lunes, 28 de enero de 2019

Ribadeo e o cine: NOVE DE NOVEMBRO

O pasado sábado 26 de xaneiro, proxectouse no Cine Teatro a película Nove de novembro, dirixida por Lázaro Louzao e protagonizada por Ademar Silvoso e Brais Yanek.



Tras a proxección, durante a que houbo problemas de son que impediron escoitar os diálogos correctamente, o director mariñao comentou algúns dos aspectos máis relevantes do filme e respondeu ás dúbidas do público presente. 

Lázaro Louzao durante o coloquio posterior á proxección

Hai que destacar que Nove de novembro é a primeira longametraxe de temática LGTB rodada en galego.


25.01.2019 (La Voz de Galicia)


Nove de novembro (2018) Lázaro Louzao

Roberto e Miguel levan xuntos dez anos. Unha década de vida en común que volverá á súa memoria ao longo de catro días de novembro. Unha relación que parecía funcionar, comezará a romperse con cada recordo.
No fondo da relación residen sentimentos ocultos forxados por un pasado común. Secretos e rancores que o resto do mundo non ve, separados por un muro que parece infranqueable. O muro que separa a Roberto e Miguel non foi o único que caeu aquela fría noite de novembro.



lunes, 14 de enero de 2019

2018: Cines Ribadeo en cifras



As 14 películas españolas que se puideron ver en Cines Ribadeo en 2018 foron: 



E estas foron as 15 películas de animación que se proxectaron:



A esta cifra pódenselle engadir outras 3, que aínda que non son integramente películas de animación, conteñen fragmentos que si o son:



O sábado 29 de setembro, exhibiuse o filme galego Dhogs, dirixido por Andrés Goteira, que estivo presente na proxección.



Das 82 películas que pasaron polas salas ribadenses en todo o ano 2018, tan só 3 están dirixidas por mulleres: Un pliegue en el tiempo (Ava DuVernay), El doctor de la felicidad (Lorraine Lévy) e Mentes poderosas (Jennifer Yuh Nelson).



Para coñecer os datos de 2017 fai clic aquí.

miércoles, 9 de enero de 2019

Ribadeo en El último tranvía

El último tranvía é unha revista musical estreada no Teatro La Latina de Madrid en outubro de 1987 e que se mantivo en cartel ata 1991. A obra, emitida en TVE o 25 de setembro de 1991, está protagonizada por Lina Morgan.



A cómica interpreta a Reme, unha muller criada pola súa tía, de quen herda unha gran fortuna. Tras o falecemento da tía, Reme deixa a súa vila e vai á cidade co obxectivo de ser recoñecida por Don José, o seu pai. Alí, coñece a Carlos (interpretado por Manuel Brun en 1990 e 1991), que intenta conquistala.

Nesta obra faise mención á nosa vila nun dos diálogos: cando Carlos, que conta que de mozo foi carteiro en Ribadeo, lle propón matrimonio a Reme.

- ¿Nos casamos?
- ¿Casarnos? ¿Y tú que sabes hacer?
- Quererte con todo mi alma.
- ¿Y además?
- Bueno, así de pronto... ¡Ah! De más joven fui cartero en Ribadeo.


miércoles, 2 de enero de 2019

Decembro de 2005

Esta foi a carteleira do mes de decembro de 2005:

Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cinelandia

Y que le gusten los perros (2005) Gary David Goldberg

Transporter 2 (2005) Louis Leterrier

01.12.2005 (La Voz de Galicia)

Virgen a los 40 (2005) Judd Apatow

A golpes (2005) Juan Vicente Córdoba 

Wallace y Gromit. La maldición de las verduras (2005) Nick Park e Steve Box

03.12.2005 (La Voz de Galicia)

Inmersión letal (2005) John Stockwell

Una historia de violencia (2005) David Cronenberg

Bibi, la pequeña bruja (2002) Hermine Huntgeburth

08.12.2005 (La Voz de Galicia)

El exorcismo de Emily Rose (2005) Scott Derrickson 

09.12.2005 (La Voz de Galicia)

Plan de vuelo: desaparecida (2005) Robert Schwentke

El jardinero fiel (2005) Fernando Meirelles

16.12.2005 (La Voz de Galicia)

Siete vírgenes (2005) Alberto Rodríguez

La cosecha de hielo (2005) Harold Ramis

23.12.2005 (La Voz de Galicia)

Chicken little (2005) Mark Dindal

26.12.2005 (La Voz de Galicia)

Harry Potter y el cáliz de fuego (2005) Mike Newell

La vida secreta de las palabras (2005) Isabel Coixet

30.12.2005 (La Voz de Galicia)