miércoles, 30 de mayo de 2018

A sesión fémina no Cine Teatro

O prezo das entradas de cine foi variando ao longo dos anos. Durante algunhas décadas, dependía do día da semana do que se tratase (ao igual que aínda ocorre actualmente nalgúns cines, onde a entrada é máis cara a fin de semana) e tamén variaba segundo a zona da sala á que fóse o espectador: ás butacas, gradas, etc.

Ademais, nalgunhas ocasións había prezos especiais ou promocións que facían que a entrada saíse máis barata, como por exemplo, as coñecidas como sesións fémina.



En Ribadeo, nos anos 50, o Cine Teatro contaba con estas sesións, que non tiñan un día fixo establecido, pero que adoitaban celebrarse os mércores, xoves ou venres.



Este día, polo prezo dunha soa entrada, podía entrar unha parella. É dicir, era unha función na que as mulleres entraban gratis sempre que fosen acompañadas.
Estas sesións contaban con gran popularidade e estaban moi concorridas.


domingo, 27 de mayo de 2018

1958: Proxeccións na inauguración da Residencia de Misioneiros da Consolata

O 6 de xullo de 1958, inaugurouse en Ribadeo a Residencia de Misioneiros da Consolata, de orixe italiano.

20.07.1958 (La Comarca del Eo)

Ademais dunha misa á que asistiu o bispo, un coloquio entre os asistentes e un acto no que se bendeciu a casa, no Teatro celebrouse a proxección de dúas películas: Sendero que sube e África, tierra del mañana.

13.07.1958 (La Comarca del Eo)

A casa inaugurada en Ribadeo foi a primeira da congregación en España e estaba ubicada no Xardín:

Casa da Residencia de Misioneiros da Consolata na actualidade

miércoles, 23 de mayo de 2018

Outubro de 1942

Esta foi a carteleira do mes de outubro de 1942:

Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Teatro 

Un marido barato (1941) Armando Vidal 

18.10.1942 (La Comarca del Eo)

Ademais da película, proxectouse o noticiario UFA, de propaganda nazi e realizado polo Universum Film AG, estudo cinematográfico fundado en 1917 e que foi o máis importante de Alemaña durante a República de Weimar e a II Guerra Mundial. 

En novembro de 1942, España e Alemaña chegaron a un acordo mediante o que Alemaña cedía as infrastruturas (persoal, material, arquivos...) da UFA en España para a realización do NO-DO, que comezaría a emitirse nos cines no ano 1943.

martes, 22 de mayo de 2018

Agosto de 1942

Esta foi a carteleira de agosto de 1942:

Pinchar na imaxe para vela en grande


PELÍCULAS:

   - Cine Teatro 

Raza (1941) José Luis Sáenz de Heredia 

23.08.1942 (La Comarca del Eo)

Raza, dirixida por José Luis Sáenz de Heredia, está baseada na novela de Jaime de Andrade, pseudónimo de Franco, e é o filme máis característico do cine propagandístico do réxime na postguerra.



En 1950, tras o fin da II Guerra Mundial e a derrota dos fascismos de Hitler e Mussolini, fíxose unha reedición da película. Na nova versión, titulada Espíritu de una raza, elimináronse as referencias ás relacións co nazismo, procurando un achegamento aos Estados Unidos.
Ademais de suprimir escenas con diálogos comprometidos, alusións á Falanxe e imaxes do saúdo co brazo en alto, en Espíritu de una raza, o inimigo único é o comunismo, mentres que na orixinal facíase alusión a republicanos, masóns e burgueses.
O réxime franquista retirou e destruíu todas as copias de Raza e en 1996 apareceu en Alemaña unha versión íntegra da película, que permitiu comparala coa reedición de 1950.



Raza (1941) José Luis Sáenz de Heredia

O mariño Pedro Churruca morre en Cuba durante a guerra de 1898. A súa viúva, Isabel Acuña, educa aos seus fillos, que seguen camiños diferentes na vida: Isabel casa cun militar, Jaime entra nun convento, Pedro dedícase á política e José é militar. O comezo da Guerra Civil provocará a desintegración da familia.

lunes, 21 de mayo de 2018

Xullo de 1941

Esta foi a carteleira do mes de xullo de 1941:

Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Teatro 

La macaquita (1938) Alexander Esway

13.07.1941 (La Comarca del Eo)

domingo, 20 de mayo de 2018

Rodaxe de "O que medra por dentro"

Do venres 11 ao domingo 14 de maio, o realizador Nacho Ozores estivo en Barreiros e Ribadeo rodando a súa curtametraxe O que medra por dentro.
A curta, protagonizada por Jaime Olías, trata o tema dos incendios.

12.05.2018 (La Voz de Galicia)

As localizacións escollidas foron Santo Estevo do Ermo, a praia de Arealonga, a das Catedrais e fincas privadas en Ribadeo, entre outras.

Foto: Nacho Ozores

viernes, 18 de mayo de 2018

Ribadeo e o cine: RED DE LIBERTAD

O pasado 10 de maio proxectouse en Cines Ribadeo a película Red de libertad, dirixida por Pablo Moreno e protagonizada por Assumpta Serna.


A proxección foi unha iniciativa do Colexio Sagrado Corazón, con motivo da celebración de Santa Luisa de Marillac, cofundadora das Fillas da Caridade de San Vicente de Paúl.

