miércoles, 22 de diciembre de 2021

Clásicos do Nadal nos cines de Ribadeo

Poñer a árbore, escribir a carta aos Reis Magos, reunirse coa familia e os amigos, vestir xerseis horteras e comer turrón son algunhas das tradicións desta época do ano, ademais de ver películas de temática navideña.
Nesta entrada imos facer un repaso por algúns deses títulos que enchen as grellas de televisión estes días (e non, non falamos desas de Hallmark nas que ela vai de vermello, el de verde e nas que adiviñamos o final no minuto 3).

Ao lembrar clásicos navideños do cine é imposible non pensar en ¡Qué bello es vivir!, dirixida por Frank Capra e na que James Stewart interpreta a un modesto banqueiro que, sobrepasado pola situación do seu negocio, decide suicidarse en Noiteboa... ata que, cando está a punto de facelo, ocorre algo extraordinario.


¡Qué bello es vivir! proxectouse no cine Teatro en 1948:

1948

Outro clásico do Nadal é o musical Navidades blancas, protagonizado por Bing Crosby e que se puido ver no Colón a principios de 1956.


1956

Unha das características dos filmes de Nadal é que están pensados para ser vistos en familia e presentan historias emotivas que case sempre teñen un final feliz.
Este é o caso de películas como Elf e outros títulos que pasaron máis desapercibidos como Una Navidad de locos e La leyenda de Santa Claus, todas elas proxectadas en Cinelandia.

2004

2004

2008

Por outra banda, tamén hai filmes que se centran máis na parte bíblica destas festas, especialmente en todo o relacionado cos Reis Magos de Oriente, que guiados pola estrela tratan de chegar ata o portal de Belén para ver ao neno Xesús. 


Los Reyes Magos é unha cinta de animación española que se puido ver en Cinelandia en 2004:

2004

Se o teu non son as luces de Nadal, as panxoliñas e o espíritu festivo destas datas, seguro que entenderás ao Grinch, personaxe literario infantil que foi levado á gran pantalla en dúas ocasións.


A primeira delas interpretado por Jim Carrey e a segunda nunha versión animada estreada en 2018.

2001

2018

Hai outras películas que sen estar ambientadas ao 100% no Nadal conseguen converterse nun clásico destas datas, como é o caso de Harry Potter y la piedra filosofal, pero... quen non lembra o comedor de Hogwarts decorado para unha das últimas ceas do ano?



2002

O mesmo pasa con Mujercitas, a novela de Louisa May Alcott levada ao cine en numerosas ocasións, como lembramos na entrada anterior deste blog.
Non hai versión na que non vexamos ás irmás March reunidas en torno á súa árbore, compartindo o almorzo de Nadal cos Hummel ou paseando pola neve.

1952


Love actually entrelaza unha serie de pequenas historias que teñen lugar en Londres nos días previos ao Nadal. A pesar de estrearse en 2003, esta película inglesa xa forma parte indiscutiblemente da lista dos clásicos navideños. 


Hugh Grant, Emma Thompson, Keira Knightley, Liam Neeson, Colin Firth e Rowan Atkinson, entre outros, conforman o reparto deste film, proxectado en Cinelandia en 2003.

2003

domingo, 19 de diciembre de 2021

As películas de Mujercitas nos cines de Ribadeo

Mujercitas é unha novela de Louisa May Alcott publicada en 1868 e que narra o paso da infancia á idade adulta das irmás March. Meg, Jo, Beth e Amy viven coa súa nai Marmee en Nova Inglaterra, mentres o seu pai está na guerra. Neses tempos convulsos, as irmás teñen que enfrontarse aos desafíos do día a día.


A novela foi levada ao cine en varias ocasións, entre as que destacan as seguintes 4 adaptacións:

1933/ LAS CUATRO HERMANITAS (George Cukor)

Esta foi a primeira adaptación sonora de Mujercitas e nela Katherine Hepburn interpreta a Jo, a máis rebelde e independente das catro irmás e que soña con ser escritora.

Esta película foi proxectada no cine Galaxia en 1936.

(1936)



1949/ MUJERCITAS (Mervyn LeRoy)

Esta versión da Metro Goldwyn Mayer rodada en tecnicolor foi un dos grandes taquillazos do ano.
Entre o seu reparto atópanse grandes estrelas da época como Elisabeth Taylor no papel da coqueta Amy e Janet Leigh no de Meg, a máis responsable das irmás March.

O filme proxectouse en varias ocasións nos cines de Ribadeo, tanto no Colón como no Teatro.

(1952)

(1971)



1994/ MUJERCITAS (Gillian Amstrong)

Esta adaptación da directora Gillian Amstrong estivo nominada a 3 Oscar.
Nesta ocasión hai que destacar a interpretación de Susan Sarandon como Marmee, que comparte pantalla con Winona Ryder como Jo, Kirsten Dunst como Amy e Christian Bale como o veciño Laurie, entre outros.

Seguramente esta película se proxectou no cine Teatro, pero polo momento non teño constancia disto.





