miércoles, 30 de mayo de 2012

Maio de 1938: Prisionero del odio

Os días 1 e 2 de maio de 1938, no cine Teatro proxectouse a película Prisionero del odio, protagonizada por Warner Baxter.
30/04/1938 (Las Riberas del Eo)
30/04/1938 (Las Riberas del Eo) 

Prisionero del odio (1936) John Ford 

En 1865, o presidente de Estados Unidos, Abraham Lincoln, é asasinado. O seu executor é John Wilkes, que rompe unha perna ao fuxir do lugar do crime e ten que ser auxiliado polo doutor Mudd.
Arrestado e acusado de cómplice de asasinato, o doutor é condenado a cadea perpetua no cárcere de Shark Island, onde sufrirá os malos tratos e o odio dos gardas da prisión.



martes, 29 de mayo de 2012

Maio de 1938

A falta de datos que permitan reconstruir os meses de marzo e abril, a carteleira de maio é a seguinte:

Carteleira de maio de 1938:
Pinchar na imaxe para vela en grande


Neste mes incluiuse unha sesión infantil ás 4 da tarde, na que se proxectou a película Cuando hace falta un amigo.



PELÍCULAS:

   - Cine Teatro

Cuando hace falta un amigo (1932) Harry A. Pollard

Prisionero del odio (1936) John Ford


30/04/1938 (Las Riberas del Eo) 
01/05/1938 (La comarca del Eo)


El conquistador irresistible (1934) Jack Conway

29/05/1938 (La comarca del Eo) 

lunes, 28 de mayo de 2012

Febreiro de 1938

Na carteleira deste mes cabe destacar que a maioría das películas son producións alemás, o que é comprensible se temos en conta o contexto político de España neses momentos.

Carteleira de febreiro de 1938:


Pinchar na imaxe para vela en grande



PELÍCULAS:

   - Cine Galaxia

Flor de arrabal (1936) J. Walter Ruben 


13/02/1938 (La Comarca del Eo)


   - Cine Teatro

La pequeña Dorrit (1934) Carl Lamac



Enamorados (1935) Erich Waschneck


29/01/1938 (Las Riberas del Eo)
El rey del Bataclán (1936) Sidney Lanfield

Sábado, domingo y lunes (1934) Richard Eichberg e Germain Fried

Una aventura en Polonia (1935) Gustav Frohlich

12/02/1938 (Las Riberas del Eo)
13/02/1938 (La Comarca del Eo)

jueves, 24 de mayo de 2012

1938: Peche do Galaxia

Segundo os datos obtidos ata o momento, o último anuncio publicado dunha proxección no Galaxia é o seguinte:

29/01/1938 (Las Riberas del Eo)

Seguramente, esta non fose a derradeira película exhibida neste cine, pero ata o de agora é a última da que teño constancia.

Polo tanto, pódese afirmar que o Galaxia, o primeiro cine que houbo en Ribadeo, estivo en funcionamento desde 1935 ata 1938. A partir deste ano, os ribadenses tiveron que conformarse coa oferta do cine Teatro e esperar ata os anos 40 para que, coa apertura do Colón, a vila volvese ter dous cines.


El acorazado misterioso (1935) Edward Sedgwick

O tenente Tom Randolph ten que transportar no seu barco un dispositivo de control de voo que supoñerá un gran avance nas guerras navais.
No proceso de entrega do aparello, prodúcese un asasinato. Nese momento, todos os tripulantes se converten en sospeitosos de espionaxe e da morte do home. 
Tras un segundo asasinato, Randolph decide investigar pola súa conta para evitar máis crimes e poder realizar a entrega do dispositivo con éxito.


miércoles, 23 de mayo de 2012

Xaneiro de 1938: Regina

O 30 de xaneiro de 1938, no cine Teatro proxectouse a película Regina e Las Riberas del Eo publicou o seguinte artigo:

29/01/1938 (Las Riberas del Eo)
29/01/1938 (Las Riberas del Eo)

Regina (1934) Erich Waschneck

Frank, un enxeñeiro alemán, volve á súa casa despois de pasar un tempo en América. Ao chegar, namórase de Regina, a criada do seu tío, e casa con ela.
Floris, unha moza á que Frank rexeitou no pasado, trata de destruír a parella acusando a Regina de manter unha relación con outro home.
Deprimida e desesperada, Regina cre que o suicidio é a súa única saída...



martes, 22 de mayo de 2012

Xaneiro de 1938

A principios de 1938, en Ribadeo segue habendo dous cines: o Galaxia e o Teatro.

