jueves, 29 de agosto de 2013

Ribadeo e as curtas: Leñador y la mujer América

O sábado 17 de agosto de 2013, o Teatro acolleu o concerto de presentación do último traballo de Zahara: La pareja tóxica e tamén se proxectou a súa curta: Leñador y la mujer América.

O acto estivo organizado por Bandeed e o Concello de Ribadeo.


Leñador y la mujer América é unha curtametraxe producida por Nysu Films, dirixida por Jesús Hernández e protagonizada por Zahara, Christian Monasterios e Alfonso Alonso.


O proxecto comezou cun videoclip de Zahara que emulaba o tráiler dunha película de instituto norteamericano dos 80. Despois, a historia do tráiler desenvolveuse, dando lugar á curta Leñador y la mujer América.

A curta foi presentada en numerosas cidades de España na Xira Leñador.

Instagram: Zahara
Leñador y la mujer América gañou o premio á Mellor produción de ficción e á Mellor dirección na sección de videocreación do Festival de Málaga 2013.

SINOPSE: Leñador y la mujer América (Jesús Hernández, 2011)

Zoe, a máis popular do instituto, vive un romance con Patrick, o guapo capitán do equipo de fútbol americano... Son a parella perfecta ata a chegada de Leñador, un novo compañeiro de clase que segrega sustancias tóxicas e aditivas.
Zoe namórase de Leñador e ten que escoller entre el ou Patrick. Pero o que ela non imaxina é que esa decisión cambiará para sempre a vida de todos...


Aquí podedes ver o tráilerhttp://vimeo.com/30685287

Se queredes coñecer máis información sobre Leñador y la mujer América, podedes visitar a súa páxina web, facebook e twitter.


Instagram: Zahara

miércoles, 28 de agosto de 2013

1958: Directores

En 1958, no cine Colón proxectouse a película Torero, dirixida polo galego Carlos Velo:

CARLOS VELO (1909 - 1988)

Carlos Velo naceu en Cartelle (Ourense), pero a Guerra Civil levouno a exiliarse en México, onde pasou gran parte da súa vida.
Frecuentaba as sesións de cine da Residencia de Estudiantes de Madrid, onde coñeceu a Lorca e Buñuel, e cofundou o cineclube da Federación Universitaria Escolar.
Velo, que estudara bioloxía, foi o encargado de proporcionarlle a Luis Buñuel as formigas vermellas que precisaba para a rodaxe de Un perro andaluz.
Carlos Velo dirixiu documentais como Almadrabas (1934) e Galicia (1937) e longametraxes como Torero (1956) e Pedro Páramo (1969), entre outras.

Carlos Velo con Luis Buñuel e Juan Antonio Bardem

viernes, 23 de agosto de 2013

Setembro de 1958

Carteleira de setembro de 1958:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Colón

Ahora y siempre (1934) Henry Hathaway

30/08/1958 (Las Riberas del Eo)

jueves, 22 de agosto de 2013

Agosto de 1958

Esta é a carteleira de agosto de 1958:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Colón

Simba (1955) Brian Desmond Hurst

Tras el sol naciente (1943) Edward Dmytryk

Duelo en el fondo del mar (1953) Robert D. Webb 

02/08/1958 (Las Riberas del Eo)

Escándalo en Milán (1956) Giulio Macchi e Vincent Sherman

09/08/1958 (Las Riberas del Eo)

Désirée (1954) Henry Koster

A proxección desta película estivo acompañada do complemento La nueva Venezuela.

16/08/1958 (Las Riberas del Eo)

Cuando suena el tam tam (1955) Gian Gaspare Napolitano

Demetrius y los gladiadores (1954) Delmer Daves

23/08/1958 (Las Riberas del Eo)

Ahora y siempre (1934) Henry Hathaway

30/08/1958 (Las Riberas del Eo)

martes, 20 de agosto de 2013

Xullo de 1958

Carteleira de xullo de 1958:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:


  - Cine Colón

No te fíes de tu marido (1948) Lloyd Bacon

No hay amor más grande (Sen datos)

28/06/1958 (Las Riberas del Eo)

Loca por los hombres (1954) Ralph Thomas

El hombre vestido de blanco (1951) Alexander MacKendrick

Decisión a medianoche (1954) Nunnally Johnson

05/07/1958 (Las Riberas del Eo)

