lunes, 29 de septiembre de 2014

Os videoclubes que houbo en Ribadeo (Parte II)

Xa recordamos noutra ocasión algúns dos videoclubes que houbo en Ribadeo, pero ademais daqueles (o de Multitienda Teresa, Mundivideo, o do Garden e o do Portugués), na nosa vila houbo outros lugares nos que alugar DVDs:

O VIDEOCLUBE DOS DE CUÉTARA
Este videoclube, que xa pechou hai máis de 15 anos, estaba situado no local onde hoxe se atopa o Rockuncho, na rúa do Viejo Pancho.


No grupo de Facebook Non eres de Ribadeo si..., son varios os veciños que recordan este lugar:


(Se recordas o nome correcto deste videoclube, deixa un comentario para poder correxir a información)


CYBER VIDEO PLAY 
No Cantón, houbo durante algún tempo un pequeno cyber onde tamén se podían alugar DVDs.

Foto de cando o negocio ainda estaba aberto

Foto do lugar na actualidade

jueves, 25 de septiembre de 2014

Un ollo de vidro: Ciclo de cine clásico de terror

Durante o mes de agosto de 2014, celebrouse en Ribadeo un ciclo de cine clásico de terror. As proxeccións tiveron lugar todos os luns do mes ás 22.30h.


As películas proxectadas foron:

Luns 28 de xullo

NOSFERATU (1922) F. W. Murnau



Luns 4 de agosto

O GABINETE DO DOUTOR CALIGARI (1920) Robert Wiene



Luns 11 de agosto

A PEQUENA TENDA DOS HORRORES (1960) Roger Corman



Luns 18 de agosto 

DEMENCIA 13 (1963) Francis Ford Coppola



Luns 25 de agosto 

A NOITE DO MORTOS VIVINTES (1968) George A. Romero


lunes, 15 de septiembre de 2014

Concha Velasco nos cines ribadenses

Nos anos 60, moitas das películas protagonizadas por Concha Velasco pasaron polas pantallas dos cines ribadenses.



Mi noche de bodas (1961) Tulio Demicheli 

24/11/1962 (Las Riberas del Eo)

17/11/1967 (Las Riberas del Eo)

Festival en Benidorm (1961) Rafael J. Salvia 

02/03/1962 (Las Riberas del Eo)

La boda era a las doce (1964) Julio Salvador

01/08/1964 (Las Riberas del Eo)

Casi un caballero (1964) José María Forqué

26/08/1967 (Las Riberas del Eo)

Viaje de novios a la italiana (1965) Mario Amendola 

16/09/1967 (Las Riberas del Eo)
17/06/1967 (Las Riberas del Eo)

domingo, 14 de septiembre de 2014

Ribadeo e as curtas: Vino de moras

O pasado sábado 13, proxectouse no Teatro a curtametraxe Vino de moras, dirixida por Juan José Bors e na que participa Laura Fernández, veciña de Ribadeo.



Vino de moras (2014) Juan José Bors

Verán de 1982. Tere ensaia unha obra de teatro cun grupo de afeccionados: será Puck no "Soño dunha noite de verán". Andrea é a súa rival e están namoradas do mesmo rapaz: Rafa.
Ana Belén axuda a Andrea a elaborar un filtro amoroso, aínda que non está segura de conservar os seus "poderes" desde que ten a mestruación.
Alex, cómodo no seu papel de malo, négase a recoñecer que lle gusta Andrea.
Completan o grupo de amigos o torpe R2 (leal compañeiro de Alex), Pablo (o irmán pequeno de Rafa) e Tim, un can que parece saído das aventuras de Los Cinco.
Pero falta Dani, desaparecido misteriosamente despois de ser vítima dunha broma cruel dos seus amigos...

Foto: Facebook Vino de moras




E para saber máis sobre a curta, podedes visitar o seu perfil en Facebook.

viernes, 12 de septiembre de 2014

Cinelandia no libro das festas de 2014

Entre todos os anuncios que apareceron no libro das festas patronais deste ano 2014, estaba o de Cinelandia, o cine que hai en Ribadeo na actualidade:



Cartel das festas patronais 2014


Pincha aquí se queres ver o anuncio do Colón no libro das festas de 1953.

jueves, 4 de septiembre de 2014

Ribadeo e o cine: ENCALLADOS

O martes 26 de agosto, proxectouse no cine Teatro a película Encallados, dirixida por Alfonso Zarauza e protagonizada por Xulio Abonjo, Ricardo Barreiro e Federico Pérez.
Encallados, rodada en 16 mm e en branco e negro, é un bo exemplo de metacine, cine dentro do cine, cunha estrutura circular e onde ficción e realidade chegan a confundirse.




Encallados (2014) Alfonso Zarauza

Un director de cinema chama a dous amigos guionistas para escribir un filme sobre a catástrofe do Prestige con poucos medios e nun prazo inminente.
Os tres acaban, como o propio petroleiro, encallados ante a imposibilidade de levar a cabo a súa historia.



Para saber máis sobre Encallados podedes visitar a súa web