domingo, 30 de diciembre de 2012

Artigos de cine: "Fin de ano na meca do cine"

E para pechar este 2012, aquí vai un artigo de Antonio de la Calle sobre o Nadal nas películas de Hollywood, publicado en Las Riberas del Eo o 1 de xaneiro de 1948:

01/01/1948 (Las Riberas del Eo)
01/01/1948 (Las Riberas del Eo)

jueves, 27 de diciembre de 2012

Ribadeo en DEL MIÑO AL BIDASOA


Del Miño al Bidasoa é unha miniserie estreada por TVE en 1990 e baseada na obra homónima de Camilo José Cela, publicada en 1952.
Protagonizada por Nicolás Dueñas José Antonio Labordeta, mostra a viaxe dun vagabundo que sae de Santiago de Compostela e percorre o norte de España.


A serie está dividida en catro capítulos: Trancos galicianos, Caminando caminos de Asturias, La verde y civilizada tierra de Cantabria e Hacia levante, el País Vasco.
Ao final do primeiro capítulo, Trancos galicianos, o protagonista visita Ribadeo, antes de abandonar Galicia e continuar a súa viaxe por Asturias.



Porcillán

En Ribadeo, o vagabundo pasea por diante da Igrexa, polo parque, entra no Café Español, vai ata o porto de Porcillán e percorre varias rúas da zona vella.

Café Español

Ademais, fai mención, entre outras cousas, ao xornal Las Riberas del Eo e ao ribadense Dionisio Gamallo Fierros, co que incluso fala por teléfono.

Na serie tamén participan algúns veciños da vila que teñen pequenos papeis secundarios.

Veciños de Ribadeo

A miniserie pódese ver completa na páxina web de RTVE e aquí déixovos o capítulo no que aparece Ribadeo, a partir do minuto 48.40, aproximadamente:


Recoméndovos que lle botedes unha ollada!

miércoles, 26 de diciembre de 2012

2003: Ciclo "cine español da Transición"

Do 2 ao 5 de xuño de 2003, o auditorio municipal acolleu un ciclo de cine español da Transición, organizado pola Delegación Municipal de Cultura e Caixa Galicia.
As películas proxectadas foron:

LUNS 2

Parranda (1977) Gonzalo Suárez 


MARTES 3

Asignatura pendiente (1977) José Luis Garci


MÉRCORES 4

Solos en la madrugada (1978) José Luis Garci


XOVES 5

7 días de enero (1979) Juan Antonio Bardem 


VENRES 6

El  crimen de Cuenca (1979) Pilar Miró



01.06.2003 (La Voz de Galicia)

sábado, 22 de diciembre de 2012

Ciclos de cine no ano 2001

Ao longo do ano 2001 houbo tres ciclos de cine en Ribadeo:

“BETTE DAVIS”
Do 14 ao 21 de xaneiro, proxectáronse en Ribadeo dez filmes protagonizados pola actriz Bette Davis.
O ciclo estivo organizado pola Obra Social de Caixa Galicia xunto co Concello de Ribadeo.



“AQUEL RANCIO CINE ESPAÑOL”
Este ciclo dedicado ao cine español dos anos 30, 40 e 50, tamén estivo organizado pola Obra Social Caixa Galicia e polo Concello de Ribadeo.
Nel incluíronse películas dos directores Florián Rey, Carlos Arévalo, Manuel Mur e Juan de Orduña, como por exemplo: Morena Clara (Florián Rey, 1936), Nobleza Baturra (Florián Rey, 1935) e Cañas y barro (Juan de Orduña, 1954).



“PELÍCULAS RODADAS EN LUGO”
No mes de maio e con motivo da celebración das Letras Galegas, proxectáronse unha serie de películas rodadas na provincia de Lugo.
As obras escollidas foron: A los que aman (Isabel Coixet, 1998), Besos en la oscuridad (Hervé Hachuel, 1992), El bosque del lobo (Pedro Olea, 1970), El rey del río (Manuel Gutiérrez Aragón, 1995) e La vieja música (Mario Camus, 1985).
As proxección tiveron lugar no auditorio e a entrada foi gratuíta.

miércoles, 19 de diciembre de 2012

Cine no Nadal

En Ribadeo, é habitual que no Nadal se realicen numerosas actividades pensadas para os máis pequenos e algo que case nunca falta é o cine.
 
