lunes, 7 de septiembre de 2020

A entrada número 1000

Esta é a entrada número 1000 e apetecíame que fose algo especial, por iso aproveito para contarvos a historia deste blog e que me poidades coñecer un pouquiño máis. 


Pódese dicir que Ribadeo e o cine tivo tres momentos e lugares de nacemento:

O primeiro deles, e sen dúbida o máis importante, foi en 2010 na facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra, concretamente na clase de Historia do cine, cando Miguel Anxo Fernández (crítico e historiador de cine, escritor e gran mestre, entre outras moitas cousas), nos propuxo facer un traballo sobre algún aspecto do cine relacionado coa nosa vila.

Escollín facelo sobre "as salas de exhibición cinematográfica de Ribadeo" (título escollido para o meu traballo), xa que recordaba ben o peche do cine Teatro, a apertura de Cinelandia e tiña escoitado falar do vello cine Colón.

Portada do meu traballo

Cando empecei a investigar non tiña moitos datos porque a miña familia non é de Ribadeo e ninguén me falara nunca dos cines de aquí. Todo o que sabía era o que vivira durante a miña infancia como espectadora no cine Teatro.

Butaca do cine Teatro

A través de Internet e da prensa local, comecei a reunir información sobre as salas que houbera e por primeira vez fixeime no moito que me gustaba o Colón e no pouco que reparara nel. Pasara miles de veces pola Praza de Abaixo e asistira a moitos concertos que a Banda de música daba no palco instalado diante daquel cine, pero nunca me decatara no fermosa que era aquela  fachada de estilo art déco, por aquel entón recén pintada e restaurada. 

A taquilla do Colón

Ata aquel momento eu pensaba que o Colón era o cine máis antigo de Ribadeo e para a miña sorpresa, contáronme que xa nos anos 30 existira outro, o Galaxia. Tamén comprobei que antes do Colón xa estaba o Teatro, que acollera proxeccións desde 1912.


Anuncio do Galaxia

Con todos os datos que obtiven puiden elaborar unha cronoloxía dos cines ribadenses e unha breve descrición sobre cada un. Completei o meu traballo cos recordos de Amadeo, recollidos no seu libro Ribadeo. Recordos de infancia, onde tamén inclúe a única foto do Colón en funcionamento que puiden ver. Ademais, prestáronme algúns programas de man, os primeiros que vía e que me pareceron preciosos. 


Despois de entregar o traballo (co que saquei moi boa nota, por certo), a información quedou esquecida nun disco duro.

Durante un tempo seguín almacenando todos os datos que atopaba relacionados co audiovisual en Ribadeo, sen saber moi ben por que o facía, pero tendo cada vez máis claro que necesitaba buscar unha forma para organizalos. Isto, unido ás ganas de compartilos cos demais dalgún xeito e tendo en conta que calquera cousa me parecía máis divertida que centrarme no meu proxecto de fin de máster, levoume a rexistrarme en Blogspot.


Como non quería limitarme a falar só das salas de exhibición, decidín que o blog se chamaría
Ribadeo e o cine, pero sabendo que nel tamén tería cabida calquera aspecto relacionado co audiovisual.

Pouco a pouco fun ordenando a información e reconstruíndo as carteleiras dos cines coa axuda dos anuncios da prensa, pero non me animei a publicar nada.


O 12 de xaneiro de 2012, nunha tarde tranquila de traballo na TVG2, decidín publicar a miña primeira entrada do blog: “Os cines de Ribadeo”. Antes de escribila puxenme algunhas normas a min mesma:

  - Non publicar máis dunha entrada ao día, xa que non quería quedarme sen contido unha semana despois.

  - Non publicar información sobre a que non tivese datos fiables. (Motivo polo que hai tantas carteleiras incompletas no blog, xa que aínda que sei que durante moitos anos había proxeccións case todos os días da semana, só teño datos das sesións da fin de semana e dos luns).

  - Non publicar datos de terceiros sen citar a súa procedencia, fundamental á hora de respectar e valorar o traballo dos demais. 

Imaxe incluida na primeira entrada do blog

Uns meses despois, abrín unha conta de Twitter na que, a pesar de ser unha comunidade pequeniña, fun chegando a máis xente e onde podo compartir novas do día a día que non teñen cabida no blog.

