martes, 31 de enero de 2012

Febreiro de 1936

Coa inauguración do Teatro Principal o 9 de febreiro de 1936, Ribadeo pasa a ter dous cines en funcionamento, xa que o Galaxia aínda permanece aberto.

Carteleira de febreiro de 1936:

Pinchar na imaxe para vela en grande


PELÍCULAS:


     - Cine Galaxia


Volando hacia Río Janeiro (1933) Thornton Freeland

25.01.1936 (Las Riberas del Eo)

01.02.1936 (Las Riberas del Eo)

Amantes fugitivos (1934) Richard Boleslawski

08.02.1936 (Las Riberas del Eo)

La última senda (1933) James Tinling

22.02.1936 (Las Riberas del Eo)

Hollywood conquistado (1934) David Butler

¿Por qué trabajar? (1933)

É unha recopilación de tres curtametraxes dos cómicos Laurel e Hardy: Me and My PalBusy Bodies e Dirty Work 

23.02.1936 (La Comarca del Eo)

29.02.1936 (Las Riberas del Eo)



     - Cine Teatro


Nobleza Baturra (1935) Florián Rey

09.02.1936 (La Comarca del Eo)

El día que me quieras (1935) John Reinhardt


Ojos cariñosos (1934) David Butler


Julieta compra un hijo (1935) Gregorio Martínez Sierra e Louis King

22.02.1936 (Las Riberas del Eo)

9 de febreiro de 1936: Inauguración do Teatro Principal

A principios de febreiro de 1936, a prensa local anuncia a chegada a Ribadeo do empresario Manuel Lens Ucar, que inaugurará o Teatro Principal, tras levar a cabo varias reformas no edificio.
O Teatro estrearase coa proxección da película Nobleza Baturra.


01.02.1936 (Las Riberas del Eo)
Como di o seguinte artigo, despois da reparación, o Teatro conta cunha ampla sala de butacas e unha "máquina sonora".

08.02.1936 (Las Riberas del Eo)
01.02.1936 (Las Riberas del Eo)
08.02.1936 (Las Riberas del Eo)
09.02.1936 (La Comarca del Eo)


Nobleza Baturra (1935) Florián Rey

O filme, protagonizado por Imperio Argentina e ambientado no Aragón de principios do século XX, narra a historia de María del Pilar, unha moza honesta que, tras rexeitar a un antigo pretendente, é acusada por el de manter relacións sexuais fóra do matrimonio. 


miércoles, 25 de enero de 2012

Xaneiro de 1936

A principios de 1936, so hai un cine en Ribadeo: o Galaxia.
O único anuncio da carteleira atopado na prensa local de xaneiro de dito ano o é o seguinte:

25/01/1936 (Las Riberas del Eo)
Este anuncio chama a atención pola súa brevidade, xa que nin sequera inclúe as horas da proxección.

Carteleira do mes de xaneiro de 1936, elaborada a partir da información recollida en Las Riberas del Eo:

Pinchar na imaxe para vela en grande


PELÍCULAS:


Alma de bailarina (1933) Robert Z. Leonard


O filme protagonizado por Joan Crawford e Clark Gable conta a historia de Janie, unha bailarina dun tugurio de Manhattan que vai ao cárcere tras ser atrapada nunha redada. Alí faise amiga de Patch, un home da alta sociedade que logra introducila nunha superprodución de Broadway, onde ela acabará por converterse nunha estrela.


Anuncio do Colón

Nunha casa moi próxima ao Colón pódese ver pintado un anuncio de dito cine, asinado por Rocha.


Anuncio do Colón
O edificio, que estaba en ruinas, foi restaurado recentemente e por sorte, o anuncio do Colón mantívose en todo momento. Este é o resultado:



Evolución do edificio:



Edificio do anuncio en obras (esquerda) e cine Colón (dereita)



Outubro 2013

lunes, 23 de enero de 2012

O testemuño: Ribadeo. Recuerdos de infancia (Amadeo Arango)

Amadeo Arango conta no seu libro Ribadeo. Recuerdos de infancia, como eran os cines da vila nos 50. Hai que recordar que durante este periodo, en Ribadeo convivían o Cine Teatro e o Colón.


