miércoles, 31 de julio de 2013

Taquillas

Aquí van unhas fotos das taquillas dos cines de Ribadeo na actualidade. Evidentemente, falta a do Galaxia.

Cine Colón


Cine Teatro


Cines Cinelandia


viernes, 26 de julio de 2013

Ribadeo e o NO-DO

No Teatro e no Colón, ao igual que no resto dos cines do país, a proxección do NO-DO foi obrigatoria durante a ditadura franquista.

01/10/1955 (Las Riberas del Eo)
26/11/1955 (Las Riberas del Eo)
18/02/1956

O NO-DO, acrónimo de Noticiarios e Documentais, foi creado con fins propagandísticos polo réxime franquista en 1942, aínda que se proxectou por primeira vez o 4 de xaneiro de 1943.

En 1975, tras a morte de Franco, deixou de ser obrigatoria a súa proxección, pero o noticiario seguiu producíndose ata 1981.


Rtve e a Filmoteca Española crearon un arquivo on line onde están colgados moitos números do NO-DO. 

Ao consultar dito arquivo, podemos ver tres ocasións nas que Ribadeo saíu no NO-DO:

- 12 de xullo de 1948: Etapa Gijón - Ribadeo da VIII Volta Ciclista a España.

- 8 de setembro de 1958: Franco inaugura o Instituto Laboral e o Parador de Turismo.

- 16 de agosto de 1965: Fraga, ministro de Información e Turismo, inaugura o monumento ao gaiteiro en Santa Cruz.

Neste vídeo podedes ver só as dúas últimas noticias:


martes, 23 de julio de 2013

As meniñas de Saudade

En 1964, os equipos cinematográficos do Ministerio de Información e Turismo estiveron en Ribadeo para filmar ás gaiteiras do grupo Saudade. Tamén gravaron en Santa Cruz e no Parador de Turismo.

20/06/1964 (Las Riberas del Eo)

Saudade naceu da man dos irmáns Suárez Couto a principios dos anos 60. Foi o primeiro grupo de gaitas de Galicia, e probablemente de toda España, formado exclusivamente por mulleres.

(Foto: Facebook Ribadeo)

As meniñas de Saudade aparecen en diversos documentais e reportaxes. En 1964, foron gravadas en Betanzos para o documental Así es Galicia, dirixido por Santos Núñez.


Tamén apareceron no documental Galicia insólita, no NO-DO e nalgúns programas da TVG, como por exemplo, no Luar.

Saudade no Luar
(Foto: Facebook As meniñas da Saudade
merecen que Ribadeo teña unha rúa co seu nome)

miércoles, 17 de julio de 2013

1964: A televisión chega a Ribadeo

O mércores 29 de xaneiro de 1964, comezou a verse a televisión en Ribadeo, como indica o seguinte artigo de Las Riberas del Eo:

01/02/1964 (Las Riberas del Eo)

Aínda que as primeiras emisións regulares de Televisión Española xa comezaran en Madrid o 28 de outubro de 1956, en Galicia a televisión non chegou ata o ano 1961.

28/06/1961 (ABC)

A popularización da televisión tivo consecuencias negativas na industria do cine en xeral, especialmente debido á perda de espectadores nas salas.
Por sorte, e ao contrario do que ocorreu en numerosas vilas, Ribadeo seguiu contando con dous cines nos anos 60: o Colón e o Teatro.

viernes, 12 de julio de 2013

Os videoclubes que houbo en Ribadeo (Parte I)

Nas últimas décadas houbo en Ribadeo varios lugares nos que se podían alugar películas. Os máis recentes foron:

MULTITIENDA TERESA
Durante algún tempo, houbo en Teresa unha máquina de Videomatic para a distribución automática de DVD.
Na parte esquerda desta foto aínda se poden ver as marcas do espazo no que se anunciaban as últimas estreas:


Para poder alugar era necesario ter unha tarxeta de socio con saldo, que se podía recargar a través da propia máquina. 

Tarxeta de socio

Despois só había que escoller a película de entre todas as dispoñibles no catálogo. A devolución tamén se facía automáticamente a través da máquina.

Exemplo de pantalla dunha máquina Videomatic

GARDEN
No Garden tamén houbo unha máquina de Videomatic como a de Teresa.
Nesta foto, sacada de Google Maps, aínda se poden ver o caixeiro de Videomatic e a carteleira das películas dispoñibles. Posteriormente, o Garden foi reformado e na actualidade na súa fachada non queda nada disto:


O procedemento para alugar películas era exactamente igual que o de Teresa e por suposto, era necesario ter unha tarxeta de socio.

Tarxeta de socio

MUNDI VIDEO
Neste establecemento, un videoclub propiamente dito, podíanse alugar películas e videoxogos. Nel tamén se vendían lambonadas e DVD.



O precio do aluguer estaba aproximadamente entre os 2 e 3 euros, dependendo de se as películas eran de estrea ou non.
Estantería de Mundi Video
Para poder alugar, era necesario facerse socio, pagando unha cota de inscripción. Aquí non había unha tarxeta, senón que bastaba con dicir o número de DNI para poder levar as películas.

Impreso de inscripción de socios

Mundi Video, que estaba situado na Avenida de Galicia, pechou as súas portas a principios de 2013, despois de máis de 5 anos aberto.

Portadas de revistas que había frecuentemente en Mundi Video

O PORTUGUÉS
Na actualidade, soamente existe un lugar no que se poden seguir alugando películas: o portugués.


* Actualización:
En 2014, o videoclube do portugués pechou, deixando a Ribadeo sen ningún lugar onde poder alugar películas.



