miércoles, 24 de diciembre de 2014

1990: Subvencións do Concello de Ribadeo para actividades de cine

En 1990, o Concello de Ribadeo concedeu unha subvención de 350.000 pesetas para actividades de cine e musicais de verán, como indica o seguinte artigo de La Comarca del Eo:

06/10/1990 (La Comarca del Eo)

lunes, 22 de diciembre de 2014

Ribadeo e o cine: A ESMORGA

Desde onte pódese ver en Cinelandia a película A Esmorga, dirixida por Ignacio Vilar e baseada na novela homónima de Eduardo Blanco Amor.

20/12/2014 (El Progreso)

Twitter @AEsmorgaFilme

O filme, protagonizado por Antonio Durán "Morris", Miguel de Lira e Karra Elejalde, xa leva un mes na carteleira e está a ter un gran éxito en taquilla.



A Esmorga (2014) Ignacio Vilar

O filme é unha crónica tensa e intensa de 24h na vida de tres homes (Cibrán, Bocas e Milhomes), compañeiros de esmorga que, deixando un regueiro de destrución, de sexo equívoco e reprimido, van fechando portas tras si e guindando coas chaves, como para non querer volver, tal coma se adrede camiñaran cara a súa perdición.


domingo, 21 de diciembre de 2014

Artigos de cine: "José Luis (El Bonachón)"

No seguinte artigo, publicadao a semana pasada en La Comarca del Eo, Primi Nércega recorda a José Luis "El Bonachón", traballador do Colón nos seus inicios, e tamén fala de como eran as noites de cine na Praza de Abaixo.

13/12/2014 (La Comarca del Eo)
Pinchar na imaxe para vela en grande

sábado, 20 de diciembre de 2014

La bicicleta verde no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo

Onte, último día de clase antes das vacacións de Nadal, os alumnos de 3º e 4º da ESO do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, tiveron unha sesión de cine. A película proxectada foi La bicicleta verde, a primeira película de Arabia Saudí dirixida por unha muller, Haifaa Al-Mansour.

Web IES de Ribadeo Dionisio Gamallo


La bicicleta verde (2012) Haifaa Al-Mansour

Wadjda ten dez anos e vive nunha sociedade moi tradicional na que certas cousas como montar en bicicleta están totalmente prohibidas para as mulleres. A pesar de todo, ela é unha nena divertida e emprendedora, disposta a cruzar o límite entre o autorizado e o prohibido. Wadjda desexa ter unha bicicleta para poder competir co seu amigo Abdullah nunha carreira, pero a súa nai non lle deixa porque as bicicletas son un perigo para a dignidade dunha rapaza.


viernes, 19 de diciembre de 2014

Ciclo de documentais: Homo Tóxicus

O pasado venres 12 de decembro, como parte do ciclo de documentais de concienciación social organizado pola Asociación Veciñal O Tesón, proxectouse Homo Toxicus.

11/12/2014 (La Voz de Galicia)

Homo Toxicus (2008) Carole Poliquin

Despois de someterse a unha análise detallada do seu sangue, Carole Poliquin descobre algo que podería arruinar a vida do menos paranoico dos hipocondríacos: bisferol A en botellas de auga, parabenos en cosméticos, falatos no vinilo, BPDE na electrónica, etc.
Todos os días estamos expostos a unha multitude de produtos químicos que entran no noso organismo. E é esta realidade alarmante o que preocupa á directora do documental.


jueves, 18 de diciembre de 2014

A triloxía de El Hobbit en Cinelandia

Este mércores 17 de decembro, estreouse en España a última película da triloxía de El Hobbit, El Hobbit: La batalla de los cinco ejércitos. O filme xa se pode ver en Cinelandia, onde tamén se proxectaron no seu día as outras dúas partes da saga, dirixida por Peter Jackson.



