sábado, 30 de agosto de 2014

Agosto Musical 2014: Música de cine

O venres 29 de agosto, no Parque de San Francisco, tivo lugar un concerto no que a Banda Municipal de Música Ribadeo interpretou temas de varias películas:



Durante o concerto, proxectáronse fragmentos das películas:

Momento no que a Banda interpreta a música de Braveheart

Esta actuación serviu de peche para o Agosto Musical 2014 da Banda:



PELÍCULAS:

El rey León (1994) Rob Minkoff e Roger Allers 

La bella y la bestia (1991) Gary Trousdale e Kirk Wise

Braveheart (1995) Mel Gibson

Pearl Harbour (2001) Michael Bay

El príncipe de Egipto (1998) Simon Wells, Steve Hickner e Brenda Chapman 

Gladiator (2000) Ridley Scott

La vida es bella (1997) Roberto Benigni



Momento no que a Banda interpreta a música de El rey León
(Foto: Facebook Ribadeo)

Se queredes ver máis fotos, podedes velas no Facebook "Ribadeo", onde tamén atoparedes un vídeo do final do concerto.


viernes, 29 de agosto de 2014

Os cines en "Non eres de Ribadeo si non..."

Recentemente, e seguindo o exemplo doutras vilas, creouse en Facebook o grupo "Non eres de Ribadeo si non...", no que se recollen vivencias, recordos e anécdotas relacionadas con Ribadeo e os seus habitantes.
Entre todas as curiosidades compartidas polos seus numerosos membros, atópanse moitas relacionadas co cine Colón e co Teatro.



Algunhas están relacionadas coas persoas que traballaban nos cines, destacando especialmente a Sebastián, o acomodador do Teatro, e a José de Mon, acomodador no Colón:




Outra xente lembra o que levaba ao cine para comer durante a película: cacahuetes da Flor, pipas e castañas da Fogonera, lambonadas da Portuguesa e ata unha fogaza de pan, no caso de Yuma:




Tamén hai quen non esqueceu o que se gritaba e cantaba nos cines:




Ademais, non faltan os recordos relacionados coa carteleira e os carteis do Teatro, coas películas proxectadas, etc.:





E outros lembran os negocios que se atopaban preto dos cines:






* Os nomes e fotos dos autores están ocultos para manter a súa privacidade.

jueves, 28 de agosto de 2014

Ribadeo e o cine: A NOITE DOS MORTOS VIVINTES

O luns 25 de agosto, proxectouse A noite dos mortos vivintes, a última película do ciclo Un ollo de vidro, dedicada ao cine clásico de terror.



A noite dos mortos vivintes (1968) George A. Romero

As radiacións procedentes dun satélite provocan un fenómeno terrorífico: os mortos saen das súas tumbas e atacan a homes para alimentarse. 
Nun cemiterio de Pennsylvania, Bárbara, tras ser atacada, refúxiase nunha granxa, onde tamén está escondido Ben. Xuntos fan barricadas para defenderse dunha multitude de zombies que soamente poden ser vencidos se lle dan un golpe na cabeza.

sábado, 23 de agosto de 2014

Sesións infantís no Colón e no Teatro

Tanto o cine Teatro como o Colón dedicaban algunhas das súas sesións ao público infantil.

No Colón, as películas dirixidas aos máis pequenos adoitaban proxectarse os domingos ás 3.30h ou ás 3.45h:

























Por outra parte, as sesións infantís no Teatro eran ás 4h:





Ademais, nos dous cines poñían de vez en cando películas infantís, especialmente de Disney: