martes, 29 de octubre de 2013

1933: Aínda non hai cine en Ribadeo

En setembro de 1933, Las Riberas del Eo publicou o seguinte artigo, no que se informa da chegada do cine sonoro a Viveiro:

09/09/1933 (Las Riberas del Eo)


Nel, tamén se fai referencia a Ribadeo, onde "nin un mal barracón temos para sala de espectáculos e iso que existe unha poboación na vila capaz de soster coa súa asistencia un teatro ou un cine".

Pero esta situación pronto cambiou, xa que en 1934 abriron varios salóns de cine sonoro e de espectáculos en Ribadeo, como por exemplo, o Salón Eo, o Morán e o Iris.


03/02/1934 (Las Riberas del Eo)

domingo, 27 de octubre de 2013

Artigos de cine: "Premio San Sebastián a la película Lo imprevisto"

En agosto de 1961, publicouse en Las Riberas del Eo o seguinte artigo:

05/08/1961 (Las Riberas del Eo)

L'imprevisto estivo nominada á Concha de Oro á mellor película e o seu director, Alberto Lattuada, gañou a Concha de Plata á mellor dirección na IX edición do Festival Internacional de Cine de San Sebastián.


L'imprevisto (1961) Alberto Lattuada

Un profesor de inglés seduce a unha das súas alumnas para que lle axude a el e a súa muller co secuestro dun bebé nunha clínica.


jueves, 24 de octubre de 2013

miércoles, 23 de octubre de 2013

O testemuño: Así recordo eu o Cine Teatro

Así recordo eu o cine da miña infancia e adolescencia, así recordo o Cine Teatro:


Recordo que ao cine había que ir con tempo porque case sempre había que facer cola.
Recordo as longas colas para poder mercar algunha lambetada. No meu caso, unha bolsa de patacas, palomitas ou regaliz.
Recordo que paguei entradas en pesetas e tamén en euros.
Recordo que as entradas eran moi pequeniñas.
Recordo que cando chegaba tarde, o acomodador (coa súa lanterna) axudábame a buscar un sitio onde sentarme.
Recordo a sala chea de compañeiros do cole.
Recordo o silencio cando se apagaban as luces e comezaban os tráilers.
Recordo o barullo dos nenos, as risas, os comentarios en voz alta durante a peli...
Recordo que non me gustaba sentarme nas filas do medio porque os de arriba tiraban cousas.
Recordo que nunca me sentaba nas butacas de arriba.
Recordo que no Cine Teatro vin moitas películas de debuxos animados, pero se penso en títulos concretos só me lembro de O bosque animado.
Recordo que cando tiña 9 anos alucinei ao ver a sala chea de xente de todas as idades. Foi nunha das proxeccións de Titanic.
Recordo que tamén alucinei cando o meu irmán, un amigo seu e eu entramos na sala e estaba completamente baleira... normal, se temos en conta que a película que poñían era El gran marciano.
Recordo que fun coas miñas amigas a ver Piratas del Caribe porque unha delas adoraba a Orlando Bloom.
Non sei por que recordo que no Teatro tamén vin Slam e Amor ciego.
Recordo que o importante era ir ao cine a pasar un bo rato e que a película era o de menos.
Non recordo cal foi a primeira película que vin no Cine Teatro nin cando foi a última vez que entrei nel antes de que pechase.
Recordo que o cine estivo pechado por reformas, despois volveu abrir e había butacas novas e ao pouco tempo pechou definitivamente (concretamente en maio de 2003).
Recordo a súa fachada branca, os pósters das películas ao lado da porta e o cartel que poñía Cine Teatro.

Recordo que este verán vin O Apóstolo na pantalla do Teatro, pero xa non foi o mesmo. Faltaban o olor a palomitas na entrada, as colas, a sala chea de xente e cousas caendo desde o piso de arriba...

Así recordo eu o Cine Teatro... E ti? Como o recordas?



Outras entradas sobre o Cine Teatro:
- Fotos 
- Vídeo 

lunes, 21 de octubre de 2013

Artigos de cine: "El cine español avanza..."