2019/ MUJERCITAS (Greta Gerwing)

A versión máis recente da novela de Louisa May Alcott rompe a linealidade á hora de narrar a historia das irmás March, comezando a historia polo final e mostrando o resto a través de flashbacks. 
Saoirse Ronan, Florence Pugh, Emma Watson, Eliza Scanlen, Laura Dern e Timothée Chalamet compoñen o reparto da película, proxectada en Cines Ribadeo a principios de 2020.

(2020)


martes, 14 de diciembre de 2021

Cine no Nadal 2021

Este ano a programación cultural do Nadal ribadense inclúe a proxección de varias películas, tanto para o público infantil como o xuvenil.
As películas poderán verse os días 27, 28, 29 e 30 de decembro ás 17.30h en Cines Ribadeo e o prezo da entrada é de 1€.



O luns 27 os filmes escollidos son Canta 2 e Spider-Man: no way home.


O martes 28 poderase ver Encanto e a continuación María Solinha.


O mércores 29 as películas proxectadas serán Clifford, el gran perro rojo e Way down.


O xoves 30 pecharán o ciclo de cine El lobo y el león e Escape Room 2.


jueves, 9 de diciembre de 2021

Ribadeo e o cine: MARÍA SOLINHA

Durante a semana do 26 de novembro ao 2 de decembro proxectouse en Cines Ribadeo a película María Solinha, dirixida por Ignacio Vilar e protagonizada por Laura Míguez e Grial Montes.


O filme mostra a historia de María Solinha, acusada de bruxería e queimada pola Inquisición no século XVII, mesturando presente e pasado para construir un relato a medio camiño entre a ficción e a realidade. 


martes, 7 de diciembre de 2021

Agosto de 1962

Esta foi a carteleira do mes de agosto de 1962:

Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULA:

   - Cine Teatro

El hijo del destino (1959) Rubén W. Cavallotti

29.07.1962 (La Comarca del Eo)

Las novias de Drácula (1960) Terence Fisher 

Las legiones de Cleopatra (1959) Vittorio Cottafavi

05.08.1962 (La Comarca del Eo)


Viaje al centro de la Tierra (1959) Henry Levin

Estefanía (1958) Josef Von Báky

Pasa la tuna (1960) José María Elorrieta 

12.08.1962 (La Comarca del Eo)

Un hombre solitario (1957) Henry Levin 

Tu marido nos engaña (1960) Miguel Iglesias

El zorro de París (1957) Paul May

19.08.1962 (La Comarca del Eo)

Pollyana (1960) David Swift

El hombre del FBI (1958) Patrice Dally

Azafatas con permiso (1959) Ernesto Arancibia

26.08.1962 (La Comarca del Eo)

   - Cine Colón

Río Bravo (1959) Howard Hawks

Patricia mía (1961) Enrique Carreras 

29.07.1962 (La Comarca del Eo)

29.07.1962 (La Comarca del Eo)

Refugio de criminales (1960) Irvin Kershner

El 7 machos (1951) Miguel M. Delgado

Viaje a Italia... romance incluido (1958) Wolfgang Becker

05.08.1962 (La Comarca del Eo)

05.08.1962 (La Comarca del Eo)

Tres de la Cruz Roja (1961) Fernando Palacios 

La máscara submarina (1958) Guy Green

Fiesta en el corazón (1958) Jaime Salvador

12.08.1962 (La Comarca del Eo)

12.08.1962 (La Comarca del Eo)

Sorge, el espía del siglo (1961) Yves Ciampi

El canario rojo (1955) Julio Porter

Sissi Emperatriz (1956) Ernst Marischka

19.08.1962 (La Comarca del Eo)

Un rayo de luz (1960) Luis Lucía 

Gran Hotel (1944) Miguel M. Delgado

Somos dos fugitivos (1959) Giorgio Simonelli

26.08.1962 (La Comarca del Eo)

lunes, 6 de diciembre de 2021

Xuño de 1962

Esta foi a carteleira do mes de xuño de 1962:

Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Teatro

David y Goliat (1960) Ferdinando Baldi, Richard Pottier e Orson Welles

03.06.1962 (La Comarca del Eo)

Diálogo de Carmelitas (1960) Philippe Agostini e Raymond Leopold Bruckberger

10.06.1962 (La Comarca del Eo)

Fray Escoba (1961) Ramón Torrado

Anatomía de un asesinato (1959) Otto Preminger

17.06.1962 (La Comarca del Eo)

Días de feria (1960) Rafael J. Salvia 

Los saqueadores (1960) Joseph Pevney

El capitán (1960) André Hunebelle

24.06.1962 (La Comarca del Eo)

   - Cine Colón

Los chicos (1959) Marco Ferreri

27.05.1962 (La Comarca del Eo)

Yo acuso (1958) José Ferrer

03.06.1962 (La Comarca del Eo)

Las rosas del milagro (1960) Julián Soler

10.06.1962 (La Comarca del Eo)

El capitán Jones (1959) John Farrow

La extraña prisión de Huntleigh (1960) Robert Day

La quimera del oro (1925) Charles Chaplin 

17.06.1962 (La Comarca del Eo)

Pánico en la escena (1950) Alfred Hitchcock

Hablemos de amor (1958) Alessandro Blasetti

La oveja negra (1949) Ismael Rodríguez

El barón y su yate (1960) Jean Delannoy

24.06.1962 (La Comarca del Eo)