E ti, lembras outros videoclubes en Ribadeo? Tes fotos ou outra información deles? Se é así, axúdame a completar esta entrada! 

jueves, 11 de julio de 2013

The Kid no VII Curso temático sobre educación infantil da Mariña

Os días 29 e 30 de xuño de 2013 celebrouse en Ribadeo o VII Curso temático sobre educación infantil da Mariña.
O programa de actividades incluíu a proxección no Teatro da película The Kid, de Charles Chaplin.



A proxección estivo acompañada da actuación en directo do pianista Fran Rey.

Foto: Twitter @RibadeoMuller
Foto: Facebook Ribadeo Muller

El Chico (1921) Charles Chaplin

Edna, unha muller moi pobre, vese obrigada a abandonar ao seu fillo na casa duns millonarios pero, por unha serie de incidentes, o neno é acollido por un vagabundo que decide adoptar e criar ao neno.
Uns anos despois, Edna, convertida nunha popular cantante, está disposta a recuperar ao seu fillo...


martes, 9 de julio de 2013

Decembro de 1955: Doña Francisquita

O 28 de decembro de 1955, no cine Teatro proxectouse, a beneficio da Banda de Música de Ribadeo, a película Doña Francisquita, protagonizada por Mirtha Legrand e Armando Calvo:

14/01/1956 (Las Riberas del Eo)

Doña Francisquita (1952) Ladislao Vajda

Francisquita ama en segredo a Fernando, pero el está namorado de Aurora, unha muller que coquetea con todos os homes. Da vida de Fernando sabe moito o seu bo amigo Cardona, quen decide axudar a Francisquita, aínda que para iso teña que enredalo todo...

lunes, 8 de julio de 2013

Xaneiro de 1956: La túnica sagrada

Os días 22, 23 e 24 de xaneiro de 1956 proxectouse no Colón a película La túnica sagrada, protagonizada por Richard Burton e Jean Simmons:

14/01/1956 (Las Riberas del Eo)
21/01/1956 (Las Riberas del Eo)

La túnica sagrada foi o primeiro filme estreado en Cinemascope:

14/01/1956 (Las Riberas del Eo)

La túnica sagrada (1953) Henry Koster

Marcelo Galio é un tributo romano que se enemista co futuro emperador Calígula pola compra dun escravo e ademais, os dous son rivais polo amor da fermosa Diana. 
Calígula, sucesor do emperador Tiberio, castiga a Marcelo enviándoo como tributo a Xerusalén. Alí, Marcelo ten a misión de supervisar a crucifixión de Xesús de Nazaret e a súa vida cambiará para sempre cando a túnica de Cristo chega ás súas mans...


sábado, 6 de julio de 2013

Vistavisión nos cines de Ribadeo

A finais dos 50 e principios dos 60, algunhas das películas que pasaron polo Colón e o Teatro estaban en Vistavisión:

31/12/1960 (Las Riberas del Eo)
14/04/1962 (Las Riberas del Eo)

De feito, en 1956, proxectouse no Colón a primeira película rodada en Vistavisión, Navidades Blancas, dirixida por Michael Curtiz e estreada en 1954:




28/01/1956 (Las Riberas del Eo)

O Vistavisión foi creado por traballadores da Paramount como resposta á invención do Cinemascope da man da 20th Century Fox.
A peculiaridade deste sistema é que o negativo non pasa pola cámara de forma vertical, senón horizontalmente. Ademais, proporciona unha gran nitidez e calidade de imaxe.
O número de perforacións por fotograma increméntase, pasando de 4 a 8, polo que a área de negativo empregada tamén é maior.
O Vistavisión non utilizaba lentes anamórficas que comprimisen a imaxe do negativo e a relación de aspecto podía variar, a gusto do exhibidor, entre 1.66:1 e 1.96:1.

Os cines tiñan que cambiar os proxectores para poder usar os negativos horizontais e como a maioría dos exhibidores non adaptaron os seus aparellos, a Paramount empezou a estrear as súas películas en Vistavisión, en reducción a 35 mm convecionais, sen que isto afectase á calidade da imaxe.

Nos anos 50, Hitchcock rodou en Vistavión algunhas das súas películas, como por exemplo, Vértigo e Con la muerte en los talones.
Na década dos 60, en Hollywood deixou de empregarse este sistema, que continuou vixente en moitos filmes europeos e xaponenes.
En 1977, George Lucas recuperou o Vistavisión para algunhas escenas de Star Wars pola súa gran calidade visual. Desde entón, é frecuente o seu uso en películas con escenas con efectos especiais, como por exemplo nas sagas de Indiana Jones, Harry Potter, Spider Man e Men in black, entre outras.


viernes, 5 de julio de 2013

1956: Navidades blancas

A principios de 1956, proxectouse no Colón a película Navidades blancas, dirixida por Michael Curtiz e protagonizada por Bing Crosby e Danny Kaye.

28/01/1956 (Las Riberas del Eo)

28/01/1956 (Las Riberas del Eo)
28/01/1956 (Las Riberas del Eo)
28/01/1956 (Las Riberas del Eo)
28/01/1956 (Las Riberas del Eo)
28/01/1956 (Las Riberas del Eo)
28/01/1956 (Las Riberas del Eo)
28/01/1956 (Las Riberas del Eo)

Navidades blancas (1954) Michael Curtiz

Ao rematar a Segunda Guerra Mundial, Bob e Phil, dous cantantes e bailaríns, deciden unirse e triunfan facendo números musicais. Así coñecen a unha parella de irmás que se dedican ao mesmo.
Todos xuntos viaxan a Vermont e van parar a un hotel que ten graves problemas financieiros. 
Cando Bob e Phil descobren que o hotel no que se aloxan pertence ao seu antigo xefe no exército, deciden axudarlle facendo o que mellor saben facer...