jueves, 28 de junio de 2012

Xuño de 1940

Carteleira de xuño de 1940:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Teatro

El tigre de Arizona (1937) J. Walter Ruben


09/06/1940 (La comarca del Eo)

miércoles, 27 de junio de 2012

Abril de 1940

A carteleira de abril de 1940 é a seguinte:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Teatro

El rayo de acero (1935) Franz Wenzler

Húsares de la muerte (1925) Pedro Sienna

Cadetes de mar (1937) Sam Wood

31/03/1940 (La comarca del Eo)

lunes, 25 de junio de 2012

Marzo de 1940

A principios da década dos 40, en Ribadeo segue habendo un só cine: o Teatro.


Carteleira de marzo de 1940:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Teatro

Entre esposa y secretaria (1936) Clarence Brown


31/03/1940 (La comarca del Eo)

jueves, 21 de junio de 2012

O testemuño: Entre tus calles (Manuel Díaz Aledo)

Ao igual que Amadeo Arango en Ribadeo. Recuerdos de infancia, Manuel Díaz Aledo tamén recorda en Entre tus calles, como eran o cine Teatro e o Colón nos anos 50.

"[…] Los citados cines eran, como ya se dijo anteriormente, el Teatro Principal o Teatro a secas y el Colón. El primero, que hasta hace muy poco tiempo ha continuado abriendo sus puertas al público, era como su nombre indica un teatro adaptado para sesiones cinematográficas. Disponía de un escenario de cierta amplitud, telones y todo lo necesario para la representación de obras teatrales. Un patio de butacas amplio, no excesivamente cómodas, sino más bien algo duras por ser de madera, se rodeaba de unas pocas columnas necesarias para sustentar el piso superior, denominado general. Éste no tenía butacas, sino unos amplios escalones o gradas de madera. Este piso de general bordeaba lateralmente el patio de butacas hasta cerca de la pantalla. La incomodidad estaba garantizada, pero el ensimismamiento en la contemplación de las películas ayudaba a no percatarse demasiado de esta circunstancia.
[…]
El Colón era otra cosa. Situado a espaldas del Cantón y la Torre de los Moreno era más pequeño en todas sus dimensiones que el Teatro. Preparado solamente para el cine, disponía de un patio de butacas de porte acogedor y algo más cómodo que el Teatro. Arriba, tenía igualmente la zona de general, pero provista de butacas alineadas en pendiente.

Los dos cines ofrecían sesiones los sábados y domingos. En cambio, durante la semana, alternaban sus proyecciones sin coincidir, por lo general, en el mismo día cubriendo así toda la semana. En los años 50 era frecuente la sesión continua y dos películas cada día. Todo ello por el precio de una sola entrada. Las butacas solían estar numeradas y disponían del clásico acomodador, linterna en ristre, de los cuales era Víctor el más conocido.
[…]

Las sesiones comenzaban con la sala generalmente repleta desde minutos antes, con el NODO. Su música de comienzo resuena en los oídos de todos los españoles. Parece que todavía se oye. El NODO era un noticiario cinematográfico. Una especie de telediario en el cine. […]
A continuación se pasaban los llamados trailers o escenas de próximas películas. Después, los anuncios, con  aquella publicidad sencilla de la época. Luego se encendían las luces y comenzaba un descanso breve. Los fumadores salían al hall para satisfacer su ansiedad de tabaco. En el Teatro se podían comprar caramelos o cacahuetes en La Flor. La gente salía, cruzaba la calle y volvía al Teatro con su paquete en la mano.


Sonaba un timbre anunciando el inmediato comienzo de la película. Los espectadores se apresuraban a entrar. Se apagaban las luces. Se oían con fuerza y potencia en la sala la música y las voces del inicio de la película. Se palpaba la emoción y el silencio lo invadía todo. La película del día había comenzado.
[…]

Por las calles se repartían los programas de mano, una hoja con la reproducción del cartel anunciador de la película. Muchos de nosotros coleccionábamos esos pequeños programas en los que sabíamos los actores principales y el director, así como el día de la proyección. Antes de acudir o elegir la película, los ribadenses íbamos a ver las carteleras, los cuadros les llamábamos. Éstas se exponían, con más proliferación que en la actualidad, en la puerta o o fachada de los cines. Pero también en el rincón de las Cuatro Calles, junto a la barbería de Abelardo, como ya indicamos en otro lugar. […]
Se consultaban, además, por bastantes de nosotros unas fichas de calificación de las películas que se exponían a la entrada de la Iglesia Parroquial.[...] Se empleaba un sistema con las valoraciones 1, 2, 3, 3R y 4. El 1 se reservaba para películas toleradas para todos los públicos. El 2 como aceptables para ser vistas, o sea, sin problemas. El 3 era para mayores y por tanto no aconsejable para jóvenes o niños. El 3R las calificaba como mayores con reparos, es decir, no aconsejable para nadie. El 4 significaba que se estaba ante una película inmoral y totalmente desaconsejable para todos.
[…]

Un buen día llegó a Ribadeo el cinemascope. Con él desaparecieron las pequeñas pantallas anteriores, el blanco y negro y el sonido mediocre de tantas películas. Llegó el color y se instalaron las pantallas más anchas, de lado a lado del escenario. La famosa y novedosa pantalla panorámica. Hubo experiencias como el todd ao o algo así. Y hasta alguna película que se veía con unas gafas especiales que se repartían a la entrada.
[…]"


Se queredes consultar este libro, podedes atopalo na Biblioteca Municipal de Ribadeo ou mercalo a través de Internet.


Capítulo XVIII. El cine.
Díaz Aledo, Manuel: Entre tus calles.
2005

miércoles, 20 de junio de 2012

1939: Directores

En 1939 a maioría das películas proxectadas en Ribadeo estaban dirixidas por norteamericanos, aínda que tamén houbo algunhas de cineastas europeos, como por exemplo, René Clair.

RENÉ CLAIR (1898 - 1981)

René Clair foi un xornalista e cineasta francés.
Os seus primeiros contactos co cine producíronse a través de Damia, unha coñecida cantante para a que escribiu algunhas cancións e que o introduciu no mundo da interpretación.
Clair pronto abandonou os traballos como actor para dedicarse ao que realmente lle interesaba: a dirección.
Debutou con París dormido (1923), pero o seu primeiro éxito chegou con Entreacto (1924). Esta curtametraxe está claramente vinculada ao surrealismo e ao dadaísmo e nela colaboraron artistas como Francis Picabia, Marcel Duchamp e Man Ray.
Entre a súa filmografía destacan outros títulos como Un sombrero de paja de Italia (1928) ou Bajo los techos de París (1930).



Aquí podedes ver a curta Entreacto:




martes, 19 de junio de 2012

Xuño de 1939

A carteleira de xuño de 1939 é a seguinte:


Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Teatro

Tarzán de los monos (1932) W.S. van Dyke

El altar de la moda (1934) William Dieterle
O anuncio desta película non coincide cos datos da semana seguinte, onde tan só se menciona a proxección de Código secreto...


11.06.1939 (La Comarca del Eo)

Código secreto (1935) William K. Howard

Una chica de provincias (1936) William A. Wellman e Robert Z. Leonard
A estrea deste film anúnciase para "pronto", sen indicar unha data concreta.


17.06.1939 (Las Riberas del Eo)
18.06.1939 (La Comarca del Eo)

lunes, 18 de junio de 2012

Maio de 1939

Carteleira de maio de 1939:

Pinchar na imaxe para vela en grande


PELÍCULAS:


   - Cine Teatro

Los pecados del hombre (1936) Otto Brower e Gregory Ratoff

Mágica música (Sen datos)

06.05.1939 (Las Riberas del Eo)

domingo, 17 de junio de 2012

Abril de 1939

Carteleira de abril de 1939:

Pinchar na imaxe para vela en grande


PELÍCULAS:

   - Cine Teatro

Cuando el diablo asoma (1934) W.S. Van Dyke

02.04.1939 (La Comarca del Eo)

España heroica (1937) Joaquín Reig 

Neste anuncio tamén se comunica a próxima estrea de España heroica, un documental propagandístico sobre a Guerra Civil narrado desde o punto de vista do bando franquista.
España heroica, coproducida con Alemaña, pode considerarse a resposta da Falanxe ao filme España 1936, de Luis Buñuel e Jean Paul Le Chanois.

Aquí podedes ver un fragmento de España heroica. E aquí, de España 1936:

sábado, 16 de junio de 2012

Xaneiro de 1939

No ano 1939 en Ribadeo continuaba habendo un só cine: o Teatro.

Carteleira de xaneiro de 1939:

Pinchar na imaxe para vela en grande


PELÍCULAS:

   - Cine Teatro

El último pagano (1935) Richard Thorpe

A batacazo limpio (1932) Lewis Seiler

El fantasma va al oeste (1936) René Clair

21.01.1939 (Las Riberas del Eo) 

viernes, 15 de junio de 2012

Ribadeo no cine: A ROSA DE PEDRA

A rosa de pedra, dirixida por Manuel Palacios e baseada nunha historia de Manuel Rivas, estreouse o 25 de xullo de 1999 en Canal+, nunha programación especial con motivo da celebración do Xacobeo 99.
A película está protagonizada por Marta Belaustegui, Laura Ponte e Paulina Gálvez.



SINOPSE: A rosa de pedra (Manuel Palacios, 1999)
Ana, unha executiva de moda; Paula, unha modelo; Mireia, unha fotógrafa e Carlos, un estilista; viaxan a Santiago de Compostela coa intención de realizar unha reportaxe de moda.
Cada unha delas, cun punto de vista particular sobre a vida, cambiará radicalmente a súa perspectiva ao coñecer á xente e as historias da cidade.
Bastián, un vendedor cego de vieiras e lendas; Abdel, vendedor de alfombras musulmán e o seu guía; xunto con Manuel, un camiñante namorado de Paula, influirán nos cambios que cada unha delas experimentará...

A praia das Catedrais en A rosa de pedra

RIBADEO EN A ROSA DE PEDRA
Ribadeo está presente cara ao final da historia, cando as protagonistas, tras estar no Cebreiro e Santiago, se desprazan ás Catedrais.
Nesta praia, realizan unha sesión fotográfica que pon fin á súa reportaxe de moda.
Porén, na narración da película, a acción ten lugar en Fisterra e en ningún momento se fai referencia ao concello de Ribadeo.

Fotogramas de A rosa de pedra

Nesta breve reportaxe de Canal+ pódese ver en varios momentos a praia das Catedrais e a sesión de fotos que ten lugar nela: 



(A calidade das imaxes non é nada boa, pero non é doado atopar fotos e vídeos desta película...)


jueves, 14 de junio de 2012

1938: Directores


En 1938, os directores máis repetidos no cine Teatro foron Erich Waschneck e Carl Lamac, de ascendencia alemá e checa respectivamente.
Este feito é un reflexo da afinidade que xa existía entre Alemaña e o bando franquista nos meses previos ao comezo da II Guerra Mundial. Por este motivo, de aquí en diante o cine alemán iría estando cada vez máis presente nas salas españolas.


ERICH WASCHNECK (1887 - 1970)

Foi un director, guionista, productor e cámara alemán.
Os seus inicios no mundo do cine foron como pintor de carteis de películas. Tamén traballou como director de fotografía e como cámara nalgunhas rodaxes.
A partir de 1924 comezou a súa carreira como director.
Na súa filmografía destaca Los Rothchilds (1940), película que xunto con El judío Süss (Veit Harlan, 1940) e El judío eterno (Fritz Hippler, 1940), forma a triloxía de cine propagandístico antisemita posto en marcha por Hitler tras a toma de Polonia.

CARL LAMAC (1887 - 1952)

Foi un director, actor, guionista e productor checo.
Dirixiu máis de 100 filmes e traballou como actor en máis de 60.
Estivo casado coa actriz Anny Odra, á que dirixiu en varias das súas películas e coa que fundou unha produtora.
Algunhas das súas películas son Una noche en el paraíso (1931), Kiki (1932), La pequeña Dorrit (1934), Las quiero a todas (1935) e Der Hund von Baskerville (1937), entre outros moitos.


No cine Teatro tamén se proxectaron películas de importantes directores como John Ford e Cecil B. DeMille.
Entre o cine español, destacan Sáenz de Heredia e Luis Buñuel, directores de ¿Quién me quiere a mi?

miércoles, 13 de junio de 2012

Novembro de 1938

Despois deste breve paréntese para falar do festival de curtas de Ribadeo, retomamos a carteleira de 1938.
De xuño, hai que pasar directamente a novembro, por falta de datos sobre o resto dos meses.

Carteleira de novembro de 1938:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Teatro

¿Quién me quiere a mi? (1936) José Luis Sáenz de Heredia e Luis Buñuel

Las quiero a todas (1935) Carl Lamac

El cura de aldea (1936) Francisco Camacho


06/11/1938 (La comarca del Eo) 

martes, 12 de junio de 2012

2010: OFestivalON VI

Do 29 de xullo ao 1 de agosto de 2010, Ribadeo acolleu OFestivalON VI, organizado por Mr Misto Films e o Concello.

Programa do festival:


39 curtametraxes formaron parte da sección oficial:
   - Sesión 1: On the line, Volvoreta, O narcotráfico na punta do Neixón, Porque las babosas no toman sal, El tránsito, Quid Pro Quo
  - Sesión 2: A nena que tiña unha soa orella, Marina, Retrato, Tomato story, Fábrica de muñecas, Con Sandra, I love Luci
   - Sesión 3: Neggy coñece a Sammy, Flat love, La tierra de Oscar, Instalación, The true story of Marvin Walvis, Street Feeling, Kings of the castle
  - Sesión 4: O soldadiño de chumbo, Yanindara, Steps, En un lugar del cine, O elixido, Burbuja 
  - Sesión 5: Pigueon Impossible, La historia de siempre, As almas do Fental, Oro verde, L'uomo perfetto, Ofelia, Viejos perdedores, Amona Putz!, The name-less, Lost, Por la mañana, Todo es maybe, Rodilla


Nesta edición de A toda mecha graváronse 11 curtas:
Speed love (Álvaro Liste), Pintando o silencio (Ana Diz e Andrea Táboas), A porta (Andrés Goteira), Salvavidas (Benito Eiroá), Contemplando la creación (David G. Rubianes), As moiras (Iago Prada), A morte (Juli Díaz), O peregrino (Marcos García), Despierta (Pablo Portero), Fóra da habitación (Gonzalo Enrique), O gran golpe (Suso López).

Os grupos tiveron 3 días para realizar as súas pezas, nas que se tiña que incluir un elemento de atrezzo e unha localización indicados pola organización.

 Aquí pódense ver as curtas de A toda mecha 2010:


Entre as actividades paralelas destacou a proxección no cine Teatro do filme Os Crebinsky, coa presenza de algún membros do equipo como Miguel de Lira e Quique Otero.


Tamén se exhibiron Dous homes e un suicidio de Iria López, O sobriño de Omar Rabuñal e Cero Vinte e Fuga de descerebrados, dos alumnos da Escola de Imaxe e Son de Lugo.
As curtas convidadas deste ano foron as de Artabriños 2010, resultantes da campaña de promoción turística de Ferrol, Eume, Ortegal, Chámalle como queiras.
Ademais, presentáronse o libro A lei das ánimas, de Carlos Reigosa, e o manual Cine y TV, de Jorge Carrasco.
Un ano máis, houbo Sesión Vermú con charlas – coloquio nas que participaron Iria López e Omar Rabuñal, entre outros.

A caixiña dos mistos

Tampouco faltaron a Caixiña dos Mistos, dirixida aos máis pequenos, nin a danza, da man da compañía SOLODOSneodans.
Os concertos da Banda dos Crebinsky e de Lamatumbá puxeron o broche final deste festival.
A banda dos Crebinsky

Na gala de clausura, presentada por Isabel Risco e Xoan Mariño, tivo lugar a entrega de premios, que foron para:
Na sección oficial:
   - Misto do Pau votado polo público: Todo es maybe (Asier Urbieta) 
   - Misto de Pau ao mellor documental: El tránsito (León Siminiani)
   - Misto de Pau á mellor curta de ficción: O elixido (Chema Gagino)
   - Misto de Pau á mellor curta de animación: O soldadiño de chumbo (Virginia Curiá e Tomás Conde)

O xurado da sección oficial estivo formado por Isabel Risco, Farruco Graña e José Antonio Corredoira.

En A toda mecha:
   - Misto do Pau elixido do público: O peregrino (Marcos García)
   - Misto de Pau á mellor curta: A porta (Andrés Goteira)
   - Misto de Pau á mellor actriz: Estíbaliz Veiga
   - Misto de Pau ao mellor actor: Suso López
   - Misto de Pau á dirección de arte: A morte (Juli Díaz)
   - Misto de Pau á mellor curta en lingua galega: A porta (Andrés Goteira)
   - Misto de Pau ao mellor guionista: Benito Eiroá por Salvavidas

O xurado de A toda mecha estivo composto por Chelo Loureiro, Carlos Reigosa, Omar Rabuñal, Quique Otero, Xosé Pereira e Falcatruada.

Momento da entrega de premios

Na páxina web oficial do festival pódense consultar máis datos desta edición: 
E no flickr de OFestivalON pódense ver moitas fotos daqueles días de festival:

E esta edición de OFestivalON foi a última polo de agora, xa que no verán de 2011 non se celebrou o festival...

lunes, 11 de junio de 2012

2009: OFestivalON V

En 2009, o festival de curtas ON&OFF pasou a chamarse OFestivalON e estivo organizado un ano máis por Mr Misto Films e o Concello de Ribadeo.

Programa do festival:

42 curtas de varios países foron seleccionadas para formar parte da sección oficial, dividida en 6 bloques que se proxectaron no Cantón e no cine Teatro:
   - Bloque 1: El encargado, No corras tanto, Pánico a una muerte ridícula, La Sortie, C'est la vie, The Road, Ferro ardendo
   - Bloque 2: The werepig, Niño balcón, Tan preto e tan lonxe, Mi chiamo Seby, La leyenda del ladrón del árbol de los colgados, Socarrat, In the name of God
   - Bloque 3: 0'8 miligramos, Continuará, Runners, Matando el sueño, On/Off, Túneles en el río, Encanto
   - Bloque 4: En(terrados), You are my hero, A fábrica, Broken Horizon, Pim, pam, pum, Soy Meera Malik, On the line
   - Bloque 5: Miente, Muto, La chica dentro de la caja, Vellas, El misterio del pez, Stikk, Funfair
   - Bloque 6: O raio transparente, Campás, Marruecos, un viaje de colores, Teherán 3 18, A miña casa é un inferno, Mei Ling, La carrera


Papeleta para as votacións
Exterior do cine Teatro


Por outra banda, do 27 ao 31 de xullo, graváronse as tres curtas de A toda mecha:
   - Placebo, de Andreia Táboas e Ana Belén Diz
   - Favores en cadea, Jose María Picón
   - Para mariñeiros nós, de Omar Rabuñal



Para ver as curtas de A toda mecha, pincha aquí:

A principal novidade deste ano foi a integración dos máis pequenos no festival, coa presenza da Caixiña de Mistos
Ademais de poder ver curtas infantís e votar as súas preferidas, os nenos participaron nun obradoiro de stop motion, onde gravaron as súas propias pezas.
A eles tamén estivo dirixida a actuación teatral do grupo Migallas.



Actuación de Lucía Martínez Cuarteto na gala de clausura


Na gala de clausura, que contou coa actuación do grupo de jazz Lucía Martínez Cuarteto, fíxose a entrega dos premios, que foron para:
   - Misto de Pau de Sabugueiro á mellor curta de ficción para On the line, de Jon Garaño.
   - Misto de Pau de Castiñeiro á mellor curta de animación para El misterio del pez, de Giovanni Maccelli.
   - Misto de Pau de Carballo á mellor curta documental para A fábrica, de Marcos Nine.
   - Misto de Pau de Loureiro, elixido polo público, para Ferro ardendo, de Miguel García Fernández.

Nesta ocasión o xurado estivo composto por Antonio Mourelos, Santiago Jaureguízar e María Acuña Rodríguez.



