinelandia)

Ocho apellidos vascos, con máis de 7'5 millóns de espectadores, xa é a película española máis taquilleira da historia, tras superar a Lo imposible, de J. Bayona.

28/04/2014 (Cinemanía)

Se aínda non a viches, aínda estás a tempo de facelo en Cinelandia:

Abril 2014 (La Voz de Galicia)

Ocho apellidos vascos (2014) Emilio Martínez - Lázaro

Rafa é un andaluz que nunca tivo que saír da súa Sevilla natal para conseguir o único que lle importa na vida: o fino, a gomina, o Betis e as mulleres. Pero todo cambia cando coñece á primeira muller que se resiste aos seus encantos: Amaia, unha moza vasca.
Decidido a conquistala, trasládase a un pobo de Euskadi, onde se fai pasar por vasco para vencer a súa resistencia. Adopta o nome de Antxon e varios apelidos vascos: Arguiñano, Igartiburu, Erentxun, Gabilondo, Urdangarín, Otegi, Zubizarreta e incluso Clemente.


Tráiler:


viernes, 25 de abril de 2014

Mickey Rooney nos cines ribadenses

O pasado 6 de abril de 2014 faleceu aos 93 anos o actor Mickey Rooney, o que fora unha das estrelas infantís máis famosas de Hollywood.


Rooney, que comezou a súa carreira cinematográfica aos 6 anos, rodou máis de 150 películas ao longo da súa vida. Algúns destes filmes puideron verse nos cines ribadenses:

Horizontes de gloria (1938) Sam Wood

07/07/1940 (Las Riberas del Eo)

Uña y carne (1946) Sam Wood

25/11/1945 (Las Riberas del Eo)

Capitanes intrépidos (1937) Victor Fleming

15/07/1950 (Las Riberas del Eo)

El joven Edison (1940) Norman Taurog

28/06/1952 (Las Riberas del Eo)

Marino al agua (1953) Richard Quine

28/06/1958 (Las Riberas del Eo)


Mickey Rooney co seu Oscar honorífico en 1982

miércoles, 23 de abril de 2014

1965: Suspensión dos espectáculos públicos en Semana Santa

Durante a Semana Santa de 1965, o Goberno Civil anunciou a suspensión dos espectáculos públicos, agás "algún concerto sacro, representacións teatrais ou cinematográficas de carácter relixioso", como se indica no seguinte artigo:

17/04/1965 (Las Riberas del Eo)

martes, 22 de abril de 2014

Setembro de 1965: Agente 007 contra el Dr. No

En setembro de 1965 chegou á pantalla do Colón a primeira película da exitosa saga de James Bond: Agente 007 contra Dr. No e en Las Riberas del Eo publicouse o seguinte artigo:

11/09/1965 (Las Riberas del Eo)
11/09/1965 (Las Riberas del Eo)

Agente 007 contra Dr. No, filme baseado na novela homónima de Ian Fleming, está protagonizada por Sean Connery, Ursula Andress e Joseph Wiseman.



Agente 007 contra Dr. No (1962) Terence Young

James Bond chega a Xamaica coa misión de investigar os asasinatos dun axente especial británico e a súa secretaria. Pero, ao mesmo tempo, descobre a existencia dunha sinistra organización na illa Crab Key. Nesta ocasión, o seu inimigo é o Doutor No, que, coa axuda do profesor Dent, proponse executar un sinistro plan: desviar a traxectoria dos foguetes de Cabo Cañaveral.



Aquí podedes ver os créditos iniciais da película:


lunes, 21 de abril de 2014

Cantinflas nos cines ribadenses

Nos anos 50 e 60, era moi frecuente ver nas pantallas dos cines ribadenses películas de Cantinflas.



Este personaxe, de clase baixa e interpretado por Mario Moreno, caracterizábase polo seu bigotiño e por levar sempre uns pantalóns caídos e rotos, unha camiseta branca, un pano vermello no pescozo, un sombreiro de palla e un cigarro na man.



Algunhas das películas de Cantinflas que se puideron ver no Colón e no Teatro foron:

Cara o cruz, tamén coñecida como Cantinflas en el teatro e Águila o Sol (1938) Arcady Boytler


04/11/1950 (Las Riberas del Eo)

17/03/1968 (La comarca del Eo)

El gendarme desconocido (1941) Miguel M. Delgado

26/08/1961 (Las Riberas del Eo)

¡A volar, joven! (1947) Miguel M. Delgado


17/06/1950 (Las Riberas del Eo)

Caballero a la medida (1954) Miguel M. Delgado

19/11/1955 (Las Riberas del Eo)

Abajo el telón (1955) Miguel M. Delgado

14/10/1961 (Las Riberas del Eo)

El bolero de Raquel (1956) Miguel M. Delgado

07/01/1961 (Las Riberas del Eo)

Sube y baja (1959) Miguel M. Delgado

12/12/1959 (Las Riberas del Eo)

Pepe (1960) George Sidney

11/08/1963 (La Comarca del Eo)

El analfabeto (1961) Miguel M. Delgado

22/02/1964 (Las Riberas del Eo)


Nos cines das vilas veciñas tamén se proxectaban películas de Cantinflas:

El Padrecito (1964) Miguel M. Delgado

13/05/1967 (Las Riberas del Eo)

viernes, 18 de abril de 2014

jueves, 17 de abril de 2014

Proxeccións cinematográficas na Semana Santa de 1965

Durante a Semana Santa de 1965, a Dirección Xeral de Cinematografía e Teatro autorizou a proxección dalgunhas películas, como se indica no seguinte artigo:


17/04/1965 (Las Riberas del Eo)

El judas (1952) Ignacio F. Iquino



Cristo negro (1963) Ramón Torrado



Fray Escoba (1961) Ramón Torrado


martes, 15 de abril de 2014

"Las maestras de la República"

O pasado 12 de abril, proxectouse no Teatro Las maestras de la República, dirixido por Pilar Pérez Solano e premiado como mellor longametraxe documental na pasada edición dos Goya.




Las maestras de la República (2013) Pilar Pérez Solano 

As mestras republicanas foron mulleres valientes e comprometidas que participaron na conquista dos dereitos das mulleres e na modernización da educación, basada nos principios da escola pública e democrática.
Este documental, a través da recreación da vida dunha mestra da época e de imaxes de arquivo inéditas, móstranos o marabilloso legado que elas deixaron e que chegou ata os nosos días.


Para saber máis sobre Las maestras de la República, podedes visitar a súa páxina web:


lunes, 14 de abril de 2014

Decembro de 1967

Esta é a carteleira de decembro de 1967:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Colón

Cuatro gángsters de Chicago (1964) Gordon Douglas

Cleopatra (1963) Joseph L. Mankiewicz

02/12/1967 (Las Riberas del Eo)

09/12/1967 (Las Riberas del Eo)

Comando del Pacífico (1960) Richard Murphy

30/12/1967 (Las Riberas del Eo)

domingo, 13 de abril de 2014

Novembro de 1967

Esta é a carteleira de novembro de 1967:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Colón

Seis mujeres para el asesino (1964) Mario Bava

11/11/1967 (Las Riberas del Eo)

Técnica de un homicidio (1966) Franco Prosperi

25/11/1967 (Las Riberas del Eo)

viernes, 11 de abril de 2014

Outubro de 1967

Esta é a carteleira do mes de outubro de 1967:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Colón

07 con el 2 delante (1966) Ignacio F. Iquino

30/09/1967 (Las Riberas del Eo)

Un beso en el puerto (1965) Ramón Torrado

07/10/1967 (Las Riberas del Eo)

El liquidador (1965) Jack Cardiff

14/10/1967 (Las Riberas del Eo)

¡Zanzibar! (1965) Robert Lynn

21/10/1967 (Las Riberas del Eo)

Alegre amanecer (1965) Alex Segal

28/10/1967 (Las Riberas del Eo)