lunes, 29 de abril de 2013

Artigos de cine: "Lo del cine: ¡Bien por la empresa!"

En 1920, publicouse en Las Riberas del Eo o seguinte artigo, no que se fai referencia a unha das sesións de cine no Teatro:

27/11/1920 (Las Riberas del Eo)

jueves, 25 de abril de 2013

Artigos de cine: "Cine na aldea"

En 1928, publicouse en Las Riberas del Eo o seguinte relato, escrito por Isaac de Montenegro:



20/10/1928 (Las Riberas del Eo)

lunes, 22 de abril de 2013

Os cines de Ribadeo en Cines de Galicia

Cines de Galicia, de José Luis Cabo e Jesús Ángel Sánchez García, é un libro publicado pola Fundación Barrié de la Maza no que se fai un percorrido pola historia das salas de cine en Galicia, desde os seus incios ata a actualidade.

Portada de Cines de Galicia

Os cines de Ribadeo están presentes no libro, aínda que, lamentablemente, algúns dos datos indicados non son de todo correctos, polo que neste post tratarei de aclarar e corrixir parte desa información.

A publicación inclúe unha recopilación de máis de 800 cines de Galicia, dos que se indican o seu nome, a súa ubicación (localidade e rúa na que se atopa), o arquitecto do edificio e as datas de inauguración e clausura das salas.
No caso de Ribadeo, figuran seis cines: Eo, Galaxia, Teatro Principal, Cine Teatro Ribadeo, Colón e Cinelandia, é aquí onde xa se atopan os erros fundamentais.

En canto ao salón Eo, tamén coñecido como salón Morán, hai que indicar que foi inaugurado no ano 1934 e posteriormente convertiuse no cine Galaxia. Aínda que non se coñece a data precisa da súa clausura, segundo os datos recollidos, pódese afirmar que probablemente pechou en torno a 1940.

O salón Eo en Cines de Galicia

O Galaxia en Cines de Galicia


Por outra banda, contan o Teatro Principal e o cine Teatro Ribadeo como se fosen dúas salas diferentes, cando en realidade, son a mesma en distintas épocas. Ademais, na foto pódese ver que ubican o cine Teatro Ribadeo nuns edificios nos que nunca houbo ningún cine e explican que a clausura da sala foi en 2005 ou 2006. Se nos fixamos, esta data aproxímase bastante á do peche do cine Teatro: o 23 de maio de 2003.

O Teatro Principal en Cines de Galicia

O cine Teatro Ribadeo en Cines de Galicia

En canto á información do cine Colón, están bastante acertados, pero postos a corrixir e tendo en conta os anuncios de Las Riberas del Eo, hai que puntualizar que non se inaugurou o día 23 de agosto, senón o domingo 21.

O Colón en Cines de Galicia

20/08/1949 (Las Riberas del Eo) 


No que se refire a Cinelandia, indican que pechou en 2011, o que tamén é un erro, xa que por fortuna, na actualidade (e esperemos que por moito tempo) aínda podemos desfrutar deste cine en Ribadeo.

Cinelandia en Cines de Galicia

Polo tanto, sería máis axeitado afirmar que en Ribadeo existiron os seguintes cines ao longo da historia: o salón Eo ou salón Morán, que posteriormente se converteu no Galaxia; o Teatro Principal, que tamén se coñeceu como cine Teatro; o Colón e Multicines Cinelandia

De todos os xeitos e a pesar de que lendo esta entrada poida parecer o contrario, recoméndolle a todos os que teñan a ocasión, que lle boten un vistazo ao libro, xa que nos permite ter unha idea global da historia dos cines galegos. Ademais, merece a pena ver as numerosas fotografías que inclúe e que nos axudan a lembrar moitos dos nosos cines, que por desgracia xa non se conservan porque foron derruídos, están abandonados ou destinados a outros usos.

E para rematar esta entrada, deíxovos aquí a imaxe que pecha o libro:


domingo, 21 de abril de 2013

Xaneiro de 1950: El último beso

O 1 e 2 de xaneiro de 1950, proxectouse no Colón a película El beso de la muerte, dirixida por Henry Hathaway e protagonizada por Victor Mature, Brian Donlevy e Richard Widmark.