“Las salas Teatro (una de las más antiguas de Galicia) y Colón, de los treinta y cinco locales que hay en la provincia, son las únicas que disponen de pantalla Miracle Mirror y por lo tanto proyectan películas en panorámica y cinemascope. A diario ofertan, por el módico precio de dos pesetas butaca y una peseta general, en competencia, dos sesiones (los festivos tres) a las ocho y a las once de la noche, las mejores cintas del momento. No es extraño ver los domingos a la salida de la Iglesia parroquial, a empleados de ambas entidades entregando prospectos impresos a todo color, que nos dicen que vayamos a ver La Brigada Suicida, porque “cada disparo rebotará en su sensibilidad”, o bien “cada golpe le levantará de su asiento”. Otras veces aseveran que con Objetivo: Birmania “sentirá una emoción sin límites”. Si el que está en pantalla es Humphrey Bogart, es seguro que se trate de un film que “paraliza los latidos del corazón” como ocurre con Pasaje para Marsella. Una cosa distinta sucede con El asombro de Brooklyn, que da lugar a que “la carcajada sea elevada a su máxima potencia”, o tal vez “no reirán las piedras porque no irán a verla”. Es la época de la Vistavisión, del Cinemascope y de películas tales como: Lo que el viento se llevó, Quo Vadis?, Sansón y Dalila, Las minas del Rey Salomón, Miguel Strogoff, La casa de la Troya, La túnica sagrada, El último cuplé, La violetera, Río Bravo, Candilejas, La vuelta al mundo en ochenta días, La legión del Silencio, Jalisco canta en Sevilla, Arroz Amargo, La última frontera, Solo ante el peligro, Cantando bajo la lluvia, Marcelino pan y vino, El hombre de Kentucky, El pequeño ruiseñor, Los diez mandamientos, Ben Hur o Guerra y Paz.


Las proyecciones son muy completas porque durante el primer cuarto de hora se exhibe el NODO, con las noticias más importantes que ocurren en el mundo que casi siempre empiezan: “Su excelencia el Generalísimo Franco ha inaugurado…”. Después, hay un descanso de diez minutos en el que se ofrece propaganda muy lograda de las distintas firmas comerciales locales. Por último, los trailers.

En el verano se representan algunas obras y comedias, pero el Teatro siempre se llena cuando actúa Antonio Machín. Machin tiene mucho gusto cantando y por eso un año tras otro, después de haber entonado Angelitos negros, se oyen los gritos insistentes de otra, otra, otra…

La gente, que en parte va al gallinero porque se pasa mejor, se lleva unos caramelos que son extraídos de una clásica bombonera y los cacahuetes que previamente adquirió en La Flor.”


23/01/1954 (Las Riberas del Eo) 
21/12/1957 (Las Riberas del Eo)
19/07/1958 (Las Riberas del Eo)

Arango Moreno, Amadeo: Ribadeo. Recuerdos de infancia.
Xerfa. Ribadeo, 1997

Decembro de 1935

Nesta época, o Galaxia (ou Galatxia, segundo a prensa da época) é o único cine que hai en Ribadeo e a súa carteleira aparece anunciada cada sábado nos xornais locais.
Se temos en conta ditos anuncios, pódese afirmar que as sesións tiñan lugar o sábado ás 7 da tarde, mentres que os domingos había dúas sesións: ás 7 e ás 10 da tarde.
Chama a atención que o xoves 5 se proxecte unha película, xa que as semanas seguintes non hai ninguna sesión.