Intriga extranjera (1956) Sheldon Reynolds

12/07/1958 (Las Riberas del Eo)

Lanza rota (1954) Edward Dmytryk

La túnica sagrada (1953) Henry Koster

19/07/1958 (Las Riberas del Eo)

jueves, 15 de agosto de 2013

Xuño de 1958

Esta é a carteleira de xuño de 1958:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Colón

Pacto de honor (1955) André De Toth

31/05/1958 (Las Riberas del Eo)

La Violetera (1958) Luis César Amadori

07/06/1958 (Las Riberas del Eo)

Jhonny, el cobarde (1956) Don McGuire

14/06/1958 (Las Riberas del Eo)

Sissi (1955) Ernst Marischka

21/06/1958 (Las Riberas del Eo)

Marino al agua (1953) Richard Quine

28/06/1958 (Las Riberas del Eo)

miércoles, 14 de agosto de 2013

Maio de 1958

A carteleira de maio de 1958 é esta:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Colón

Confesión (1955) Ken Hughes

03/05/1958 (Las Riberas del Eo)

Héroes del aire (1957) Ramón Torrado

10/05/1958 (Las Riberas del Eo)

Luces de la ciudad (1931) Charles Chaplin

10/05/1958 (Las Riberas del Eo)
17/05/1958 (Las Riberas del Eo)

La Faraona (1955) René Cardona

Misterio del mono rojo (1955) Ken Hugues

Imperio del terror (1955) Phil Karlson

24/05/1958 (Las Riberas del Eo)

domingo, 11 de agosto de 2013

Abril de 1958

Carteleira de abril de 1958:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

  - Cine Colón

París, Palace Hôtel (1956) Henri Verneuil

05/04/1958 (Las Riberas del Eo)

Maricruz (1958) Miguel Zacarías

12/04/1958 (Las Riberas del Eo)

La familia Trapp (1956) Wolfgang Liebeneiner

19/04/1958 (Las Riberas del Eo)

Hacha de guerra (1956) Kurt Neumann

26/04/1958 (Las Riberas del Eo)

(Perdón pola mala calidade dalgunhas fotos)

viernes, 9 de agosto de 2013

Marzo de 1958

Esta é a carteleira de marzo de 1958:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS

  - Cine Colón

Vuelven los mosqueteros (1953) André Hunebelle
08/03/1958 (Las Riberas del Eo)

Bandido (1956) Richard Fleischer

15/03/1958 (Las Riberas del Eo)

Casta Diva (1954) Carmine Gallone

22/03/1958 (Las Riberas del Eo)

Torero (1956) Carlos Velo

29/03/1958 (Las Riberas del Eo)

jueves, 8 de agosto de 2013

Febreiro de 1958

Carteleira de febreiro de 1958:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Colón

La vida en un bloc (1956) Luis Lucía

Creemos en el amor (1954) Jean Negulesco

01/02/1958 (Las Riberas del Eo)

Esclavas de Cartago (1956) Guido Brignone

08/02/1958 (Las Riberas del Eo)

Sucedió en Roma (1953) Anton Giulio Majano

Ahí viene Martín Corona (1952) Miguel Zacarías

15/02/1958 (Las Riberas del Eo)

Todos somos necesarios (1956) José Antonio Nieves Conde

22/02/1958 (Las Riberas del Eo)

miércoles, 7 de agosto de 2013

Salas completas en Cinelandia

Onte, martes 6 de agosto de 2013, pódese dicir que foi un "día histórico" para Cinelandia, xa que por primeira vez nos seus 10 anos de historia, as dúas salas estiveron completas nas dúas sesións.

Imaxe: Facebook Cinelandia

As películas que se proxectaban, ás 20.30h e ás 23h, eran Guerra Mundial Z e Los Pitufos 2:



Un pouco antes das 20.30h, a cola da taquilla chegaba ao final da rúa e fomos moitos os que tivemos que marchar porque xa non quedaban entradas.






O día chuvioso e a gran cantidade de turistas que hai en Ribadeo nestas datas, tiveron moito que ver á hora de encher as salas, aínda que hai que recordar que esa tarde tamén había outras ofertas de ocio, como por exemplo o Dépor - Oviedo no campo de fútbol e o Mago Antón no Teatro:

Esperemos que as salas de Cinelandia volvan a encherse de espectadores en moitas máis ocasións!