jueves, 31 de enero de 2013

Os inicios do cine Colón

Repasando a prensa de 1947, atopei o seguinte artigo, no que se informa de que Don Manuel de la Barrera Rodríguez foi autorizado para abrir un novo cine en Ribadeo:

22/08/1947 (Las Riberas del Eo)

Este cine ao que fai referencia, situado na Praza de Calvo Sotelo (actualmente chamada Praza de Abaixo) é o Colón.

Ao ano seguinte, o 7 de maio de 1948, celebrouse unha sesión no Concello na que se lle concede a Manuel de la Barrera a licenza para "construír un cine na finca da súa propiedade, situada no número 4 da Praza Calvo Sotelo":


29/05/1948 (Las Riberas del Eo)
Haberá que agardar ata agosto de 1949 para que o cine Colón abra as súas portas ao público.

lunes, 28 de enero de 2013

1913 e 1914: O cinematógrafo público en Ribadeo

Nos seguintes artigos publicados no xornal Castropol queda constancia de que en 1913 e 1914 o cinematógrafo xa chegara a Ribadeo. 
Hai que recordar que o cinematógrafo, inventado polos irmáns Lumière, foi presentado ao público por primeira vez o 28 de decembro de 1895 en París.

20/08/1913 (Castropol)
10/09/1914 (Castropol)

Nas dúas ocasións, a presenza do cinematógrafo en Ribadeo está relacionada coa celebración das festas da vila: as de San Roque de 1913 e as da patroa de 1914.

martes, 15 de enero de 2013

1954: Directores

O 24 e 25 de xaneiro de 1954 proxectouse no cine Colón un clásico da historia do cine: Cantando bajo la lluvia.
Esta película está dirixida por dúas figuras clave para o cine musical de Hollywood: Stanley Donen e Gene Kelly:

Gene Kelly e Stanley Donen

STANLEY DONEN (1924 -)

Foi un bailarín, coreógrafo e director de cine estadounidense.
Comezou a traballar en Hollywood da man de Gene Kelly, que lle ofreceu ser o seu asistente despois de coñecelo no musical de Broadway Pal Joey.
Xunto con Gene Kelly, dirixiu Un día en Nueva York (1949) e Cantando bajo la lluvia (1952).
Tamén realizou outras comedia musicais como Tres chicas con suerte (1953), Siete novias para siete hermanos (1954) e Funny Face (1957).
Ademais, na súa filmografía destacan Charada (1963) e Dos en la carretera (1967), protagonizadas por Audrey Hepburn.

Un día en Nueva York (1949)

GENE KELLY (1912 – 1996)

Foi un actor, cantante, bailarín, coreógrafo e director estadounidense.
Despois de traballar como profesor na academia de baile da súa familia, Gene Kelly trasládase a Nueva York para protagonizar o musical Pal Joey, onde coñece a Stanley Donen.
A súa carreira en Hollywood comezou coa película Por mi chica y por mi (1942), que protagonizou con Judy Garland e que o lanzou ao estrelato.
Tras alistarse no exército norteamericano para combater na II Guerra Mundial, volveu ao mundo do cine, con películas como Levando anclas (1945),  con Frank Sinatra, Los tres mosqueteros (1948), Un americano en París (1951), etc.
Ademais, codirixirou con Stanley Donen Un día en Nueva York (1949) e Cantando bajo la lluvia (1952), protagonizadas polo propio Kelly.
A partir dos anos 60, seguiu dirixindo películas como Hello, Dolly (1969) ou El club social de Cheyenne (1970). A súa última aparición nun filme musical foi en Xanadú (1980), bailando con Olivia Newton-John.


Gene Kelly en Cantando bajo la lluvia (1952)

lunes, 14 de enero de 2013

Outubro de 1954

En outubro de 1954 chegou ao cine Teatro un clásico do cine de animación: Alicia en el país de las maravillas, de Walt Disney.

