domingo, 30 de junio de 2019

Xaneiro de 2008

Esta foi a carteleira do mes de xaneiro de 2008:

Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cinelandia 

1048 (2007) Mikael Hafström

La búsqueda II: El diario secreto (2007) Jon Turteltaub

03.01.2008 (La Voz de Galicia)

REC (2007) Jaume Balagueró e Paco Plaza

Mr. Magorium y su tienda mágica (2007) Zach Helm

Donkey Xote (2007) Josep Pozo

05.01.2008 (La Voz de Galicia)

Deseo, peligro (2007) Ang Lee

Soy leyenda (2007) Francis Lawrence

Mimzy, más allá de la imaginación (2007) Robert Shaye

11.01.2008 (La Voz de Galicia)

American Gangster (2007) Ridley Scott

El arca de Noé (2007) Juan Pablo Buscarini

18.01.2008 (La Voz de Galicia)

Halloween: El origen (2007) Rob Zombie

24.01.2008 (La Voz de Galicia)

sábado, 15 de junio de 2019

John Wayne nos cines ribadenses

John Wayne, nacido o 26 de maio de 1970 en Winterset (Iowa) e coñecido popularmente como The Duke (O Duque), foi un actor estadounidense, símbolo por antonomasia do western e un dos grandes mitos da historia do cine. 


Wayne comezou no mundo do cine por accidente, xa que debido a unha lesión tivo que deixar o equipo de rugby, polo que perdeu unha bolsa de estudos e viuse obrigado a abandonar a universidade e empezar a traballar como axudante na Fox.
O seu primeiro papel como protagonista, despois de anos facendo de extra, foi na película La gran jornada, dirixida por Raoul Walsh e que non tivo demasiado éxito en taquilla.



Continuou traballando noutros filmes de pouca relevancia, ata que en 1939, saltou ao estrelato con La diligencia, dirixida por John Ford, co que Wayne trabara unha boa amizade nos estudios da Fox.

En La diligencia, Wayne interpreta a Ringo Kid, quen emprende unha longa viaxe xunto cun grupo variopinto de persoas e durante o que se terán que enfrontar ao ataque dos apaches.
Esta película proxectouse no Cine Teatro en agosto de 1966:

14/08/1966 

Fotograma de La diligencia (1939)

A década dos 40 foi moi frutífera para o actor, que protagonizou numerosas películas como Él y su enemiga (1944), La patrulla del coronel Jackson (1945), Río Rojo (1948), Arenas sangrientas (1949), La legión invencible (1949) e El luchador de Kentucky (1949), entre outras.

30/12/1951
14/11/1954
06/05/1956
25/12/1960
14/04/1962

15/04/1962
28/12/1952
31/07/1955
John Wayne e Montgomery Clift en Río Rojo (1948)


Un dos filmes desta década que máis veces se proxectou nos cines ribadenses foi Fort Apache (1948), do director John Ford.

26/08/1951
12/09/1965
19/09/1965

Nos 50, John Wayne continuou protagonizando un gran número de películas. Moitas delas estaban dirixidas por John Ford e puideron verse nas pantallas ribadenses, como é o caso de El hombre tranquilo (1952), Los centauros del desierto (1956),  Escrito bajo el sol (1957) e Misión de audaces (1959). 

15/01/1956
14/01/1956

23/06/1957
John Wayne e Maureen O'Hara en El hombre tranquilo (1952)

03/09/1961
27/08/1961
29/05/1966
11/09/1960
04/09/1960

Río Grande (1950), tamén dirixida por Ford, proxectouse en numerosas ocasións na nosa vila, incluso formando parte da sesión infantil:

14/03/1954
29/08/1964

30/08/1964
30/11/1969


Outros dos títulos máis destacados da filmografía de John Wayne durante os anos 50, e que se proxectaron nos cines ribadenses, foron: El infierno en las nubes (1951), La flota silenciosa (1951)Un conflicto en cada esquina (1953), El infierno blanco (1953), Hondo (1953), El zorro de los Océanos (1955), El conquistador de Mongolia (1956), Arenas de muerte (1957), Amor a reacción (1957), El bárbaro y la geisha (1958) e Río Bravo (1959).

04/10/1953
18/10/1953
06/02/1955
09/12/1956
04/03/1956
05/06/1960
22/03/1959
08/05/1960
28/12/1958
06/11/1960
05/06/1960
29/07/1962
Fotograma de Río Bravo (1959)

En 1960, John Wayne dirixiu a súa primeira película, que estaba protagonizada por el mesmo: El Álamo, un western basado nunha historia real durante a guerra de independencia de Texas.
Este filme proxectouse no cine Colón e debido á súa longa duración, houbo que cambiar os horarios habituais das sesións:


08/12/1962
16/12/1962

Nesta mesma década dos 60, John Wayne continuou a súa carreira cinematográfica
 con películas como Alaska tierra de oro (1960), Los comancheros (1961), El día más largo (1962), El hombre que mató a Liberty Valance (1962), Hatari (1962), El gran McLintock (1963), El fabuloso mundo del circo (1964) e Ataque al carro blindado (1967), entre outras.

10/09/1961
22/03/1964
03/04/1965

04/04/1965
13/10/1963
29/12/1963
02/01/1966
08/09/1968
28/09/1969

En 1969, Wayne gañou o premio Oscar ao mellor actor, pola súa interpretación en Valor de Ley (1969), dirixida por Henry Hathaway.



Nos anos 70 o actor seguiu protagonizando películas como Chisum (1970), Río Lobo (1970), Los Cowboys (1972) e El rifle y la Biblia (1975), ata o seu falecemento o 11 de xuño de  1979, a causa dun cancro.


03.12.1972 (La Comarca del Eo)
31.12.1972 (La Comarca del Eo)
25.03.1973 (La Comarca del Eo)

12.02.1978 (La Comarca del Eo)


Wayne e Ford en 1971

John Wayne mostrou sempre unha ideoloxía conservadora e apoiou as políticas anticomunistas nos 50, durante a chamada "caza de bruxas" do senador McCarthy. 
Hai que recordar que nesta época, levouse a cabo unha persecución a todos os que non demostraran lealtade ao goberno norteamericano, anulando a carreira de moitos profesionais de Hollywood que figuraban na lista negra de McCarthy.

En canto á súa vida privada, o Duque estivo casado en 3 ocasións: con Josephine Alicia Sáenz, con Esperanza Baur (coa quen tivo 4 fillos) e con Pilar Pallete (coa que tivo 3 fillos).

Créditos de Chisum (1970)