miércoles, 30 de octubre de 2019

Abril de 1949

Esta foi a carteleira do mes de abril de 1949:

Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Teatro 

La bribona (1945) Mitchell Leisen 

03.04.1949 (La Comarca del Eo)

martes, 29 de octubre de 2019

Febreiro de 1949

Esta foi a carteleira do mes de febreiro de 1949:

Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Teatro

El cuervo (1942) Frank Tuttle

13.02.1949 (La Comarca del Eo)

lunes, 28 de octubre de 2019

Cines Ribadeo e a Festa do Cine (Outubro 2019)

Unha vez máis, Cines Ribadeo participa na Festa do Cine, que se celebra os días 28, 29 e 30 de outubro.
Ao igual que nas edicións anteriores, o prezo da entrada é de 2'90€ e para poder beneficiarse deste desconto tan só hai que acreditarse previamente na web oficial da Festa do Cine


As películas que se poden ver estes días nos Cines Ribadeo son Maléfica: maestra del mal e O que arde ás 20.30h e Joker e Mientras dure la guerra na sesión das 23h.


A Festa do Cine é unha iniciativa levada a cabo polo ICAA (Instituto da Cinematografía e as Artes Audiovisuais), a FECE (Federación de Cines de España) e FEDICINE (Federación de Distribuidores Cinematográficos) e ten como obxectivo achegar aos espectadores ás salas, rebaixando o prezo das entradas. 

jueves, 24 de octubre de 2019

Harry Potter nos cines ribadenses


Harry Potter y la piedra filosofal é un libro escrito pola británica J.K. Rowling e publicado en xuño de 1997, converténdose no primeiro título da saga composta por 7 obras.


A saga narra as aventuras de Harry Potter, un neno que ao cumprir 11 anos descobre que é mago, polo que é enviado a Hogwarts, unha escola de maxia e feiticería na que se poderá formar como tal.


No ano 2001, Chris Columbus dirixiu a adaptación ao cine desta novela e Daniel Radcliffe, Rupert Grint e Emma Watson foron os escollidos para interprentar a Harry, Ron e Hermione, os protagonistas da historia.
Esta película de xénero fantástico foi a única de Harry Potter que se proxectou no Cine Teatro, antes do seu peche en 2003.

13.02.2002 (La Voz de Galicia)

En Harry Potter y la cámara secreta, segundo título da famosa serie de novelas, Harry espera impaciente na casa dos seus tíos a que remate o verán e comece o próximo curso en Hogwarts.  A espera dura pouco porque o elfo Dobby preséntase na súa habitación para advertilo de que unha ameaza mortal pesa sobre a escola, polo que Harry, en compañía de Ron, decide viaxar de inmediato a Hogwarts.


A película, que foi un gran éxito de taquilla, proxectouse en Cinelandia en xaneiro de 2003.

23.01.2003 (La Voz de Galicia)

En xullo de 2004, chegou a Ribadeo Harry Potter y el prisionero de Azkaban.


Nesta ocasión, Harry, Ron e Hermione están no seu terceiro curso en Howgarts cando chega a noticia de que Sirius Black, cómplice de Voldemort, escapou da prisión para magos de Azkaban, polo que a vida de Harry pode estar en perigo.

23.07.2004 (La Voz de Galicia)

Harry Potter y el cáliz de fuego é a cuarta película baseada na coñecida serie de novelas de J.K. Rowling e puidemos vela a comezos de 2006 en Cinelandia.



Esta película, que comeza coa celebración da Copa Internacional de Quidditch, obtivo unha nominación ao Óscar na categoría de mellor dirección artística.

03.01.2006 (La Voz de Galicia)

En xullo de 2007 proxectouse en Cinelandia a quinta película da saga, Harry Potter y la Orden del Fénix, dirixida por David Yates


Desta vez, Harry terá que facer fronte a unha grave campaña de desprestixio contra el e Dumbledore.

27.07.2007 (La Voz de Galicia)

Harry Potter y el misterio del príncipe mostra as aventuras de Harry no seu sexto curso en Hogwarts e puido verse en Cinelandia no verán de 2009.

15.07.2009 (La Voz de Galicia)

Nun estreito sendeiro bañado pola lúa, dous homes apareceron da nada a escasos metros de distancia. Permaneceron inmóbiles un instante, apuntándose mutuamente ao peito coas súas respectivas variñas máxicas, ata recoñecerse. Logo gardáronas baixo as capas e botaron a andar a bo paso na mesma dirección.
-          Boas novas? –preguntou o de maior estatura.
-          Excelentes –replicou Severus Snape.

Así é como comeza a sétima e última novela da saga de J.K. Rowling, que deu lugar a dúas películas: Harry Potter y las reliquias de la muerte. Parte I e Harry Potter y las reliquias de la muerte. Parte II.


A primeira delas chegou á carteleira ribadense o 19 de novembro de 2010, día da súa estrea. Nesta película, Harry, acompañado de Ron e Hermione, emprende unha viaxe perigosa por Inglaterra na procura dos obxectos que conteñen os anacos da alma do Señor Tenebroso, para evitar que logre a súa lonxevidade.