Por exemplo, a programación de actividades de Nadal do ano 2000, incluíu a proxección de varias películas dirixidas ao público infantil e xuvenil.
Todas as tardes do 25 ao 29 de decembro, os interesados tiveron a oportunidade de ver El señor de los anillos, Jóvenes aventureros, Escalibur, La guerra de los botones e Unos peques geniales.

18/12/2000 (La Voz de Galicia)



En decembro de 2011, ACISA (a asociación de comerciantes e empresarios de Ribadeo) organizou unha serie de actividades para nenos, entre as que se atopaban talleres de manualidades e cómic, deportes e por suposto, cine.
Nesta ocasión, a película escollida foi Cuento de Navidad (2009), dirixida por Robert Zemeckis e baseada na obra de Dickens.
A proxección tivo lugar no cine Teatro e a entrada foi gratuíta.

28/12/2011 (Crónica3.com A Mariña)


domingo, 16 de diciembre de 2012

Cinema & Rock 2x1


Durante algúns anos, o Concello de Ribadeo organizou o Cinema & Rock 2x1, que consistía na proxección de filmes relacionados co rock. Ademais, os espectadores que fixesen unha crítica dalgunha das películas proxectadas, optaban a un premio: un bono para dúas persoas para asistir gratis aos Multicines Cinelandia durante un ano.

21/12/2004 (La Voz de Galicia)

O 21 e 22 de decembro de 2004, no auditorio municipal, celebrouse a I edición de Cinema & Rock 2x1.
As catro películas proxectadas foron Alta fidelidade, 24 hours pary people, Cero en conducta e La suciedad y la furia.
Roberto Martínez Rodríguez foi o gañador do primeiro premio do concurso de crítica cinematográfica.
O segundo premio, que consistiu nun lote de 5 DVDs, foi para Alberto Rodríguez García, pola súa crítica de Cero en conducta.

03/02/2005 (La Voz de Galicia)

Na II edición de Cinema & Rock 2x1, celebrada en 2005, os premiados foron Juan Solloso e Roberto Martínez. Nesta ocasión, os dous recibiron bonos para asistir ao cine gratis durante un ano.

06/02/2006 (La Voz de Galicia)

martes, 11 de diciembre de 2012

Cine fórum "Novelando a presión social"


A asociación veciñal O Tesón organizou para os venres de novembro de 2012 o ciclo de cine “Novelando a presión social”, coa proxección das películas La ola, Network, Un mundo feliz e El acorazado Potemkin.


A actividade, ao igual que en anteriores ocasións, consistiu nunha breve introducción da película, a proxección da mesma e un debate sobre os temas tratados.
O ciclo desenvolveuse na Casa do Mar e a entrada foi gratuita.

30/10/2012 (La Voz de Galicia)

PELÍCULAS:

Venres 9 novembro 2012: 
La ola (2008) Dennis Gansel

Venres 16 novembro 2012: 
Network (1976) Sidney Lumet

Venres 23 novembro 2012: 
El acorazado Potemkin (1925) Sergei Eisenstein

Venres 30  novembro 2012: 
Un mundo feliz (1998) Leslie Libman e Larry Williams
  
(Nun principio, estaba planeado que o día 23 se proxectase Un mundo feliz e o 30 El acorazado Potemkin, pero finalmente foron ao revés. Por este motivo, a data do cartel de Un mundo feliz non coincide).

lunes, 10 de diciembre de 2012

1952: Directores


En 1952, en Ribadeo puideron verse dúas das películas máis coñecidas de Víctor Fleming: Dos en el cielo e Juana de Arco, que xa fora estreada na vila uns anos antes.

VICTOR FLEMING (1889 – 1949)

