Nesta metade de ano con actividade, no cine proxectáronse 48 películas, 11 delas españolas.
Ao igual que no ano anterior, só se proxectou un filme galego: María Solinha, dirixida por Ignacio Vilar.
Nesta metade de ano con actividade, no cine proxectáronse 48 películas, 11 delas españolas.
Ao igual que no ano anterior, só se proxectou un filme galego: María Solinha, dirixida por Ignacio Vilar.
Mañá, 12 de febreiro, celébrase a 36º edición dos Premios Goya, outorgados pola Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España.
A cerimonia, que este ano si que contará coa presenza dos nominados e de público, terá lugar en Valencia e estará presentada por varias persoas do mundo do cine.
Nesta edición, as nominadas a mellor película son: Madres paralelas, Mediterráneo, Maixabel, El buen patrón e Libertad.
Maixabel, dirixida por Icíar Bollaín e protagonizada por Blanca Portillo e Luis Tosar, proxectouse en Cines Ribadeo en outubro do ano pasado:
Madres paralelas, de Pedro Almodóvar e protagonizada por Penélope Cruz e Milena Smit, tamén se puido ver nas pantallas ribadenses:
El buen patrón pasou polas salas da nosa vila a finais de outubro de 2021 e está dirixida por Fernando León de Aranoa e protagonizada por Javier Bardem:
Mediterráneo e Libertad, ao igual que todas as nominadas a mellor película de animación, non chegaron á carteleira Cines Ribadeo.