viernes, 27 de septiembre de 2013

Enrique Rodríguez Baixeras

Enrique Rodríguez Baixeras, nacido en Ribadeo en 1953, iniciouse no Clube de Cine Amateur da Coruña con Díaz-Noriega, pai do cinema amateur en Galicia, Xavier Iglesias e Miguel Gato, entre outros. 
Alí filmaron en Súper 8 pezas como Antón (1971), A costa de Lugo (1971) e O encontro (1971).

En 1972, Baixeras, xunto con Xavier Iglesias e Miguel Gato, crea o colectivo cinematográfico ENROBA (acrónimo de Enrique Rodríguez Baixeras).


O grupo realiza algunhas das primeiras películas en Súper 8 do cinema galego, entre as que se atopan Foi grass (1972) e A morte do Mariscal (1973), centrada na figura de Pardo de Cela.

En 1974, Baixeras dirixe, esta vez en 16 mm, O documento, que foi gravada en Ribadeo. A curta é a primeira peza dunha triloxía baseada en relatos da obra Á lus do candil (1953), de Ánxel Fole. O cadaleito (1976) é a segunda parte desta triloxía que nunca se chegou a completar.

Rodaxe de O cadaleito
(Foto: El País)
Como curiosidade, hai que dicir que o director de cine Fernando Trueba foi director de dirección en O cadaleito, como se pode ver nos créditos:

Créditos de O cadaleito

Na actualidade, Baixeras vive en Foz, afastado do mundo do cine.

Enrique Rodríguez Baixeras
(Foto: El Progreso)
Podedes ver O documento, unha das poucas obras audiovisuais de Baixeras que aínda se conservan, pinchando neste enlace: http://vimeo.com/27821268 

martes, 24 de septiembre de 2013

Ribadeo na continuidade das canles de televisión

As praias, rúas e edificios de Ribadeo non só aparecen en películas, curtas ou videoclips, senón que tamén podemos velas na continuidade dalgunhas canles de televisión, principalmente das autonómicas.

Aquí tedes algúns exemplos de cortiniñas e ráfagas nas que está presente Ribadeo:



TELEVISIÓN DE GALICIA

Outono 2010:
A praia das Catedrais é a protagonista desta peza, que forma parte dunha serie que mostra lugares emblemáticos de Galicia, como a catedral de Santiago e a Torre de Hércules, entre outros.


Outono 2012:
Ribadeo apareceu en dúas das cortiniñas deste outono: nunha delas pódese ver parte das Catro Calles (concretamente da rúa Rodríguez Murias) e na outra, aparecen a Torre dos Moreno e unha praia ribadense.

 


V TELEVISIÓN

A praia das Catedrais tamén está presente nestas dúas ráfagas de V televisión.



TELEVISIÓN ESPAÑOLA

Outono 2013:

As Catedrais, xunto con outros monumentos naturais de España como por exemplo os Picos de Europa, forman parte dunha serie de cortiniñas que podemos ver este outono en TVE.


lunes, 23 de septiembre de 2013

Decembro de 1960

Esta é a carteleira do mes de decembro de 1960:

Pinchar na imaxe para vela en grande


PELÍCULAS:

   - Cine Teatro 

La venganza (1958) Juan Antonio Bardem 

27.11.1960 (La Comarca del Eo)

Una isla del sol (1957) Robert Rossen 

Calypso (1958) Franco Rossi 

Vacaciones sin novia (1958) Blake Edwards 

04.12.1960 (La Comarca del Eo)

Caravana hacia el Sur (1955) Henry King 

Cruce de destinos (1956) George Cukor

11.12.1960 (La Comarca del Eo)

10.12.1960 (Las Riberas del Eo)

Por primera vez (1959) Rudolph Maté 

Tormenta de odios (1948) F. Hugh Herbert 

La muralla (1958) Luis Lucía 

18.12.1960 (La Comarca del Eo)

Historia de un condenado (1953) Raoul Walsh

Totó y Pablito (1958) Antonio Musu 

25.12.1960 (La Comarca del Eo)

