viernes, 22 de mayo de 2015

#OligopolyOFF

O pasado 6 de maio, proxectouse na Tenda Bar Amodiño o documental #OligoplyOFF: empieza la revolución energética ciudadana, dirixido por Alba del Campo, producido pola plataforma Nuevo Modelo Energético e financiado colectivamente.



Este documental, que se estreou simultáneamente en varias localidades, analiza o problema da pobreza enerxética, a situación actual da política enerxética española e presenta alternativas cidadás para a democratización da enerxía.




martes, 19 de mayo de 2015

O audiovisual nos programas electorais ribadenses (Maio 2015)

O próximo domingo 24 de maio celébranse eleccións municipais e estes días os cinco partidos que optan á alcaldía de Ribadeo (BNG, PSOE, PP, Ciudadanos e Ribadeo en Común) están dando a coñecer os seus programas. 

Programas electorais dos partidos

A continuación analízase a presenza do audiovisual e o cine en ditos programas:


BNG

Entre as súas medidas relacionadas coa cultura, o BNG propón a creación dos "Venres de cine alternativo" e dun evento específico para o mundo do audiovisual:



PSOE

Entre as 100 propostas do PSOE, hai algunhas que poden relacionarse coa cultura, como por exemplo, a creación de bonos culturais ou dun Centro Multiúsos para dar servizo a asociacións culturais, pero ningunha delas fai referencia ao audiovisual ou a calquera outra actividade cultural específica.

PP

Entre as súas propostas culturais, o PP menciona o apoio a sociedades culturais e promete poñer locais municipais a disposición das asociacións socioculturais, pero non fai ningún tipo de referencia ao audiovisual.

CIUDADANOS

No seu programa, Ciudadanos promete "dar cobertura a todo acto cultural", aínda que non fai referencia directa ao audiovisual.



RIBADEO EN COMÚN

Ante a imposibilidade de consultar o programa de Ribadeo en Común, tan só se pode destacar que o seu apoio ás actividades relacionadas co audiovisual queda patente con iniciativas como esta: a proxección de curtas no rural durante a precampaña:

(Foto: Facebook Ribadeo en Común)



Agardamos que gañe quen gañe, o audiovisual e o cine non deixen de estar presentes na vida cultural ribadense.


Os datos para realizar esta análise foron extraídos das seguintes fontes:
- Programas electorais do BNG, PSOE, PP e Ciudadanos (en papel e no caso do PSOE, na súa web).

jueves, 14 de mayo de 2015

Os cines no plano de Ribadeo

No seguinte plano de Ribadeo de 2008, deseñado e ilustrado por Chencho Pardo Valdés, aparecen debuxados os cines Teatro e Colón:




Cine Teatro:



Cine Colón:




miércoles, 13 de mayo de 2015

Cinelandia e a Festa do Cine (Maio 2015)

Un ano máis, Cinelandia participa na Festa do Cine, que se celebra os días 11, 12, 13 e 14 de maio.



O prezo das entradas é de 2'90€  e as películas proxectadas son: Astérix: La residencia de los dioses, La oveja Shaun. La película, Los Vengadores. La era de Ultrón e El maestro del agua.


martes, 5 de mayo de 2015

Artigos de cine: "Paisajes de Asturias calcula que iniciará la conversión del Cine Colón tras el verano"

Segundo informa este artigo, publicado en El Progreso a semana pasada, Paisajes de Asturias ten a intención de comezar as obras do Colón despois do verán:

30/04/2015 (El Progreso)
(Pinchar na imaxe para vela en grande)

O Colón visto desde a Torre dos Moreno
(Foto: El Progreso)