En agosto de 1961 publicouse en Las Riberas del Eo o seguinte artigo:

26/08/1961 (Las Riberas del Eo)

Nel faise referencia ás seguintes películas:

Apartado de Correos 1001 (1950) Julio Salvador


Han matado a un cadáver (1962) Julio Salvador


domingo, 20 de octubre de 2013

Paisajes de Asturias merca o cine Colón

Esta semana coñeceuse a nova de que a empresa Paisajes de Asturias mercou o cine Colón coa intención de facer un aparcamento na planta baixa e unha sala polivalente na parte superior:

14/10/2013 (La Voz de Galicia)
Pinchar na imaxe para vela en grande

14/10/2013 (La Voz de Galicia)
Pinchar na imaxe para vela en grande

15/10/2013 (El Progreso)
Pinchar na imaxe para vela en grande

14/02/2014 (La Voz de Galicia)

jueves, 17 de octubre de 2013

1961: Avances da nova temporada do Colón

Neste anuncio de Las Riberas del Eo, aparecen destacadas varias películas que probablemente pasarían pola pantalla do Colón na próxima tempada:
 
26/08/1961 (Las Riberas del Eo)


Centauros del desierto (1956) John Ford


Sed de mal (1958) Orson Welles


La ciudad frente a mí (1959) Vincent Sherman


Toda la verdad (1958) John Guillermin


miércoles, 16 de octubre de 2013

1961: El largo y cálido verano

En agosto de 1961, apareceu publicado en Las Riberas del Eo un anuncio de Largo y cálido verano, pero nel non se indican nin o cine nin a data na que se proxecta a película:

05/08/1961 (Las Riberas del Eo)

Largo y cálido verano (1958) Martin Ritt

Ben Quick, interpretado por Paul Newman, é un buscavidas con fama de pirómano que chega a unha pequena vila do sur dominada polo magnate Will Varner.
Varner decide contratar ao rapaz, polo que sente un gran respeto, ata o punto de querer que case coa súa filla, Clara.


martes, 15 de octubre de 2013

1961: Psicosis

En 1961 proxectouse no cine Teatro un clásico da historia do cine: Psicosis, dirixida por Alfred Hitchcock e protagonizada por Anthony Perkins e Janet Leigh:

05/08/1961 (Las Riberas del Eo)
05/08/1961 (Las Riberas del Eo)

Psicosis (1960) Alfred Hitchcock

Marion Crane, que traballa como secretaria nunha inmobiliaria, recibe o encargo do seu xefe de ingresar no banco 40.000 dólares, pero a rapaza, que está pasando por apuros económicos, decide fuxir da cidade cos cartos.
Despois de conducir durante horas e sorprendida por unha tormenta, Marion para a descansar nun pequeno motel, atendido por Norman, un mozo tímido e afeccionado á taxidermia.
Todo parece normal e tranquilo, tanto no motel como na casa do lado, onde vive Norman coa súa nai, pero as cousas non sempre son o que parecen...




Aquí podedes ver a xa mítica escena da ducha:


lunes, 14 de octubre de 2013

Outubro de 1961: Pelusa

En outubro de 1961, proxectouse no Colón a película Pelusa, protagonizada por Marujita Díaz:

14/10/1961 (Las Riberas del Eo)

14/10/1961 (Las Riberas del Eo)

Pelusa (1960) Javier Setó

Pelusa é unha rapaza que traballa no circo, onde tamén traballa Rock, o seu pai. Pelusa está namorada de Darsey, o trapecista, pero en principio, el non está interesado nela...
Cando por fin Pelusa e Darsey comezan unha relación, aparece Pastora, a nai da rapaza, que está disposta a levar a súa filla a París para convertela nunha vedette...


domingo, 13 de octubre de 2013

Setembro de 1961: El pequeño coronel

A finais de setembro de 1961 proxectouse no Colón a película El pequeño coronel, dirixida por Antonio del Amo e protagonizada por Joselito.