  - Cine Colón

La casa de té de la luna de agosto (1956) Daniel Mann

Un mundo nuevo (1957) René Cardona 

La Virgen rescatada (1955) Francesco De Robertis e Leonardo Salmieri

Prisionero de su traición (1954) Roy Rowland 

La última rosa (Sen datos) 

04.12.1960 (La Comarca del Eo)

Mamá nos complica la vida (1958) Vicente Minnelli

Maternidad imposible (1954) Emilio Gómez Muriel 

Rosas para Bettina (1956) George Wilhelm Pabst

Los terribles (Sen datos)

11.12.1960 (La Comarca del Eo)

10/12/1960 (Las Riberas del Eo)

Cada quien con su música (1959) Mauricio de la Serna 

El gorila os saluda (1958) Bernard Borderie 

Dos vidas en su mano (1954) Val Guest 

Davy Crockety y los piratas del Mississippi (1956) Norman Foster 

18.12.1960 (La Comarca del Eo)

El luchador de Kentucky (1949) George Waggner

El campeón y la bailarina (1957) Imeji Inque

El cerro de los locos (1960) Agustín Navarro 

25.12.1960 (La Comarca del Eo)

sábado, 21 de septiembre de 2013

Os cines de Ribadeo na exposición "Cines de Lugo provincia"

Con motivo da XXXV Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, o Museo Provincial acolleu unha exposición na que se puideron ver, por unha banda, películas rodadas na provincia de Lugo e pola outra, fotografías de antigos cines lucenses.


O cine Teatro e o Colón, de Ribadeo, estiveron presentes nesta exposición, como se pode ver nas seguintes imaxes:





As fotografías desta exposición mostran o aspecto que tiñan os dous cines hai uns anos, pero se queredes ver como están estes edificios na actualidade, podedes pinchar nestes enlances:

miércoles, 18 de septiembre de 2013

Docuforum no Amodiño

Os días 14, 15 e 16 de maio de 2013, o Amodiño Tenda Bar acolleu un docuforum con motivo da semana galega do comercio xusto.


Martes 14: Soberanía alimentaria e comercio xusto

NON COMAS O SUR
Este documental mostra a situación actual do comercio e distribución de alimentos e das consecuencias de introducir un dereito humano básico, como é a alimentación, na lóxica do mercado.

Podedes ver o documental pinchando aquí.

15/05/2013 (La Voz de Galicia)

Mércores 15: O dereito á auga

POR UN GROLO DE AUGA
O documental ofrece unha visión da grave situación do acceso á auga, a través de historias como a de Leno, un boliviano que vive ao lado dunha depuradora pero que se ve na obriga de camiñar longas distancias para conseguir auga.

Podedes ver o documental completo pinchando aquí.

A AVOA GRILO
Esta curta de animación, basada nun conto tradicional dos Ayoreos (pobo indíxena da fronteira entre Paraguai e Bolivia), amosa o problema da privatización da auga en Bolivia. 


Xoves 16: Roupa limpa

ELAS PEGAN, AS DESCALZAS, AS SOLAS DAS NOSAS BOTAS
Esta curta foi a gañadora da campaña Roupa limpa - SETEM Aragón:




martes, 17 de septiembre de 2013

Ribadeo en CAMINANDO AL ATLÁNTICO

Caminando entre cabos é un documental dirixido por J.K. Álvarez, protagonizado por Manuel Turnes e coa voz de Pepe Mediavilla, coñecido por ser o dobrador de actores como Morgan Freeman e personaxes como Gandalf (El señor de los anillos).


O documental, continuación de Caminando entre cabos, é unha viaxe pola costa norte de Galicia e foi rodando en distintos puntos da xeografía galega, entre eles, a praia das Catedrais:

Gravación nas Catedrais
(Foto: Facebook CSO Pictures)

Aquí podedes ver algúns fotogramas de Caminando al Atlántico, nos que aparecen a praia das Catedrais e a Illa Pancha:


Aquí tedes o tráiler do filme, que aínda non se estreou:


sábado, 14 de septiembre de 2013

As silenciadas, de Pablo Ces

O 15 de marzo de 2012, durante o acto de presentación do libro Mulleres na guerrilla antifranquista galega, de Aurora Marco, proxectouse o documental As silenciadas, dirixido por Pablo Ces.