Esta é a páxina web de OFestivalON 2009: http://www.ofestivalon.com/old/web2009/index.html

E en 2010 chegou a VI e última edición do festival de curtas de Ribadeo...

sábado, 9 de junio de 2012

2008: IV Festival creativo de curtas ON&OFF

A proxección das obras realizadas na edición anterior serviu como pistoletazo de saída do IV Festival de curtas ON&OFF, que se celebrou do 29 de xullo ao 2 de agosto de 2009.

Video promocional do ON&OFF 2008:


Programa do festival:


27 traballos formaron parte da sección oficial, que estivo dividida en varios bloques:
- 2 bloques de 6 curtas de ficción:
Salvar el mundo, Machu Pichu, Fest, Pelo Olvido, Botones e Cores.
Bilingüe, Silba Perfidia, Present Perfect, Lost in Montanaro, 18 segundos e Mínimo común múltiplo.
 - 2 bloques de 6 curtas de animación:
O pintor de ceos, El empleo, Solos, Los pecadores, Salvation e Leo.
1977, La fábula del prisionero y la flor, Revolt of the mouses, El príncipe de las basuras, Dibujo de David e Levedad.
 - 1 bloque de 3 curtas documentais:
El doctor italiano, Valkirias y Bata por fuera (mujer por dentro).

As curtas, ao igual que en anos anteriores, proxectáronse no cine Teatro, en rincóns da zona vella e no Cantón.

En A toda mecha participaron 8 equipos, que tiveron un máximo de 75 horas para realizar as súas curtametraxes.
Desta vez, a organización facilitoulles varias obras musicais cedidas pola discográfica Falcatruada, xunto cos medios necesarios para a gravación e a postprodución.
Unha condición imposta aos grupos foi a de incluír nas pezas un elemento de atrezzo e unha localización previamente indicados polos organizadores e o premio final foi de 3000€.


Fotos das rodaxes

Para ver as curtas de A toda mecha, só hai que pinchar neste enlace: http://www.youtube.com/playlist?list=PL67FF4A46BBFD9965

Entre as actividades paralelas do festival, non faltaron as Sesións Vermú, é dicir, charlas nas terrazas do Cantón e do Breogán nas que se analizaron diferentes aspectos do audiovisual e ás que acudiron profesionais do sector.


Sesión vermú

Outra das novidades desta cuarta edición foron os Filmes Concerto, coas actuacións dos grupos Contraplano e Nikouala, que combinaban música e audiovisual.

En canto ás proxecións, unha das máis esperadas do ON&OFF 2008 foi a da película Pradolongo, de Ignacio Vilar, da que xa falamos neste blog.

No marco do Intercambio Xuvenil Intercultural Audiovisual, chegaron a Ribadeo estudantes de catro países: Reino Unido, Estonia, Bulgaria e Portugal. Durante a súa estancia na vila gravaron varias curtas.

Na gala de clausura, onde actuaron Zora Gabbara e Sempre se fixo, entregáronse os premios ás curtas gañadoras, elexidas polo xurado. Este estivo formado por Elisa Vecino (Escola de Imaxe e Son da Coruña), Santiago Jaureguízar (escritor) e Xosé Lois Santiago (Festival Internacional de Cine Independente de Ourense).

Os gañadores da sección oficial foron:
  - Misto de Pau de Sabugueiro á mellor curta de ficción18 segundos de Zacharías e MacGregor.
   - Misto de Pau de Carballo á mellor curta de animaciónO pintor de ceos, de Jorge Morais.
   - Misto de Pau de Castiñeiro á mellor curta documentalBata por fóra (muller por dentro) de Claudia Prenlla.


Equipo de O ecoloxista

A mellor curta para o público foi O gran golpe, sobre a Liga Nacional de Billarda, mentres que o premio do xurado recaeu sobre O ecoloxista, no que se presenta a un mozo que rola por Ribadeo.
O premio á mellor actriz foi para Marta Lara (de Ribadeo) e o de mellor actor para Zidane (de Celeiro de Mariñaos, Barreiros).



E en 2009 chegou a quinta edición do festival, que deixou de chamarse ON&OFF para converterse en OFestivalON...