Fondo do blog

Xa de volta en Ribadeo, continuei (e continúo) investigando coa axuda da prensa local, mentres fun vendo como o blog ía collendo vida e as visitas aumentaban, especialmente en 2015 e 2016, que curiosamente son os anos nos que menos publiquei.


Desde aquel primeiro post, escribo no blog de forma máis o menos regular, fágoo como hobby, porque me gusta, porque me sigo emocionando cada vez que atopo un dato novo que me axuda a esclarecer algunha das moitas lagoas que me quedan por cubrir na historia dos cines ribadenses e porque son feliz cando atopo o anuncio da proxección dunha película que me gusta.

Son consciente de que hai bastantes aspectos que mellorar, como o deseño do blog, e sei que hai entradas que gozan de menos popularidade, por exemplo a carteleira de Cinelandia de maio de 2011, e a pesar de que nalgunhas épocas o blog estivo máis parado por falta de tempo, de información nova e incluso de ganas, sempre aparece algo que me leva a seguir.

Tiña a esperanza de que me tocase o Gordo para poder mercar o Colón, pero adiantáronseme e, aínda que sufrín cando vin como derrubaban o seu interior, manteño a ilusión de poder ver algún día máis fotos antigas do meu cine favorito.

Derrubamento do Colón


Co tempo tamén tiven a sorte de ir reunindo material para o meu arquivo particular: entradas de cine, carteis, recortes de prensa, programas de man para a pequena colección que comezou co que me regalou Teresa (que gardo como un tesouro) e que vai aumentando lentamente, etc.

Entradas de Cines Ribadeo


Ademais, sempre me considerei moi afortunada de vivir nunha vila con cine e agora que Cines Ribadeo segue pechado, bótoo de menos e espero con ilusión o día no que volvan a abrir (espero que pronto).

Cartel de Cines Ribadeo


9 anos despois daquela primeira entrada alégrame comprobar que me queda moito
contido por compartir, moitas lagoas que tapar e moito audiovisual do que gozar en Ribadeo.

E se despois de todo este rollo chegaches ata aquí, quero darche as grazas por lerme e por visitar o blog e tamén te invito a dicirme cales son as túas entradas favoritas ou a deixarme calquera comentario e recordo dos nosos cines que che apeteza compartir.


domingo, 6 de septiembre de 2020

6 meses sen cine en Ribadeo

O venres 13 de marzo, un día antes de que se aprobase a declaración do Estado de Alarma en todo o país, Cines Ribadeo anunciaba o seu peche "por precaución" ante a situación de emerxencia sanitaria provocada polo COVID-19.


Os cines en Galicia tiveron que permanecer pechados ata que o 25 de maio entramos na fase 2 e puideron reabrir co 30% do seu aforo, aínda que moitos decidiron non facelo, como foi o caso do de Ribadeo.

27.05.2020 (La Voz de Galicia)

28.05.2020 (La Voz de Galicia)

O 8 de xuño a nosa comunidade entrou na fase 3, na que se permitiu a mobilidade entre provincias, desapareceron as franxas horarias para saír a pasear e os cines podían estar en funcionamento sempre e cando non se superase o 50% do aforo

Coa nova normalidade, que comezou o 15 de xuño, a Xunta de Galicia anunciou que as salas de exhibición non deberían superar o 75% do seu aforo, pero a principios de xullo o brote de coronavirus na Mariña fixo que se impuxesen novas restricións nesta comarca, polo que Cines Ribadeo decidiu pospoñer a súa apertura. 



A día de hoxe Cines Ribadeo segue sen abrir e somos moitos e moitas as que agardamos poder volver pronto a ocupar as súas salas.

04.08.2020 (La Voz de Galicia)

Como curiosidade, esta é a entrada da última película que puiden ver no cine: Jojo Rabbit, na sesión das 23h do domingo 9 de febreiro. 