31/12/1949 (Las Riberas del Eo)
31/12/1949 (Las Riberas del Eo)

El beso de la muerte (1949) Henry Hathaway

Nick Bianco, un delincuente casado e con dúas fillas, é ferido e detido durante o asalto a unha xoiería. Louis D'Angelo, o fiscal do distrito, ofrécelle a posibilidade de reducir a súa condena se delata aos seus camaradas, pero Nick négase.
Cando xa leva tres anos no cárcere, Bianco entérse de que a súa muller se suicidou e as súas fillas están nun orfanato, polo que decide dar os nomes dos seus cómplices. O fiscal pídelle tamén que se infiltre nunha banda e lle axude a capturar ao asasino Tommy Udo, polo que este intentará vingarse de Nick Bianco...


jueves, 18 de abril de 2013

Xullo de 1950: Nido de víboras

A finais de xullo de 1950, os espectadores do Colón puideron ver o filme Un nido de víboras, protagonizado por Olivia de Havilland e Mark Stevens.

29/07/1950 (Las Riberas del Eo)
29/07/1950 (Las Riberas del Eo)

Nido de víboras (1948) Anatole Litvak

Virginia é unha xove escritora que acaba de prometerse cun aposto editor chamado Robert Cunningham. Todo parece ir sobre rodas cando, inesperadamente, ela desaparece durante tres meses. Unha tarde, Robert e Virginia atópanse e ante o medo de perdela de novo, el convéncea para que vaia ao psiquiatra e solucione os seus problemas emocionais.
Ao parecer, algo ocorrido no pasado ten que ver co seu comportamento temeroso cos homes e co seu permanente sentimento de culpabilidade.
Internada nun centro de saúde mental, a moza ve no doutor Mark Kik o seu posible salvador...

miércoles, 17 de abril de 2013

Setembro de 1950: Una vida marcada

Os días 3 e 4 de setembro de 1950, proxectouse no Colón a película Una vida marcada, protagonizada por Victor Mature, Richard Conte e Fred Clark.

02/09/1950 (Las Riberas del Eo)

02/09/1950 (Las Riberas del Eo)


Una vida marcada (1948) Robert Siodmak

O gánster Martin Rome recupérase nun hospital penitenciario das feridas sufridas durante un tiroteo que deixou a un policía morto. Aproveitando a situación, Niles, o avogado doutro criminal, pretende culpalo dun roubo nunha xoiería no que morreu unha muller.
Rome decide entón escapar do hospital, polo que Candelle, tenente de policía e amigo de infancia do gánster, deberá investigar os dous casos e decidir se Martin é ou non é culpable...

martes, 16 de abril de 2013

1957: Directores

En 1957, pasaron pola pantalla do Colón algunhas das películas de dous directores fundamentais na historia do cine español: Jose Antonio Bardem e José María Forqué:

JUAN ANTONIO BARDEM (1922 – 2002)

Juan Antonio Bardem foi un director de cine español, pertencente a unha familia moi vencellada ao mundo da interpretación: era fillo dos actores Rafael Bardem e Matilde Muñoz Sampedro, irmán de Pilar Bardem e tío de Carlos e Javier Bardem.
Titulouse como enxeñeiro agrónomo, aínda que posteriormente decidiu estudar no Instituto de Investigacións e Experiencias Cinematográficas. Foi aquí onde coñeceu a Luis García Berlanga e xuntos dirixiron Esa pareja feliz (1951) e ¡Bienvenido, Mister Marshall! (1953), unha das películas clave da historia do cine español.
Tamén dirixiu filmes como Cómicos (1953), Muerte de un ciclista (1955) e Calle Mayor (1956).
Debido a problemas coa censura e á súa militancia no Partido Comunista, a súa produción diminuiu notablemente nos anos 60 e 70.
Mención especial merece a súa asistencia ás Conversas de Salamanca, celebradas en 1955, onde a industria do cine se reuniu para analizar a situación do sector.
Alí Bardem pronunciou o famoso pentagrama co que definiu o cine español como:
“políticamente ineficaz,
socialmente falso,
intelectualmente ínfimo,
estéticamente nulo e
industrialmente raquítico”

Luis García Berlanga e Juan Antonio Bardem
  
JOSE MARÍA FORQUÉ (1923 – 1995)

Foi un director de cine español e fundador, en 1967, da produtora Orfeo Films.
A súa primeira película foi Niebla y sol (1951).
Na súa extensa filmografía, onde destacan especialmente as comedias, atópanse títulos como La legión del silencio (codirixida con Nieves Conde en 1955), Embajadores en el infierno (1956), Amanecer Puerta Oscura (1957), Maribel y la extraña familia (1960), Atraco a las tres (1962) e Tengo 17 años (1964), entre outros.
Nos 80, realizou varias series para televisión: El español y los siete pecados, Ramón y Cajal, etc.
En 1995, poucos meses antes da súa morte, Forqué recibiu o Goya de honra pola súa traxectoria. Un ano despois, EGEDA creou os premios José María Forqué, para honrar a figura do que fora o primeiro presidente de dita entidade.
Como curiosidade, hai que mencionar que José María Forqué era o pai da actriz Verónica Forqué e do director Álvaro Forqué.