Houbo dous pases da película: un ás 11.30h, con entradas a 4€ e ao que acudiu o alumnado da ESO do Sagrado Corazón, e outro ás 20h, con entradas a 5€.

03.05.2018 (Crónica3.com A Mariña)

09.05.2018 (La Voz de Galicia)

miércoles, 16 de mayo de 2018

Decembro de 1999

Esta foi a carteleira do mes de decembro de 1999:

Pinchar na imaxe para vela en grande


PELÍCULAS:

   - Cine Teatro 

American Pie (1999) Paul Weitz

El beso de Judas (1999) Sebastian Gutiérrez 

04.12.1999 (La Voz de Galicia)

La lengua de las mariposas (1999) José Luis Cuerda 

10.12.1999 (La Voz de Galicia)

Novia a la fuga (1999) Garry Marshall 

18.12.1999 (La Voz de Galicia)

Una terapia peligrosa (1999) Harold Ramis 

Caprichos del destino (1999) Sydney Pollack 

22.12.1999 (La Voz de Galicia)

El guerrero nº13 (1999) John McTiernan

26.12.1999 (La Voz de Galicia)

Crueles intenciones (1999) Roger Kumble

30.12.1999 (La Voz de Galicia)

martes, 15 de mayo de 2018

Novembro de 1999

Esta foi a carteleira de novembro de 1999:

Pinchar na imaxe para vela en grande


PELÍCULAS:

   - Cine Teatro 

Locos en Alabama (1999) Antonio Banderas 

02.11.1999 (La Voz de Galicia)

Instinto (1999) Jon Turteltaub

06.11.1999 (La Voz de Galicia)

Un papá genial (1999) Dennis Dugan 

07.11.1999 (La Voz de Galicia)

Eyes wide shut (1999) Stanley Kubrick 

13.11.1999 (La Voz de Galicia)

The haunting (1999) Jan de Bont 

20.11.1999 (La Voz de Galicia)

10 razones para odiarte (1999) Gil Junger

27.11.1999 (La Voz de Galicia)

De ladrón a policía (1999) Les Mayfield 

28.11.1999 (La Voz de Galicia)

lunes, 14 de mayo de 2018

Outubro de 1999

Esta foi a carteleira de outubro de 1999:

Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Teatro

La novena puerta (1999) Roman Polanski 

02.10.1999 (La Voz de Galicia)

Manolito Gafotas (1999) Miguel Albaladejo 

09.10.1999 (La Voz de Galicia)

El secreto de Thomas Crown (1999) John McTiernan

10.10.1999 (La Voz de Galicia)

Extraños (1999) Imanol Uribe 

16.10.1999 (La Voz de Galicia)

La ira (1999) Katt Shea 

17.10.1999 (La Voz de Galicia)

París - Tombuctú (1999) Luis García Berlanga 

23.10.1999 (La Voz de Galicia)

Austin Powers 2: La espía que me achuchó (1999) Jay Roach 

24.10.1999 (La Voz de Galicia)

El inspector Gadget (1999) David Kellogg

30.10.1999 (La Voz de Galicia)

domingo, 13 de mayo de 2018

Setembro de 1999

Esta foi a carteleira do mes de setembro de 1999:

Pinchar na imaxe para vela en grande


PELÍCULAS:

   - Cine Teatro 

Unos pequeños geniales (1999) Bob Clark 

La novia de Chucky (1998) Ronny Yu

01.09.1999 (La Voz de Galicia)

Tarzán y la ciudad perdida (1999) Carl Schenkel 

Virus (1999) John Bruno 

04.09.1999 (La Voz de Galicia)

Resurrección (1999) Russell Mulcahy

11.09.1999 (La Voz de Galicia)

Wild wild west (1999) Barry Sonnenfeld

18.09.1999 (La Voz de Galicia)

Notting Hill (1999) Roger Michell

25.09.1999 (La Voz de Galicia)

sábado, 12 de mayo de 2018

Agosto de 1999

Esta foi a carteleira do mes de agosto de 1999:

Pinchar na imaxe para vela en grande


PELÍCULAS:

   - Cine Teatro 

Buscando a Eva (1999) Hugh Wilson 

01.08.1999 (La Voz de Galicia)

Vaya fugitivo (1998) Pat Proft

03.08.1999 (La Voz de Galicia)

Star Trek: Insurrección (1998) Jonathan Frakes 

04.08.1999 (La Voz de Galicia)

Aventuras en pañales (1998) Norton Virgien e Igor Kovalyov

Alguien como tú (1999) Robert Iscove 

06.08.1999 (La Voz de Galicia)

El rey y yo (1999) Richard Rich 

Shakespeare in love (1998) John Madden 

11.08.1999 (La Voz de Galicia)

Jack Frost (1998) Troy Miller 

La momia (1999) Stephen Sommers

13.08.1999 (La Voz de Galicia)

La máscara del zorro (1998) Martin Campbell

18.08.1999 (La Voz de Galicia)

La vida es bella (1997) Roberto Benigni 

Mulán (1998) Barry Cook e Tony Bancroft 

19.08.1999 (La Voz de Galicia)

Matrix (1999) Lilly e Lana Wachowski 

21.08.1999 (La Voz de Galicia)

Babe, el cerdito valiente (1995) Chris Noonan

EDtv (1999) Ron Howard 

25.08.1999 (La Voz de Galicia)

Bichos (1998) John Lasseter e Andrew Stanton 

Nunca me han besado (1999) Raja Gosnell

27.08.1999 (La Voz de Galicia)