E ti, cal é a última película que viches en Cines Ribadeo?



jueves, 3 de septiembre de 2020

Decembro de 2013

 Esta foi a carteleira de decembro de 2013 en Cinelandia:

Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cinelandia

Los juegos del hambre: En llamas (2013) Francis Lawrence

Frozen (2013) Chris Buck

Blue Jasmine (2013) Woody Allen 

01.12.2013 (La Voz de Galicia)

El consejero (2013) Ridley Scott

Carrie (2013) Kimberly Peirce

05.12.2013 (La Voz de Galicia)

Hobbit: la desolación de Smaug (2013) Peter Jackson

Lluvia de albóndigas 2 (2013) Cody Cameron 

La leyenda del samurai (2013) Carl Erik Rinsch

27.12.2013 (La Voz de Galicia)

miércoles, 2 de septiembre de 2020

Novembro de 2013

 Esta foi a carteleira do mes de novembro de 2013:

Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cinelandia

Thor. El mundo oscuro (2013) Alan Taylor 

Turbo (2013) David Soren 

Insidious: Capítulo 2 (2013) James Wan

Capitán Phillips (2013) Paul Grengrass

01.11.2013 (La Voz de Galicia)

El juego de Ender (2013) Gavin Hood

¿Quién mató a Bambi? (2013) Santi Amodeo

15.11.2013 (La Voz de Galicia)

Los juegos del hambre: En llamas (2013) Francis Lawrence 

Blue Jasmine (2013) Woody Allen 

Frozen (2013) Chris Buck 

29.11.2013 (La Voz de Galicia)

martes, 1 de septiembre de 2020

Outubro de 2013

Esta foi a carteleira do mes de outubro de 2013:

Pinchar na imaxe para vela en grande


PELÍCULA:

   - Cinelandia

Justin y la espada del valor (2013) Manuel Sicilia 

La gran familia española (2013) Daniel Sánchez Arévalo

2 Guns (2013) Baltasar Kormákur

01.10.2013 (La Voz de Galicia)


Zipi y Zape y el club de la canica (2013) Oskar Santos 

Gravity (2013) Alfonso Cuarón 

Las brujas de Zugarramurdi (2013) Álex de la Iglesia 

11.10.2013 (La Voz de Galicia)


Capitán Phillips (2013) Paul Greengrass

Turbo (2013) David Soren

18.10.2013 (La Voz de Galicia)


El mayordomo (2013) Lee Daniels

24.10.2013 (La Voz de Galicia)


Insidious: Capítulo 2 (2013) James Wan

Thor. El mundo oscuro (2013) Alan Taylor 

31.10.2013 (La Voz de Galicia)

miércoles, 26 de agosto de 2020

Setembro de 2013

 Esta foi a carteleira do mes de setembro de 2013:

Pinchar na imaxe para vela en grande


PELÍCULAS:

   - Cinelandia

Aviones (2013) Klay Hall

El llanero solitario (2013) Gore Verbinski

Epic: El mundo secreto (2013) Chris Wedge

Elysium (2013) Neill Blomkamp

01.09.2013 (La Voz de Galicia)

Dolor y dinero (2013) Michael Bay 

04.09.2013 (La Voz de Galicia)

Asalto al poder (2013) Roland Emmerich 

Percy Jackson 2 (2013) Thor Freudenthal 

Riddick (2013) David Twohy

19.09.2013 (La Voz de Galicia)

Justin y la espada del valor (2013) Manuel Sicilia 

La gran familia española (2013) Daniel Sánchez Arévalo 

2 Guns (2013) Baltasar Kormákur

28.09.2013 (La Voz de Galicia)

lunes, 24 de agosto de 2020

Agosto de 2013

 Esta foi a carteleira do mes de agosto de 2013:

Pinchar na imaxe para vela en grande


PELÍCULAS:

   - Cinelandia 

Gru 2: Mi villano favorito (2013) Pierre Coffin e Chris Renaud 

Ahora me ves... (2013) Louis Leterrier

Monstruos University (2013) Dan Scanlon

Expediente Warren (2013) James Wan 

01.08.2013 (La Voz de Galicia)

Los Pitufos 2 (2013) Raja Gosnell

Guerra Mundial Z (2013) Marc Forster

02.08.2013 (La Voz de Galicia)

Lobezno inmortal (2013) James Mangold

Aviones (2013) Klay Hall

15.08.2013 (La Voz de Galicia)

Pacific Rim (2013) Guillermo del Toro

16.08.2013 (La Voz de Galicia)

El llanero solitario (2013) Gore Verbinski

Elysium (2013) Neill Blomkamp

23.08.2013 (La Voz de Galicia)

Epic: El mundo secreto (2013) Chris Wedge

30.08.2013 (La Voz de Galicia)