As silenciadas é un documental sobre a loita de moitas mulleres galegas contra a violencia e a represión durante a ditadura franquista. Son seis historias da vida de mulleres que estiveron na clandestinidade ou apoiaron o movemento guerrilleiro e que por defendelo foron duramente represaliadas: morte, cárcere, tortura física e psicolóxica, exilio...


Podedes ver o tráiler de As silenciadas pinchando aquí e o documental está dispoñible aquí.

viernes, 13 de septiembre de 2013

Decembro de 1959

Esta é a carteleira de decembro de 1959:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

  - Cine Colón

Sube y baja (1959) Miguel M. Delgado

Un castillo en el Tirol (1957) Géza von Radványi

La panadera y el emperador (1955) Ernst Marischka

12/12/1959 (Las Riberas del Eo)

Neste anuncio tamén se informa do novo horario do cine para os días laborais: as funcións serán ás 6h e ás 8h e non ás 8h e ás 10.30h.

jueves, 12 de septiembre de 2013

1967: TVE e RNE en Ribadeo

En agosto de 1967, un equipo de Televisión Española e outro de Radio Nacional de España estiveron en Ribadeo.

05/08/1967 (Las Riberas del Eo)

Durante a súa visita, gravaron un concurso de muiñeiras celebrado en Santa Cruz e rodaron un documental das vilas da Ría de Ribadeo:

[...]
[...]
12/08/1967 (Las Riberas del Eo)

Ademais, o equipo de TVE aproveitou para filmar as instalacións de Las Riberas del Eo:

12/08/1967 (Las Riberas del Eo)

miércoles, 11 de septiembre de 2013

Ribadeo e o cine: CAMPING MOVIE

O pasado sábado 7 de setembro ás 16h estreouse en Cinelandia o filme Camping Movie, dirixida por J.K. Álvarez, realizador de curtas como Los fantasmas de Villavieja e da longametraxe El cuento de Duna.

06/09/2013 (El Progreso) 
07/09/2013 (La Voz de Galicia)
07/09/2013 (La Nueva España)

A película foi rodada no cámping A Nosa Casa de Barreiros e está protagonizada por Nicolás Castellanos, ademais de polos propios clientes do cámping.

Fotogramas de Camping Movie

Camping Movie (2013) J. K. Álvarez

Conan é feliz xunto co amor da súa vida, pero un día, sen previo aviso, un grupo de encapuchados secuestran á súa media laranxa, obrigando ao mozo a iniciar unha búsqueda desesperada para rescatala.
As pistas lévano ata un misterioso cámping cunha escura maldición, no que coñece a Sunshine, un gardabosques mudo do que pronto se fai amigo.
Xuntos comezan unha aventura que os leva a percorrer os rincóns máis ocultos do misterioso cámping, a coñecer os seus segredos do pasado e a descubrir quen son realmente os seus habitantes.




Para ver o tráiler de Camping Movie só tedes que pinchar aquí
E se queredes ter a película en DVD, podedes mercala na recepción do propio cámping.




viernes, 6 de septiembre de 2013

Ciclo de cinema árabe Amal

Os días 26, 27 e 28 de agosto de 2013, o Concello de Ribadeo acolleu un ciclo de cinema árabe, o Ciclo Amal, organizado pola Fundación Araguaney. As proxeccións tiveron lugar no cine Teatro e a entrada foi libre.


LUNS 26
As pezas proxectadas o primeiro día foron Ensemble e Rabat:

Pinchar na imaxe para vela en grande
Pinchar na imaxe para vela en grande

MARTES 27
Este día proxectouse Le thé ou l'electricité, gañadora do premio Amal 2012 á mellor longametraxe documental:

Pinchar na imaxe para vela en grande

MÉRCORES 28
O último día, os espectadores puideron ver Eid e Bromas aparte:

Pinchar na imaxe para vela en grande
Pinchar na imaxe para vela en grande