José María Forqué coa súa filla, a actriz Verónica Forqué, tras recibir o Goya de honra


Ademais das películas de Bardem e Forqué, en 1957 os espectadores ribadenses tamén tiveron a ocasión de ver filmes doutros directores como Pedro Lazaga.
Este cineasta sería máis coñecido nas décadas dos 60 e 70 por dirixir filmes como Sor Citroën (1967), Vente a Alemania, Pepe (1971) ou ¡Vaya par de gemelos! (1978), entre moitas outras.

domingo, 14 de abril de 2013

Decembro de 1957

Esta é a carteleira de decembro de 1957:
Pinchar na imaxe para vela en grande
PELÍCULAS:

   - Cine Colón:

Huida hacia el sol (1956) Roy Boulting

30/11/1957 (Las Riberas del Eo)

Candilejas (1952) Charles Chaplin

07/12/1957 (Las Riberas del Eo)
Miguel Strogoff (1956) Carmine Gallone

Romeo y Julieta (1954) Renato Castellani

21/12/1957 (Las Riberas del Eo)

El gran delito (1954) Kurt Neumann

28/12/1957 (Las Riberas del Eo)

jueves, 11 de abril de 2013

Novembro de 1957

Carteleira de novembro de 1957:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Colón

Brigadoon (1954) Vicente Minnelli

02/11/1957 (Las Riberas del Eo)

La legión del silencio (1956) José Antonio Nieves Conde e José María Forqué

09/11/1957 (Las Riberas del Eo)

La hija del embajador (1956) Norman Krasna

16/11/1957 (Las Riberas del Eo)

Calle Mayor (1956) Juan Antonio Bardem

Antes de Calle Mayor proxectouse Otra vez campeones, reportaxe sobre a victoria do Real Madrid na Copa de Europa de fútbol de 1956-1957

23/11/1957 (Las Riberas del Eo)

miércoles, 10 de abril de 2013

Setembro de 1957

A carteleira de setembro de 1957 é a seguinte:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Colón

La panadera y el emperador (1955) Ernst Marischka

07/09/1957 (Las Riberas del Eo)

Camelia (1953) Roberto Gavaldón

14/09/1957 (Las Riberas del Eo)
(Desculpade a mala calidade desta foto)

martes, 9 de abril de 2013

Agosto de 1957

Carteleira de agosto de 1957:
Pinchar na imaxe para vela en grande
PELÍCULAS:

   - Cine Colón:

El prisionero del rey (1954) Giorgio Rivalta

03/08/1957 (Las Riberas del Eo)

Si no amaneciera (1941) Mitchell Leisen

Se vos fixades no anuncio, a proxección vai acompañada dun avance das películas en Vista Visión da Paramount e por suposto, do NO-DO.

Un divorcio (sen datos)

Singoalla (1949) Christian - Jacque

24/08/1957 (Las Riberas del Eo)
24/08/1957 (La Comarca del Eo)

lunes, 8 de abril de 2013

Xullo de 1957

A carteleira de xullo de 1957 é a seguinte:
Pinchar na imaxe para vela en grande
PELÍCULAS:

   - Cine Colón

Torrepartida (1956) Pedro Lazaga

20/07/1957 (Las Riberas del Eo)

domingo, 7 de abril de 2013

Xuño de 1957

Esta é a carteleira de xuño de 1957:
Pinchar na imaxe para vela en grande
PELÍCULAS:

   - Cine Colón

Tarde de toros (1956) Ladislao Vajda

Mr. Arkadin (1955) Orson Welles

Corazón de hielo (1950) Gordon Douglas

06/06/1957 (Las Riberas del Eo)

viernes, 5 de abril de 2013

Abril de 1957

Abril de 1957 comezou coa proxección no Colón de Embajadores en el infierno, que xa se vira por primeira vez no mes de marzo:
Pinchar na imaxe para vela en grande
PELÍCULAS:

   - Cine Colón

Embajadores en el infierno (1956) José María Forqué

30/03/1957 (Las Riberas del Eo)

jueves, 4 de abril de 2013

Marzo de 1957

Carteleira de marzo de 1957:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Colón

La vida es maravillosa (1956) Pedro Lazaga

Mi tío Jacinto (1956) Ladislao Vajda

16/03/1957 (Las Riberas del Eo)

Embajadores en el infierno (1956) José María Forqué

Antes desta película, na pantalla do Colón proxectáronse o NO-DO e a peza Clavel de España, como indica o seguinte anuncio:

30/03/1957 (Las Riberas del Eo)