lunes, 30 de abril de 2012

Revistas de cine: Estampa

Ademais de Films selectos e Radio y cinema, durante os anos 30 en Ribadeo estaba á venda a revista Estampa. A diferenza das anteriores, esta non era unha publicación especializada en cine, pero entre as súas páxinas incluía algunhas seccións adicadas á sétima arte.

24/03/1934 (Las Riberas del Eo)

Estampa foi unha revista semanal fundada e dirixida por Luis Montiel de Balanzat e que se editou entre 1928 e 1938.

A publicación incluía reportaxes de actualidade nacional e internacional e seccións de moda, teatro, cine, arte e deportes, entre outros temas. 

A revista estaba fundamentalmente dirixida ao público feminino e nos seus inicios non se posicionou politicamente. Coincidindo co principio da Guerra Civil, foi confiscada polas Xuventudes Socialistas, que comezaron a incluír propaganda da Unión Soviética, polo que unha vez rematado o conflito bélico, Estampa non conseguiu o permiso para seguir editándose.

Unha das características máis chamativas da revista é a gran cantidade de fotografías e ilustracións que se poden atopar nas súas páxinas.


Exemplos de páxinas de Estampa adicadas ao cine:

- Artigo sobre Walt Disney:
15/12/1934
15/12/1934

- Actrices como Greta Garbo eran referentes de beleza:

26/05/1934

- Joan Crawford e Clark Gable:

06/01/1934

Exemplos de portadas de Estampa:

15/11/1930
21/08/1937

Neste enlace pódense consultar moitos números da revista Estampa:

domingo, 29 de abril de 2012

1935: Directores

O director que máis películas dirixiu das proxectadas en Ribadeo no ano 1935 é John Reinhardt.

JOHN REINHARDT (1901 - 1953)

John Reinhardt foi un director, actor, guionista e productor de cine nacido en Viena. 
Entre as súas películas como director destacan Yo, tú y ella (1933), Dos más uno dos (1934) tamén coñecida como ¡Ojo solteros!, Tango bar (1935), El día que me quieras (1935), Captain Calamity (1936), Una novia en apuros (1942) e Chicago Calling (1952), entre outras moitas.
Nos anos 50, traballou como director, guionista e productor en varios episodios da serie de televisión Fireside Theatre, emitida pola canle estadounidense NBC.


John Reinhardt con parte do elenco de Yo, tú y ella

Neste enlace está dispoñible un dos filmes de Reinhardt, Captain Calamity:
http://archive.org/details/captain_calamity_1936 


Ademais, en 1935 os ribadenses tiveron a ocasión de coñecer parte da filmografía doutros directores como King Vidor, Edgar Selwyn, Jean KemmHal Roach, etc.

sábado, 28 de abril de 2012

1934: Crónica do cine español

En xuño de 1934, Las Riberas del Eo publicou unha crónica na que Federico Mediante Noceda fai un repaso dalgunhas das películas españolas máis destacadas dos anos 33 e 34:


09/06/1934 (Las Riberas del Eo)
09/06/1934 (Las Riberas del Eo)

PELÍCULAS MENCIONADAS:

La ciudad de cartón (1934) Louis King

Susana tiene un secreto (1935) Benito Perojo

Sobre el cieno (1933) Fernando Roldán

Sol en la nieve (1933) León Artola

Doña Francisquita (1934) Hans Behrendt 

El novio de mamá (1933) Florián Rey

Se ha fugado un preso (1934) Benito Perojo

El agua en el suelo (1934) Eusebio Fernández Ardavín

Miguelón (1933) Adolfo Aznar

El canto del ruiseñor (1932) Carlos San Martín

La traviesa molinera (1934)  Harry d'Abbadie d'Arrast

Sierra Leona (Sen datos)


Os espectadores ribadenses puideron desfrutar dalgunha destas películas no salón de cine sonoro. Por exemplo, en abril de 1935 proxectouse o filme Doña Francisquita.



E como curiosidade, unha entrada do Cine de la Flor de Madrid, mencionado no artigo:



viernes, 27 de abril de 2012

Xaneiro de 1935

En xaneiro de 1935 houbo proxeccións no salón de cine sonoro de Ribadeo, xa que o Teatro estaba sendo reformado.

