miércoles, 29 de abril de 2020

Alfred Hitchcock nos cines ribadenses

Alfred Hitchcock (1899 - 1980) foi un director e productor de cine británico coñecido por ser un dos máximos referentes do cine de suspense.
Foi un innovador no uso da cámara e na montaxe e creador do Macguffin, un elemento da película que fai avanzar a trama e que pode parecer relevante, pero en realidade carece de importancia para a historia (por exemplo, os cartos que rouba Marion Crane ao principio de Psicosis).



En 1925, estreouse a primeira película de Hitchcock totalmente rematada, El jardín de la alegría, xa que previamente rodara outros filmes que non se chegaron a completar.
Ao longo da súa carreira cinematográfica en Gran Bretaña dirixiu numerosos traballos como El enemigo de las rubias (1927), Vida alegre (1928), Chantaje (1929), El hombre que sabía demasiado (1934), Inocencia y juventud (1937), etc.

Fotograma de Inocencia y juventud

Hai que destacar que Chantaje, tamén coñecida como La muchacha de Londres, non só foi a primeira película sonora da filmografía de Hitchcock, senón tamén a primeira sonora da historia do cine británico.
Non hai constancia de que nos cines de Ribadeo se proxectase ningún dos filmes da etapa británica de Hitchcock e hai que esperar á súa chegada á Hollywood para poder desfrutar aquí das súas obras. 


En 1939, Hitchcock trasladouse a Estados Unidos da man de David O. Selznick, productor de Lo que el viento se llevó.
O seu primeiro traballo en Hollywood foi Rebeca (1940), protagonizado por Joan Fontaine e Laurence Olivier. A pesar da mala relación entre Hitchcock e Selznick, causada polas restriccións artísticas que o produtor lle impoñía, o filme acadou un gran éxito e foi premiado co Oscar a mellor película en 1941.

Joan Fontaine en Rebeca

A famosa frase coa que comeza Rebeca: "Anoche soñé que regresaba a Manderley..." escoitouse en varias ocasións nos cines ribadenses, tanto no Colón como no Teatro.

04.05.1952
28.02.1971
17.10.1971
24.10.1971

Nos anos seguintes, Hitchcock dirixiu varios filmes en loan-out (sistema que permitía aos estudos alquilar os servizos de actores e directores con contratos noutros estudos) para a RKO, Fox e United Artists, como por exemplo Enviado especial (1940) e Sospecha (1941), entre outros. 


Durante a II Guerra Mundial, o director rodou algunhas curtametraxes propagandísticas en Inglaterra e á súa volta a Estados Unidos dirixiu Recuerda (1945), protagonizada por Ingrid Bergman e Gregory Peck.
Recuerda, que conta cunha secuencia onírica con escenografía creada por Salvador Dalí, proxectouse no Colón en 1954.

05.09.1954 

Nos anos posteriores rodou filmes como Encadenados (1946), El proceso Paradine (1947), La soga (1948) ou Pánico en la escena (1949), protagonizada por Marlene Dietrich e proxectada no Colón en 1962.

24.06.1962

Os anos 50 e 60 foron unha etapa dourada para Hitchcock, xa que nestas décadas rodou numerosas películas que hoxe en día son consideradas como obras mestras da historia da sétima arte e practicamente todas elas foron proxectadas nos cines da nosa vila.

En 1951, estreouse Extraños en un tren, inspirada na novela homónima de Patricia Higsmith.

07.08.1966

Yo confieso (1953) xira en torno a un tema recurrente para Hitchcock: o falso culpable e foi anunciada no Colón como "un éxito asombroso".

16.01.1955 

A predilección ou obsesión de Hitchcock polas actrices louras queda patente nas súas películas e unha das súas musas máis destacadas por foi Grace Kelly, protagonista de Crimen perfecto (1954), La ventana indiscreta (1954) e Atrapa a un ladrón (1954):

22.01.1956
Grace Kelly en Crimen perfecto

10.03.1957
James Stewart en La ventana indiscreta

13.09.1959


Pero... ¿quién mató a Harry? (1956) comeza mostrando un fermoso e tranquilo día de outono en Vermont, ata que se escoitan tres disparos e aparece un cadáver, o de Harry. 
A película, primeiro traballo de Shirley MacLaine, foi proxectada no cine Teatro en 1961.

19.03.1961

Protagonistas de Pero... ¿quién mató a Harry?
En 1956 estreouse El hombre que sabía demasiado, remake da versión británica homónima dirixida por Hitchcock en 1934.

29.07.1961
30.07.1961

En 1956 estreouse a película Falso culpable, protagonizada por Henry Fonda e Vera Miles.