Carteleira do mes de decembro de 1935, elaborada a partir da información recollida nos anuncios do xornal Las riberas del Eo:

Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Galaxia

El primer amor (1934) John G. Blystone

30/11/1935 (Las Riberas del Eo)

¡Que calamidad! (1933) Maclean Rogers

Fra Diavolo (1933) Hal Roach

07/12/1935 (Las Riberas del Eo)

Las fronteras del amor (1934) Frank Strayer


El misterioso Sr X (1934) Edgar Selwyn

21/12/1935 (Las Riberas del Eo)

Ademais, o domingo 29, o cine Galaxia acolleu un mitín de Acción Popular, un partido político católico existente durante a II República.

04/01/1936 (Las Riberas del Eo)

sábado, 21 de enero de 2012

Multicines Cinelandia

Multicines Cinelandia foi inaugurado o 5 de decembro de 2002. O seu propietario é Jesús Pérez, socio de Gaper Cines, que xa rexentara anteriormente o Cine Teatro de Ribadeo e que tamén é dono dos Multicines A Mariña, en Viveiro.
O novo cine estreouse cunha sesión infantil gratuita, coa proxección da película Aventuras en Alaska, que tivo lugar ás 18.00 horas. Nesta mesma semana tamén estivo en carteleira o filme Mr. Deeds.

(Foto: www.cinescinelandia.es)

(Foto: www.cinescinelandia.es)


Cinelandia conta con dúas salas dotadas de son dixital, pantallas de 9 e 7 metros cadrados e capacidade para 287 e 213 espectadores.


Sala 1
(Foto: www.cinescinelandia.es)
Sala 2
(Foto: www.cinescinelandia.es)
Desde a súa apertura, o día do espectador é o martes, mentres que o mércores permanece pechado por descanso, agás no verán e en ocasións especiais.

Nun principio, o prezo da entrada era de 3’5€ o día do espectador e de 5€ o resto da semana.
Posteriormente, ata a subida do IVE en 2012, a entrada custou 5'5€ e o día do espectador 4€. 
Actualmente (2013), o prezo das entradas de Cinelandia é este:
- Venres, sábado, domingo e festivos = 6€
- Luns, mércores e xoves (Día anticrise) = 5€
- Martes (Día do espectador) = 4'50€

Entrada da sala 1
Entrada da sala 2 co IVE ao 7%
Entrada da sala 2 co IVE ao 21%

Podedes consultar a carteleira de Multicines Cinelandia na súa páxina webhttp://www.cinescinelandia.es/
E tamén podedes seguilos en facebook:


O cine Colón

En 1947, Manuel de la Barrera Rodríguez foi autorizado pola Delegación de Industria para abrir un novo cine en Ribadeo: o Colón, situado na que na actualidade se coñece como a Praza de Abaixo:


22/08/1947 (Las Riberas del Eo)

O 7 de maio de 1948, o Concello de Ribadeo concedeulle a Manuel de la Barrera a licenza para construír dito cine nunha finca da súa propiedade:


29/05/1948 (Las Riberas del Eo)

O 21 de agosto de 1949, inaugurouse o Colón, coa proxección da película La barrera invisible (1947), de Elia Kazan:


20/08/1949 (Las Riberas del Eo)

O Colón, deseñado polo arquitecto Alfredo Vila, é un edificio de estilo art déco, no que destaca a súa gran fachada, que amosa liñas xeométricas e unha ventá en forma de ollo.


Foto: "Ribadeo, recuerdos de infancia", Amadeo Arango
(Outubro de 1949)
(Foto: Google)


Evolución do cine Colón

O Cine Colón, que comezara a funcionar en 1949, pechou as súas portas en 1973.

O inmoble estivo abandonado e en ruinas durante moitos anos, ata que en 2008, o Concello de Ribadeo ordenou levar a cabo certas reformas na súa fachada:



Detalle do letreiro luminoso
(Foto: Google)

En 2013, o Colón foi mercado por Paisajes de Asturias:


14/10/2013 (La Voz de Galicia)

Aquí podedes ver máis fotos do Colón na actualidade.