El Hobbit: Un viaje inesperado (2012) Peter Jackson

08/01/2014 (La Voz de Galicia)


 El Hobbit: La desolación de Smaug (2013) Peter Jackson

19/12/2013 (La Voz de Galicia)



El Hobbit: La batalla de los cinco ejércitos (2014) Peter Jackson 

17/12/2014 (La Voz de Galicia)

miércoles, 17 de diciembre de 2014

Ribadeo en ESPAÑA EN SOLFA

España en Solfa foi un programa que, ao longo de 12 episodios, repasaba a historia de distintos estilos musicais, combinando material de arquivo cunha trama de ficción.
O espazo, producido por Televisión Española, estaba dirixido por José Pavón e protagonizado polo cantautor Ricardo Solfa.
Un dos seus capítulos, centrado na música folk, foi gravado nas Catedrais en outros rincóns de Ribadeo, as Figueiras ou Navia, entre outros lugares.

02/06/1990 (La Comarca del Eo)
Pinchar na imaxe para vela en grande


martes, 16 de diciembre de 2014

1941: Cine no Círculo Habaneiro da Devesa

En 1991, en La Comarca del Eo había unha sección dedicada a recuperar noticias de 50 anos antes.
No seguinte artigo, recórdase unha xornada de cine e teatro que tivo lugar no Círculo Habaneiro da Devesa en 1941:

20/10/1991 (La Comarca del Eo)

Círculo Habaneiro da Devesa

sábado, 13 de diciembre de 2014

1991: Semana cultural

En marzo de 1990, celebrouse a Semana Cultural do instituto de bacharelato, que entre as súas actividades incluía a proxección da película Patrimonio nacional, dirixida por Berlanga.

23/03/1991 (La Comarca del Eo)


Patrimonio nacional (1981) Luis García Berlanga

Tras a morte de Franco en 1975 e a restauración da Monarquía, o marqués de Leguineche volve ao seu palacio de Madrid. Despois de trinta anos de exilio voluntario na súa finca Los Tejadillos, proponse achegarse ao Rei para reanudar a vida cortesá de antano. Pero acceder á Casa Real non será unha tarefa fácil...


viernes, 12 de diciembre de 2014

Artigos de cine: "O galiñeiro sobre o río Kwai"

Neste artigo publicado en 1990 en La Comarca del Eo, Santiago Jaureguízar escribe sobre a proxección da película El puente sobre el río Kwai no Cine Teatro.

21/07/1990 (La Comarca del Eo)

El puente sobre el río Kwai (1957) David Lean


martes, 9 de diciembre de 2014

1990: Semana pola paz

En maio de 1990 celebrouse en Ribadeo a Semana pola paz, organizada polo colectivo Espreita
O programa de actos incluiu a proxección da película El juego de la guerra, gañadora do Oscar ao mellor documental en 1966, e da curtametraxe Los mercaderes de la muerte.

26/05/1990 (La Comarca del Eo)


El juego de la guerra (1965) Peter Watkins

Los mercaderes de la muerte (Sen datos) Centro de Investigación para la Paz


lunes, 8 de diciembre de 2014

Videoclip de Otus Scops en Rinlo

O pasado sábado 6 de decembro o grupo asturiano Otus Scops presentou no Teatro o seu primeiro videoclip, titulado "El solitario".

02/12/2014 (La Voz de Galicia)
02/12/2014 (Crónica3.com A Mariña)

O vídeo, que ten influenzas do spaguetti western e do cine de Tarantino e Kusturica, foi rodado nas cetarias de Rinlo e nas praias da Mexota e Serantes, en Tapia.

Fotogramas do videoclip

"El solitario" está dirixido e realizado por Marco Mas e nas imaxes aéreas contaron coa colaboración de Servicios Audiovisuais El Farero.


sábado, 6 de diciembre de 2014

Artigos de cine: "Comentarios sobre Del Miño al Bidasoa"

No seguinte artigo publicado en La Comarca del Eo en 1990, Mary-Lola Pérez Basanta comenta o capítulo de Del Miño al Bidasoa no que aparece Ribadeo.
Se queres ler máis información sobre esta miniserie emitida nos 90 en TVE, fai clic aquí.

29/12/1990 (La Comarca del Eo)
Pinchar na imaxe para vela en grande

Ribadeo en Del Miño al Bidasoa