Esta é a carteleira de outubro de 1954:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Colón

Mi prima Rachel (1952) Henry Koster

Aves de rapiña (1948) George Sherman

02/10/1954 (Las Riberas del Eo)

El hechizo de Melba (1953) Lewis Milestone

Malasia (1952) Ken Annakin

Una carta al amanecer (1948) Giorgio Bianchi

09/10/1954 (Las Riberas del Eo)

   - Cine Teatro

Vaya par de marinos (1952) Hal Walker

Alta traición (1951) Roy Boulting

Tres secretos (1950) Robert Wise

02/10/1954 (Las Riberas del Eo)

Mi hijo John (1952) Leo McCarey

Maya (1951) Mehboob

Alicia en el país de las maravillas (1951) Clyde Geronimi, Hamilton Luske e Wilfred Jackson

09/10/1954 (Las Riberas del Eo)

domingo, 13 de enero de 2013

Xaneiro de 1954

Esta foi a carteleira do mes de xaneiro de 1954:


Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

  - Cine Teatro:

A la luz de la luna (1951) Roy Del Ruth

Revuelta en Haití (1952) Jean Negulesco 


03.01.1954 (La Comarca del Eo)
03.01.1954 (La Comarca del Eo)

Su alteza el ladrón (1951) Rudolph Maté

Kon - Tiki (1950) Thor Heyerdahl


10.01.1954 (La Comarca del Eo)

El mensaje de Fátima (1952) John Brahm

Noches en Río (1939) John Brahm 


17.01.1954 (La Comarca del Eo)

10.01.1954 (La Comarca del Eo)

La dama de Trinidad (1952) Vincent Sherman


24.01.1954 (La Comarca del Eo)

23.01.1954 (Las Riberas del Eo)


¡Viva Zapata! (1952) Elia Kazan

31.01.1954 (La Comarca del Eo)
24.01.1954 (La Comarca del Eo)

   - Cine Colón

Faldas a bordo (1952) Sidney Lanfield

Las dos Carlotas (1950) Josef von Báky

Horizontes lejanos (1952) Anthony Mann

¿Se puede entrar? (1950) George Seaton


03.01.1954 (La Comarca del Eo)
03.01.1954 (La Comarca del Eo)

Aquí viene el novio (1951) Frank Capra 

Noche de ladrones (1930) James Parrott

Venganza del destino (1950) Jean Negulesco


10.01.1954 (La Comarca del Eo)

Veneno implacable (1951) Gordon Douglas

Pánico en las calles (1950) Elia Kazan


17.01.1954 (La Comarca del Eo)

Cantando bajo la lluvia (1952) Stanley Donen e Gene Kelly

Despertó su corazón (1949) Jerónimo Mihura

24.01.1954 (La Comarca del Eo)
23.01.1954 (Las Riberas del Eo)

10.01.1954 (La Comarca del Eo)

24.01.1954 (La Comarca del Eo)

La mujer sin nombre (1950) Ladislao Vajda

31.01.1954 (La Comarca del Eo)

miércoles, 9 de enero de 2013

Ribadeo nas curtas: Paquete

A finais de decembro de 2004, o auditorio ribadense acolleu un obradoiro de iniciación á curtametraxe, organizado pola Concellería de Cultura e Mr. Misto Films. 

30/12/2004 (La Voz de Galicia)
Unha das actividades principais do curso consistiu en gravar unha curta, Paquete, dirixida por Julia Díaz e Ignacio Rodríguez. 
A obra, que se desenvolve no parque de San Francisco, está protagonizada por Adolfo Gasalla e Toni Deaño, xunto con outros moitos veciños da vila.

Aquí podedes ver Paquete


lunes, 7 de enero de 2013

Outono de 2004: Un mar de vida

En 2004, con motivo do segundo aniversario do afundimento do Prestige e como parte da programación cultural de outono, o Concello de Ribadeo organizou unha serie de actividades baixo o nome de Un mar de vida.

14/12/2004 (La Voz de Galicia)
O 11 de novembro, tivo lugar a proxección do documental Muxía, política na Costa da Morte (2003), dirixido por Roberto Llovo e no que se analiza a repercusión que a catástrofe do Prestige tivo nas eleccións municipais de 2003.


Outra das actividades realizadas foi a presentación da obra Salitre, de Volta e Dálle Teatro.