23/09/1961 (Las Riberas del Eo)
23/09/1961 (Las Riberas del Eo)
23/09/1961 (Las Riberas del Eo)

El pequeño coronel (1960) Antonio del Amo

Joselito é o fillo do coronel José de Alvear, Conde de Almendro. Cando o seu pai morre nas colonias, vítima dunha epidemia de cólera, o neno queda ao coidado do seu titor, o seu tío Marín, que pretende quedarse coa fortuna de Joselito.

sábado, 12 de octubre de 2013

Agosto de 1961: Paga o muere

Os días 27 e 28 de agosto de 1961, proxectouse no Colón a película Paga o muere, dirixida por Richard Wilson:

26/08/1961 (Las Riberas del Eo)

26/08/1961 (Las Riberas del Eo)

Paga o muere (1960) Richard Wilson

O policía Joseph Petrosino leva anos loitando contra o crime organizado en América, especialmente contra La mano negra, que sembra o terror no barrio de Little Italy, obrigando a pagar fortes tributos aos comerciantes e tomando represalias se se negan a facelo.


jueves, 10 de octubre de 2013

1961: Directores

En 1961, pasaron pola pantalla do cine Teatro de Ribadeo algunhas películas do mestre do suspense, Alfred Hitchcock, como por exemplo, El hombre que sabía demasiado e Psicosis:

29/07/1961 (Las Riberas del Eo)

ALFRED HITCHCOK (1899 - 1980)

Alfred Hitchcok foi un director e produtor de cine.
A súa carreira cinematográfica comezou en Gran Bretaña, onde dirixiu filmes como El jardín de la alegría (1925), a súa primeira película, e Chantaje (1929), a primeira película sonora da historia do cine británico.
En 1939, trasladouse a Estados Unidos, da man de David O. Selznick, productor de Lo que el viento se llevó (1939).
O seu primeiro traballo en Hollywood foi Rebeca (1940), gañadora do Oscar á mellor película en 1940.
Ao longo da súa traxectoria, dirixiu máis de 50 películas, entre as que se atopan obras mestras como: La soga (1948), Extraños en un tren (1951), Crimen perfecto (1954), La ventana indiscreta (1954), Atrapa a un ladrón (1954), El hombre que sabía demasiado (1956), Vértigo (1957), Con la muerte en los talones (1959), Psicosis (1960), Los pájaros (1963), Marnie la ladrona (1964), Frenesí (1972), etc.
Tamén realizou algúns traballos para televisión, entre os que destaca a serie Alfred Hitchcock presenta.
Hitchcock foi un pioneiro no cine de suspense, innovador no uso da cámara e na montaxe e creador do Macguffin (elemento da película que fai avanzar a trama, pero que carece de importancia para a mesma. Por exemplo, os cartos que rouba Marion Crane ao principio de Psicosis).

Alfred Hitchcock

Como curiosidade, hai que mencionar que Alfred Hitchcock adoitaba facer un cameo nas súas propias películas, aparecendo como extra ou nalgunha foto:

Hitchcock en Atrapa a un ladrón
Hitchcock en Con la muerte en los talones
Hitchcock en Los pájaros 

martes, 8 de octubre de 2013

Outubro de 1961

Esta é a carteleira de outubro de 1961:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

  - Cine Colón

Pelusa (1960) Javier Setó

Abajo el telón (1955) Miguel M. Delgado

Siete esposas para un marido (1955) Sidney Gilliat

14/10/1961 (Las Riberas del Eo)

Aquí tamén avanzan que moi pronto chegará ao Colón a película:

Con él llegó el escándalo (1960) Vicenti Minnelli 

  - Cine Teatro

Todas las mujeres quieren casarse (1959) Charles Walters

El puente de la paz (1958) Rafael J. Salvia

Las hermanas Karamazov (1958) Richard Brooks

14/10/1961 (Las Riberas del Eo)

Neste artigo anuncian a próxima estrea de Botón de ancla en color, protagonizada polo Dúo Dinámico e rodada en Marín e Combarro.

Botón de ancla en color (1961) Miguel Lluch