jueves, 28 de enero de 2016

O documental Loba en Cinelandia

Lactamor, unha asociación de apoio á lactancia materna, está amadriñando a proxección do documental Loba nos cines Cinelandia.
Para facer posible esta proxección, buscan colaboración a través do crowdfunding, xa que son precisas un mínimo de 73 butacas reservadas para que se leve a cabo.



Loba (2015) Catherine Béchard

"Parir na casa?" Cada vez é máis difícil. No mundo realízanse 20 millóns de cesáreas ao ano, máis do dobre do 15% recomendado pola OMS. Loba é un documental que mostra como se vive o parto hoxe en día. A partir dos testemuños dos seus pacientes e das súas amigas comadroas, a directora (osteópata de profesión) invita a percorrer España, Francia, México e Cuba nunha viaxe para descubrir dunha forma íntima como e por que se evolucionou cara a partos tan medicalizados, mentres a profesión de comadroa se ve cada vez máis ameazada.




A proxección do documental Loba está prevista para o sábado 20 de febreiro ás 18h en Cinelandia e se queres reservar unha entrada podes facelo aquí.

lunes, 25 de enero de 2016

Spots en Cinelandia

O pasado 2 de xaneiro de 2016, publicouse en La Comarca del Eo o seguinte artigo, no que se informa de que Cinelandia e Faro Norte Comunicación chegaron a un acordo para emitir antes das películas proxectadas no cine anuncios de negocios locais:

02/01/2016 (La Comarca del Eo)

miércoles, 20 de enero de 2016

2015: Cinelandia en cifras




Estas son as 13 películas españolas que se puideron ver en Cinelandia en 2015:



E estas as películas de animación:



As tres películas proxectadas en galego en Cinelandia foron A Esmorga, O noso último verán en Escocia e A praia dos afogados. Para saber máis delas fai clic aquí:



E para recordar o paso de 50 sombras de Grey polas pantallas ribadenses, pincha aquí:



Aquí podes ver os datos de 2013 e 2014.


lunes, 18 de enero de 2016

Visitas de cine na Cofradía de Rinlo

A principios de xaneiro, Imanol Uribe, director de películas como Días contados e El rey pasmado, estivo na Cofradía de Rinlo, como indica o seguinte artigo publicado en La Comarca del Eo:

09/01/2016 (La Comarca del Eo)

O director guipuzcoano non foi o único relacionado co mundo do cine que pasou pola Cofradía, xa que é frecuente ver a actores e actrices que se achegan a Rinlo para probar o famoso arroz caldoso:

O cineasta Imanol Uribe
(Foto: Facebook A Cofradía de Rinlo)
As actrices Miriam Díaz Aroca e Belinda Washington
(Foto: Facebook A Cofradía de Rinlo)
O actor Luis Tosar
(Foto: Facebook A Cofradía de Rinlo)
O actor Jon González
(Foto: Facebook A Cofradía de Rinlo)
O actor e humorista David Fernández
(Foto: Facebook A Cofradía de Rinlo)
A actriz e modelo Blanca Romero
(Foto: Facebook A Cofradía de Rinlo)
O humorista e actor Goyo Jiménez
(Foto: Facebook A Cofradía de Rinlo)