Carteleira de xaneiro de 1938:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Galaxia

El acorazado misterioso (1935) Edward Sedgwick


29/01/1938 (Las Riberas del Eo)

   - Cine Teatro

Regina (1934) Erich Waschneck


29/01/1938 (Las Riberas del Eo)

Neste mes os dous cines tamén acolleron a celebración de actos propagandísticos:


29/01/1938 (Las Riberas del Eo)

jueves, 17 de mayo de 2012

O cine Galaxia e a Metro Goldwyn Mayer

Desde practicamente os seus inicios, no Galaxia só se proxectaron películas da MGM. Isto débese a un acordo que o cine tiña coa MGM, un dos estudios cinematográficos ou majors máis importantes de Hollywood.

A Metro Goldwyn Mayer foi fundada en 1924 tras a fusión de varias compañías cinematográficas e o seu lema é Ars gratia artis, que significa A arte pola arte.
A MGM conta entre as súas películas con títulos imprescindibles para a historia do cine como Cantando bajo la lluvia (1952), Mogambo (1953), Ben Hur (1959), Doctor Zhivago (1965), 2001: Una Odisea en el espacio (1968), Rocky (1976), Fama (1980), Thelma & Louise (1991), a saga de James Bond, etc.

Un dos elementos máis característicos da MGM é o león do seu logotipo, que aparece ruxindo ao comezo das súas películas:




Estes son algúns exemplo de anuncios de proxeccións do Galaxia nos que aparece mencionada a MGM:

29/02/1936 (Las Riberas del Eo)
08/03/1936 (La comarca del Eo)
14/03/1936 (Las Riberas del Eo)
11/04/1936 (Las Riberas del Eo)
16/05/1936 (Las Riberas del Eo)
17/05/1936 (La comarca del Eo)
05/09/1937 (La comarca del Eo)

lunes, 14 de mayo de 2012

Cines da zona nos anos 30

Na década dos 30, algunhas vilas próximas a Ribadeo contaban con salas de proxección nas que desfrutar da sétima arte:

Pola banda galega, destaca o cine Liceo de San Miguel de Reinante.

  - SAN MIGUEL DE REINANTE: Cine Liceo

13/01/1934 (Las Riberas del Eo)
03/02/1935 (La comarca del Eo)
09/03/1935 (Las Riberas del Eo)
23/03/1935 (Las Riberas del Eo)

Pola parte asturiana, había cine na Veiga Castropol, mentres que noutros puntos como Piñera ou As Figueiras podían ver películas grazas aos cines ambulantes.

  - A VEIGA: Popular Cinema

11/08/1934 (Las Riberas del Eo)
18/08/1934 (Las Riberas del Eo)
12/01/1935 (Las Riberas del Eo)

Aínda que ao ver os anuncios anteriores poida parecer que o Popular Cinema tan só acollía representacións teatrais, programas de man como este demostran que tamén funcionaba como sala de proxección de cine:

Programa de man dos anos 40

  - CASTROPOL:

27/05/1934 (La comarca del Eo)
  - AS FIGUEIRAS:

03/03/1934 (Las Riberas del Eo)

  - PIÑERA: 
22/09/1934 (Las Riberas del Eo)

Todos estes datos son chamativos se os comparamos coa situación actual, xa que non quedan cines en funcionamento en ningunha destas vilas.

sábado, 12 de mayo de 2012

Ribadeo e o cine: PRADOLONGO

O 22 de xaneiro de 2008, tivo lugar nos cines Cinelandia a proxección de Pradolongo.
Posteriormente, Rubén Riós, un dos protagonistas do filme, mantivo un coloquio con alumnos dos institutos de Ribadeo. O encontro celebrouse no salón de actos do IES Dionisio Gamallo Fierros:


Rubén Riós duranto o coloquio


Uns meses máis tarde, en agosto de 2008, Pradolongo volveu a exhibirse na vila, no marco do Festival ON & OFF. Nesta ocasión, proxectouse nunha pantalla ao aire libre colocada no Cantón:


01/08/2008 (El Progreso)



SINOPSE: Pradolongo (Ignacio Vilar, 2007)

Raquel, Martiño e Armando, interpretados por Tamara Canosa, Rubén Riós e Roberto Porto, son tres amigos que acaban de cumprir a maioría de idade. O verán preséntase como todos os demais: con festas, tardes no río... pero esta vez nada vai ser igual.
O amor que os dous mozos comezan a sentir por Raquel e a posible venda, á pizarreira do pai de Armando, de Pradolongo, un prado da familia de Martiño, obrígaos a reconsiderar os seus soños e os vínculos que os mantiveran unidos desde a infancia.




TRAILER:


jueves, 10 de mayo de 2012

1937: Directores

No ano 1937, os ribadenses tiveron a oportunidade de ver parte da filmografía de Clarence Brown, Louis J. Gasnier e Max Marcin.

LOUIS J. GASNIER (1875 - 1963)

Louis J. Gasnier foi un director de cine francés.
Comezou no mundo do cine na Pathé, dirixindo principalmente curtametraxes do cómico Max Linder.
Posteriormente, trasladouse a Estados Unidos, onde comezou a ser coñecido polo seu traballo na serie Las aventuras de Pauline (1914).
A chegada do cine sonoro supuxo o seu declive como director, polo que quedou relegado a películas de serie B.
Na súa filmografía destaca a peza propagandística Reefer Madness (1936), que trata sobre os efectos negativos do consumo de marihuana. 
Tamén dirixiu Melodía de arrabal (1933), El tango en Broadway (1934) ou Casino del mar (1933), xunto a Max Marcin.


Louis J. Gasnier

MAX MARCIN (1879 - 1948)


Max Marcin foi un guionista polaco, aínda que tamén dirixiu algunhas películas.
O seu traballo como guionista foi moi extenso, chegando a asinar máis de 40 títulos, entre os que se atopan Sombras en la noche (1924), La dama del 13 (1932), Casino del mar (1933), que el mesmo dirixiu xunto a Louis J. Gasnier, e El hombre león (1932), da que tamén foi codirector con H. Bruce Humberstone.
Marcin tamén escribiu algunhas obras para a radio.


CLARENCE BROWN (1890 - 1987)

Clarence Brown foi un director de cine estadounidense.
Aínda que comezou a súa carreira como vendedor de coches, Brown pronto a abandonou para dedicarse á industria cinematográfica.
Debutou no cine da man do cineasta francés Maurice Tourneur, en películas como Inspiración (1931).
Formou parte da Universal e posteriormente foi fichado pola MGM, onde dirixiu a grandes estrelas como Greta Garbo, Katharine Hepburn, Joan Crawford e Clark Gable.
Na súa filmografía atópanse, entre moitos outros, os seguintes títulos: Romance (1930), Anna Karenina (1935), Vinieron las lluvias (1939), Pasión inmortal (1947).


Clark Gable e Clarence Brown

En 1937, os cines da vila tamén presentaron filmes doutros cineastas destacados como Victor Fleming e Benito Perojo.

martes, 8 de mayo de 2012

Novembro de 1937

Neste mes hai que destacar dous feitos chamativos:
- A sesión infantil das 3.15h que ofrece o cine Teatro, coa película Justicia para el indio.
- A proxección da reportaxe Bilbao para España, que se presenta como complemento do filme Te quise ayer. Esta produción de Cifesa é un bo exemplo de propaganda franquista durante a Guerra Civil.



Carteleira de novembro de 1937:
Pinchar na imaxe para vela en grande


PELÍCULAS:


   - Cine Galaxia

En cada puerto un amor (1931) Carlos F. Borcosque e Marcel Silver


27/11/1937 (Las Riberas del Eo)

   - Cine Teatro

Justicia para el indio (1932) Ross Lederman

Bilbao para España (1937) Fernando Delgado

Te quise ayer (1933) Henry King e William Cameron Menzies


27/11/1937 (Las Riberas del Eo) 
27/11/1937 (Las Riberas del Eo)