19.11.2010 (La Voz de Galicia)

En Harry Potter y las reliquias de la muerte. Parte II, Harry, Hermione e Ron deben recuperar a espada de Gryffindor para atopar e destruír aos derradeiros horrocruxes. Mentres, Voldermort está a piques de apoderarse por completo de Hogwarts e de acadar o seu obxectivo: matar a Harry.


A batalla final entre Harry Potter e Voldemort puido verse en Cinelandia o 15 de xullo de 2011, día da estrea mundial da película.

15.07.2011 (La Voz de Galicia)

Harry, Ron, Hermione, Dumbledore, McGonagall, Voldemort, Malfoy, Snape, Hagrid, Ginny, Sirius Black, Lupin, Neville, Luna Lovegood, Dolores Umbridge, Cho Chang, a familia Weasley,Myrtie a chorona, os Dursley e todo o resto de personaxes creados por J.K. Rowling conseguiron atraer a millóns de persoas ás salas de cine de todo o mundo e en Ribadeo tamén foron moitos os fans que encheron Cinelandia para seguir as aventuras do mago máis famoso dos últimos tempos.


E ti, viches algunha destas películas no cine en Ribadeo?

sábado, 19 de octubre de 2019

Óscar á mellor película nos cines de Ribadeo (1950 - 1959)

Como xa comprobamos anteriormente neste blog, foron moitas as obras premiadas co Óscar na categoría de mellor película que estiveron nas carteleiras dos cines ribadenses.

A primeira cerimonia dos Óscar celebrouse en 1929 e desde entón, os premiados son agasallados cunha figura de metal de Britania, chapada en ouro sobre unha base metálica negra que representa a un home espido, de estilo Art Déco e que sostén unha espada sobre un rollo de película. Houbo que esperar ata 1939 para que a Academia das Artes e Ciencias Cinematográficas de Estados Unidos se referise oficialmente a dito trofeo como "Óscar".



No ano 1950, a gañadora desta famosa estatuíña na categoría de mellor película foi El político, que narra o ascenso dun honrado político que nos seus comezos trata de loitar contra a corrupción.


Eva al desnudo, protagonizada por Bette Davis, tivo 14 nominacións aos Óscar en 1951 e gañou 6 deles, incluindo o de mellor película. Este feito aparece recollido no seguinte anuncio da súa proxección no Colón en 1954, onde se indica que é “a película que máis Óscars obtivo”.

21.12.1952 

18.07.1954

En 1952, o Óscar a mellor película foi para Un americano en París, dirixida por Vincente Minnelli e protagonizada por Gene Kelly. En Ribadeo, o cine Teatro proxectouna anunciándoa como o musical gañador de 8 Óscars.

05.04.1953
05.04.1953
12.04.1953
08.08.1954

El mayor espectáculo del mundo, de Cecil B. DeMille, foi a gañadora do Óscar a mellor película en 1953.

05.06.1955
05.06.1955
05.06.1955
05.06.1955
05.06.1955
12.06.1955
06.01.1957
23.11.1958
03.05.1964

En 1955 no Colón proxectouse De aquí a la eternidad, cun reparto cheo de grandes intérpretes de Hollywood como Burt Lancaster, Montgomery Clift, Deborah Kerr e Frank Sinatra, entre outros. Esta película foi a que recibiu a máxima distinción da Academia en 1954.

09.01.1955
15.05.1955
22.05.1955

Os Óscar tamén foron un reclamo importante á hora de anunciar a proxección de La ley del silencio nos cines ribadenses, xa que obtivo 8 premios dos 12 aos que optaba, entre eles o de mellor película no ano 1955.

01.05.1955
15.05.1955
30.08.1959

En 1956, o Óscar á mellor película foi para Marty, tamén premiada coa Palma de Ouro no festival de Cannes.

14.07.1957

La vuelta al mundo en 80 días, protagonizada por David Niven e Cantinflas, narra as aventuras de Phileas Fogg na súa travesía por distintos países ao redor do mundo. A película, gañadora do Óscar en 1957, non chegou a Ribadeo ata o 61.

05.02.1961
12.02.1961

No ano 1958, El puente sobre el río Kwai gañou 7 Óscar, entre eles o de mellor película. O filme, ambientado durante a II Guerra Mundial, narra a historia dun grupo de prisioneiros británicos que son obrigados polos xaponeses a construir unha ponte.

22.03.1959
29.03.1959
05.04.1959
08.09.1963

Gigi, de Vicenti Minnelli, levou o Óscar a mellor película en 1959 e proxectouse no cine Teatro un ano despois.

15.05.1960


Na década dos 60, polas salas ribadenses seguiron pasando clásicos premiados co Óscar á mellor película como Ben-Hur, El apartamento, West Side Story e Sonrisas y lágrimas, como veremos proximamente neste blog.