viernes, 27 de junio de 2014

Verán 2014: Escola de cine de MAUmarela!

Durante os meses de xullo e agosto, coincidindo coas vacacións escolares, MAUmarela! ofrece diversas actividades para os nenos: talleres de arte, arquitectura, xadrez, ciencia e tamén unha escola de cine.



Como indican na súa web, o taller está encamiñado a que os mozos aprendan os fundamentos básicos do cine: guión, produción, escenografía, linguaxe visual, técnicas de Stop Motion, etc.

Ademais, os asistentes realizarán unha curtametraxe da que serán protagonistas e realizadores.



Para coñecer máis información sobre os talleres, podedes consultar a súa páxina web.

miércoles, 25 de junio de 2014

Anuncios de cine: "Se alquila"

"Un local para almacén en la parte posterior del Cine Colón"

16/11/1968 (Las Riberas del Eo)

sábado, 21 de junio de 2014

Xa non hai videoclubes en Ribadeo

Tras o recente peche do videoclub do portugués, situado na placiña de San Roque, Ribadeo queda sen ningún lugar no que poder alugar películas.

2013. Videoclub aberto
2014. Videoclub pechado

Este videoclub, que levaba aberto moitos anos, era bastante "curioso", xa que nel podías atopar desde as últimas estreas en DVD ata grandes clásicos en VHS.

Interior do videoclub

Ademais deste, na vila houbo outros videoclubes: Mundi Video, o do Garden, o de Multitendas Teresa...

jueves, 19 de junio de 2014

A triloxía de Sissi nos cines ribadenses

A triloxía de Sissi está formada polas películas Sissi, Sissi Emperatriz e El destino de Sissi, protagonizadas por Romy Schneider e Karlheinz Böhm.
Como mostran os seguintes anuncios, dous destes films proxectáronse nos cines ribadenses:

Sissi no cine Colón:

21/06/1958 (Las Riberas del Eo)

El destino de Sissi no cine Colón:

07/01/1961 (Las Riberas del Eo)

E tamén El destino de Sissi no cine Teatro:

08/07/1962 (Las Riberas del Eo)
(Pinchar na imaxe para vela en grande)
08/07/1962 (Las Riberas del Eo)

Sissi (1955) Ernst Marischka

Francisco José ten que casar e aínda que a súa nai xa pensou en Helena, unha princesa bávara, o emperador namórase perdidamente de Sissi, unha moza espontánea e pouco convencional que detesta o ríxido protocolo da Corte dos Habsburgo.


Sissi Emperatriz (1956) Ernst Marischka

Despois de casar, Sissi comeza a súa nova vida como Emperatriz de Austria, pero a rixidez do protocolo é un verdadeiro problema para ela. A isto hai que sumarlle a difícil relación que mantén coa súa sogra, a Arquiduquesa Sofía, que interfire constantemente na forma de gobernar o imperio e no que máis lle importa a Sissi: o coidado da súa filla.


El destino de Sissi (1957) Ernst Marischka

Aínda que o comportamento de Sissi é exemplar, a súa ríxida sogra, a Arquiduquesa Sofía, aproveita calquera ocasión para inventar falsos romances entre Sissi e o conde Andrassy, co fin de romper o matrimonio do seu fillo e a Emperatriz. Tras contraer unha grave enfermidade pulmonar en Hungría, Sissi vese obrigada a trasladarse a Grecia para recuperarse.


lunes, 16 de junio de 2014

1954: La guerra de Dios

En marzo de 1954, publicouse en Las Riberas del Eo o seguinte artigo, que fai referencia a La guerra de Dios, película que probablemente foi proxectada no Colón:

20/03/1954 (Las Riberas del Eo)

La guerra de Dios (1953) Rafael Gil

Andrés, un sacerdote recén saído do seminario e moi interesado nos problemas sociais, é destinado a unha pequena vila mineira, dividida polo odio entre clases. As relación entre os mineiros e Don César, dono da mina, son tensas, ata que un accidente na mina provoca un cambio na situación...


domingo, 15 de junio de 2014

Artigos de cine: "Los asturianos cruzan el Eo para ir de compras, al cine, estudiar y divertirse"