Victor Fleming foi un cineasta norteamericano, director dalgunhas das películas máis destacadas da historia da sétima arte.
O seu primeiro contacto co mundo do cine foi como dobre, conducindo coches en escenas de acción.
Posteriormente comezou a traballar como cámara nalgúns filmes de Douglas Fairbanks e en Intolerancia (1916), de Griffith.
Tamén foi cámara persoal do presidente estadounidense Wilson durante a Conferenia de Paz de París de 1919.
O seu debut como director foi con When the clouds roll by (1919), pero o éxito chegoulle con The Virginian (1929), que converteu a Gary Cooper nunha estrela de Hollywood.
Entre a súa filmografía tamén se atopan grandes títulos como Capitanes intrépidos (1937) e El mago de Oz (1939).
Ademais, Fleming foi o encargado de rematar Lo que el viento se llevó (1939), sendo o único dos directores que traballaron nela (Sam Wood e George Cukor tamén rodaron algunhas partes) que aparece nos créditos. Por esta película recibiu o Oscar á mellor dirección en 1939.
Todas as súas obras seguintes foron grandes éxitos de taquilla, entre as que destaca Dos en el cielo (1943), protagonizada por Spencer Tracy. A única que non obtivo os resultados esperados foi Juana de Arco (1948), que ademais foi o último filme que Fleming dirixiu antes de morrer.

Víctor Fleming co Oscar á mellor dirección por Lo que el viento se llevó

domingo, 9 de diciembre de 2012

Xullo de 1952

Carteleira de xullo de 1952:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Colón

Dos en el cielo (1943) Víctor Fleming
28/06/1952 (Las Riberas del Eo)

   - Cine Teatro

El joven Edison (1940) Norman Taurog
28/06/1952 (Las Riberas del Eo)

jueves, 6 de diciembre de 2012

Xuño de 1952

A carteleira de xuño de 1952 é a seguinte:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Colón

A punta de látigo (1949) Alejandro Perla
28/06/1952 (Las Riberas del Eo)

   - Cine Teatro

Furia del Trópico (1949) André De Toth
28/06/1952 (Las Riberas del Eo)

martes, 4 de diciembre de 2012

Abril de 1952

Carteleira de abril de 1952:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

  - Cine Colón

Hechizo (1948) Irving Reis
29/03/1952 (Las Riberas del Eo)

  - Cine Teatro
Opio (1948) Robert Stevenson
29/03/1952 (Las Riberas del Eo)

lunes, 3 de diciembre de 2012

Marzo de 1952

Carteleira de marzo de 1952:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULA:

  - Cine Colón

El pistolero (1950) Henry King

29/03/1952 (Las Riberas del Eo)


  - Cine Teatro

Debla, la virgen gitana (1951) Ramón Torrado 

29/03/1952 (Las Riberas del Eo)

domingo, 2 de diciembre de 2012

Febreiro de 1952

Neste mes, a película Juana de Arco proxectouse de novo no cine Colón, como xa se fixera en 1950.

A carteleira de febreiro de 1952:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Colón

Juana de Arco (1948) Víctor Fleming

02/02/1952 (Las Riberas del Eo)
03/02/1952 (La comarca del Eo)

Barry, héroe del San Bernardo (1949) Richard Pottier

03/02/1952 (La comarca del Eo)


  - Cine Teatro

La gran pasión (1946) Frank Borzage

02/02/1952 (Las Riberas del Eo)

sábado, 1 de diciembre de 2012

Xaneiro de 1952

No ano 1952, en Ribadeo seguía habendo dous cines: o Colón e o Teatro.

Esta foi a carteleira de xaneiro de 1952:

Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Teatro 

La rosa negra (1950) Henry Hathaway 

El huerfanito (1948) Hanna & Barbera

06.01.1952 (La Comarca del Eo)

Canción inolvidable (1945) Charles Vidor

13.01.1952 (La Comarca del Eo)

La carga de la Brigada Ligera (1936) Michael Curtiz

20.01.1952 (La Comarca del Eo)

Un día en Nueva York (1949) Stanley Donen e Gene Kelly

27.01.1952 (La Comarca del Eo)
26/01/1952 (Las Riberas del Eo)
   - Cine Colón 

Ambiciosa (1947) Otto Preminger 

06.01.1952 (La Comarca del Eo)

06.01.1952 (La Comarca del Eo)

06.01.1952 (La Comarca del Eo)

06.01.1952 (La Comarca del Eo)

06.01.1952 (La Comarca del Eo)

Una cubana en España (1951) Luis Bayón Herrera 

Pensionado de Señoritas (1941) Friedrich Dammann

13.01.1952 (La Comarca del Eo)

Los inconquistables (1947) Cecil B. DeMille

20.01.1952 (La Comarca del Eo)
13.01.1952 (La Comarca del Eo)

Pánico en las calles (1950) Elia Kazan 

27.01.1952 (La Comarca del Eo)

26.01.1952 (Las Riberas del Eo)