21.02.1960

Hitchcock contou en varias ocasión coa colaboración do deseñador gráfico Saul Bass, encargado da creación do icónico cartel de De entre los muertos (Vértigo) (1957), dos títulos de crédito de Con la muerte en los talones (1959) e do storyboard da mítica escena da ducha de Psicosis (1960), entre outras cousas.

Cartel de Vértigo deseñado por Saul Bass

De entre los muertos (Vértigo), protagonizada por James Stewart e Kim Novak, proxectouse no Colón en 1961.

01.05.1960

Con la muerte en los talones conta cunha das secuencias máis famosas da filmografía de Hitchcock, co personaxe interpretado por Cary Grant sendo perseguido por unha avioneta e puido verse no cine Teatro en 1960.

27.03.1960

Cary Grant en Con la muerte en los talones

Psicosis, proxectada en 1961 en Ribadeo, é unha das películas fundamentais da historia do cine e a súa escena da ducha unha das máis recoñecidas e homenaxeadas.

29.07.1961 
13.08.1961

Janet Leigh na escena da ducha

En Los pájaros (1963), Tippi Hedren interpreta a Melanie, una moza da alta sociedade de San Francisco que despois de coñecer casualmente ao avogado Mitch Brenner nunha paxarería, preséntase na súa casa de Bodega Bay para entregarlle uns paxaros. Coincidindo coa súa chegada, os habitantes da vila comezarán a ser salvaxemente atacados por todo tipo de aves.

01.05.1966
Tippi Hedren en Los pájaros



Marnie, la ladrona tamén está protagonizada por Tippi Hedren e proxectouse no Colón en 1968.

10.11.1968

Nos seus últimos anos como director, o mestre do suspense dirixiu filmes que tamén pasaron polas pantallas ribadenses: Cortina rasgada (1966), Topaz (1969) e Frenesí (1972). Topaz incluso foi a película escollida para a reapertura do cine Teatro en 1971.

18.05.1969
Paul Newman e Julie Andrews en Cortina rasgada

19.09.1971

27.02.1977

La trama, estreada en 1976, foi a última película de Hitchcock antes da súa morte en 1980. Non hai constancia de que este filme fose proxectado en Ribadeo, xa que naquela época o único cine que quedaba era o Teatro e as películas do destape ocupaban a maior parte da  súa carteleira.


Hai que mencionar que Hitchcock tamén realizou numerosos traballos para televisión, entre os que destaca a serie Alfred Hitchcock presenta, que comezaba coa famosa silueta do director aparecendo en pantalla.



Como curiosidade, sabías que das máis de 50 películas de Alfred Hitchcock, 39 conteñen un cameo seu? É dicir, ao director gustáballe figurar como extra nos seus filmes, aparecendo de forma esporádica nalgunha escena, a modo de guiño ou entretemento para os espectadores.

Cameo de Hitchcock en Los pájaros

lunes, 27 de abril de 2020

Xullo de 2012

Esta foi a carteleira do mes de xullo de 2012:

Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cinelandia 

Ige Age 4 (2012) Steve Martino e Mike Thurmeier

Proyecto X (2012) Nima Nourizadeh

01.07.2012 (La Voz de Galicia)

Tengo ganas de ti (2012) Fernando González Molina

The Amazing Spider-Man (2012) Marc Webb

Miel de naranjas (2012) Imanol Uribe 

18.07.2012 (La Voz de Galicia)

El caballero oscuro: la leyenda renace (2012) Christopher Nolan

Sácame del paraíso (2012) David Wain

26.07.2012 (La Voz de Galicia)

Madagascar 3: de marcha por Europa (2012) Eric Darnell, Conrad Vernon e Tom McGrath

27.07.2012 (La Voz de Galicia)

jueves, 23 de abril de 2020

Xuño de 2012

Esta foi a carteleira do mes de xuño de 2012:

Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cinelandia 

Blancanieves y la leyenda del cazador (2012) Rupert Sanders

Men in black 3 (2012) Barry Sonnenfeld

Intocable (2011) Olivier Nakache e Eric Toledano

08.06.2012 (La Voz de Galicia)

MS1: Máxima seguridad (2012) James Mather e Stephen St. Leger

American Pie: el reencuentro (2012) Jon Hurwitz e Hayden Schlossberg

18.06.2012 (La Voz de Galicia)

Cuando te encuentre (2012) Scott Hicks

22.06.2012 (La Voz de Galicia)

Ice Age 4 (2012) Steve Martino e Mike Thurmeier

Proyecto X (2012) Nima Nourizadeh

29.06.2012 (La Voz de Galicia)