Hoxe no xornal La Voz de Galicia ven publicado un artigo no que se mencionan algúns dos motivos polos que os asturianos visitan Ribadeo e un deles é para vir ao cine.
Hai que recordar que entre Ribadeo e Avilés non hai ningún outro cine:

15/06/2014 (La Voz de Galicia A Mariña)
Pinchar na imaxe para vela en grande

15/06/2014 (La Voz de Galicia A Mariña)

Se queres ler o artigo completo, pincha aquí.

lunes, 9 de junio de 2014

Outubro de 1971

Esta é a carteleira de outubro de 1971:

Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Teatro

Susana (1969) Mariano Ozores

26/09/1971 (Las Riberas del Eo)

viernes, 6 de junio de 2014

Servicios Audiovisuais Elfarero

Na actualidade non se pode falar de audiovisual en Ribadeo sen mencionar Servicios Audiovisuais ElFarero.


Servicios Audiovisuais ElFarero naceu en 2005 da man de Manuel Vázquez, máis coñecido como FaRi Elfarero. O que comezou sendo unha asociación cultural, converteuse en 2011 nun estudio de fotografía e vídeo.

(Foto: Facebook Servicios Audiovisuais Elfarero)

Os servizos que ofrece Elfarero son moi numerosos: realización e produción de vídeo, reportaxes fotográficas (sociais, de moda, corporativas, etc.), vídeo aéreo e subacuático, alquiler de material de vídeo e fotografía, videoclips, etc.

(Foto: Facebook Servicios Audiovisuais Elfarero)

(Foto: Facebook Servicios Audiovisuais Elfarero)

Se queredes coñecer con máis detalle o amplo traballo de Elfarero, podedes visitar a súa páxina web, a súa canle de YouTube ou seguilo en Facebook.



miércoles, 4 de junio de 2014

Setembro de 1971

Esta é a carteleira de setembro de 1971:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Colón

¿Por qué pecamos a los 40? (1969) Pedro Lazaga

12/09/1971 (Las Riberas del Eo)

Águilas cruzadas (1968) Richard Conte

19/09/1971 (Las Riberas del Eo)

   - Cine Teatro

El fuego y la palabra (1960) Richard Brooks

19/09/1971 (Las Riberas del Eo)

Topaz (1969) Alfred Hitchcock

19/09/1971 (Las Riberas del Eo)

El valle de los héroes (1968) Harald Reinl

Pesadilla bajo el sol (1965) John Derek e Marc Lawrence

Asalto a la corona de Inglaterra (1967) Sergio Grieco

26/09/1971 (Las Riberas del Eo)

lunes, 2 de junio de 2014

José Luis López Vázquez nos cines ribadenses

Nos anos 60 era moi frecuente ver no Colón películas nas que aparecía José Luis López Vázquez, un dos actores máis prolíficos do cine español e gañador do Goya de Honra en 2004.



Un bruto para Patricia (1960) León Klimovsky 

30/06/1962 (Las Riberas del Eo)
01/07/1962 (Las Riberas del Eo)

Vamos a contar mentiras (1961) Antonio Isasi - Isasamendi 

11/08/1963 (Las Riberas del Eo)

Los motorizados (1962) Camillo Mastrocinque

16/05/1964 (Las Riberas del Eo)

Vuelve San Valentín (1962) Fernando Palacios

07/11/1964 (Las Riberas del Eo)

La gran familia (1962) Fernando Palacios e Rafael J. Salvia

04/09/1965 (Las Riberas del Eo)

Operación: Embajada (1963) Fernando Palacios

10/06/1967 (Las Riberas del Eo)

Casi un caballero (1964) José María Forqué

26/08/1967 (Las Riberas del Eo)

¿Por qué pecamos a los 40? (1969) Pedro Lazaga

12/09/1971 (La Comarca del Eo)

domingo, 1 de junio de 2014

Novembro de 1970

Esta é a carteleira do mes de novembro de 1970:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Colón

El planeta de los simios (1968) Franklin J. Schaffner

Los guerreros del Imperio (1967) Sergiu Nicolaescu

08/11/1970 (La Comarca del Eo)