miércoles, 27 de abril de 2016

Mestre Mateo para Óskar Aramburu

O pasado sábado 23 de abril, entregáronse na Coruña os premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual.
O ribadense Óskar Aramburu (xunto con Sabela Sanmartín e Alberto Hortas) logrou o premio á Mellor maquillaxe e perruquería polo seu traballo na serie Hospital Real, da Televisión de Galicia.
Este é o segundo Mestre Mateo para Óskar, xa que tamén foi premiado en 2007 pola súa participación na película 1 franco, 14 pesetas

(Foto: Facebook Hospital Real)

Óskar Aramburu comezou no audiovisual colaborando nalgunhas curtametraxes e posteriormente traballou en programas de televisión como Lluvia de estrellas, en películas como Exodus, dirixida por Ridley Scott e en series como Juego de Tronos e Hospital Real, entre outras moitas.

(Foto Cris Andina: Facebook Studio 16)

Ao recoller o seu premio, lamentouse de que actualmente Hospital Real non siga en antena debido á súa cota de audiencia. Ademais, adicoulle o galardón a todo o equipo, á súa familia e a Ribadeo.

25/04/2016 (La Voz de Galicia)
(Pinchar na imaxe para vela en grande)

Estes días, o galardón está exposto no escaparate de Studio 16, para todos aqueles que se queiran achegar a velo.

martes, 19 de abril de 2016

Ribadeo e o cine: FÍOS FÓRA

O pasado venres 15 de abril, proxectouse no cine Teatro o documental Fíos Fóra, realizado por Illa Bufarda. A proxección estivo seguida dunha charla coloquio na que participaron algunhas das protagonistas.

13/04/2016 (Crónica3.com A Mariña)
(Pinchar na imaxe para vela en grande)


Fíos Fóra (2015) Illa Bufarda

Por moi finos que sexan, detrás de todos os fíos que nos rodean hai historias. As mulleres galegas que traballaron no sector téxtil dende os 60 foron a man de obra perfecta e cautiva para erguer unha industria xigante que agora se atopa deslocalizada. Este documental fai un novelo do sector téxtil aquí e fóra, antes e agora. A historia repítese nos fíos doutros lugares, nos nós deste sistema.



Para saber máis sobre o documental, podedes visitar a súa páxina web.