Carteleira de xaneiro de 1935:

Pinchar na imaxe para vela en grande


PELÍCULAS:

Yo soy un vagabundo (1933) Lewis Milestone

El corresponsal de guerra (Sen datos)

La vida privada de Enrique VIII (1933) Alexander Korda


05.01.1935 (Las Riberas del Eo)
06.01.1935 (La Comarca del Eo)

Robinson moderno (1932) A. Edward Sutherland

27.01.1935 (La Comarca del Eo)

jueves, 26 de abril de 2012

Febreiro de 1935

O xoves 21 de febreiro proxectouse a película documental Secretos de Australia.

Carteleira de febreiro de 1935:

Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

Secretos de Australia (1931) Paul Withington e Clinton Childs.

23/02/1935 (Las Riberas del Eo)

sábado, 21 de abril de 2012

Abril de 1935

En abril de 1935, ao igual que no mes de maio, na prensa anúnciase unha proxección no "fermoso salón de cine sonoro", seguramente referíndose ao Galaxia.

Carteleira de abril de 1935:

Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

Doña Francisquita (1934) Hans Behrendt

Yo quiero a mi niñera (1932) Walter Forde

20/04/1935 (Las Riberas del Eo)

jueves, 19 de abril de 2012

Maio de 1935

En Las Riberas del Eo de maio de 1935 anúnciase unha proxección no "fermoso salón do cine sonoro". Aínda que non se menciona o nome de dito salón, todo indica que se trata do cine Galaxia nos seus inicios.

Carteleira de maio de 1935:

Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

El heredero del Bal Tabarin (1933) Jean Kemm

Soñadores de la gloria (1931) Miguel Contreras Torres

18/05/1935 (Las Riberas del Eo)

domingo, 15 de abril de 2012

Xullo de 1935

En xullo de 1935, no Galaxia proxectouse a película Broadway por dentro.

Carteleira de xullo de 1935:

Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Galaxia

Broadway por dentro (1933) Lowell Sherman

06/07/1935 (Las Riberas del Eo)

sábado, 14 de abril de 2012

Outubro de 1935

En outubro de 1935, celebrouse en Ribadeo unha homenaxe a Lope de Vega, con motivo do terceiro centenario do seu nacemento.
A homenaxe consistiu na representación no Teatro Principal da obra Peribañez y el comendador de Ocaña, con alumnos do instituto como protagonistas. 
O cine Galaxia acolleu a proxección do filme Yo, tú y ella co fin de recadar fondos para dita celebración.

Carteleira de outubro de 1935:

Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Galaxia

Yo, tú y ella (1933) John Reinhardt

19/10/1935 (Las Riberas del Eo)
19/10/1935 (Las Riberas del Eo)

26/10/1935 (Las Riberas del Eo) 

Yo, tú y ella é unha adaptación de José López Rubio da obra Mujer, de Gregorio Martínez Sierra e que estivo dirixida por John Reinhardt.

Peribáñez y el Comendador de Ocaña é unha obra teatral do dramaturgo do século XVII Lope de Vega.


Neste mesmo mes tamén se proxectaron algunhas películas sobre o cultivo do tabaco en Galicia:

19/10/1935 (Las Riberas del Eo)

viernes, 13 de abril de 2012

Novembro de 1935

Tras consultar de novo a prensa local de 1935, é posible elaborar a carteleira do mes de novembro de dito ano grazas aos datos obtidos.
Hai que lembrar que naquela época, o único cine que había en Ribadeo era o Galaxia.

Carteleira de novembro de 1935

Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Galaxia

Tarzán y su compañera (1934) Cedric Gibbons e Jack Conway

09/11/1935 (Las Riberas del Eo)

Calles de Nueva York (1931) Zion Myers e Jules White

La garra del gato (1934) Sam Taylor

16/11/1935 (Las Riberas del Eo)

¡Ojo, solteros! (1934) John Reinhardt

El campeón (1931) King Vidor

30/11/1935 (Las Riberas del Eo)

miércoles, 11 de abril de 2012

Ribadeo no cine: OS MORTOS VAN Á PRÉSA

Se hai unha película que non pode faltar ao falar da relación entre Ribadeo e o cine, esa é Os mortos van á présa, dirixida por Ángel de la Cruz.



SINOPSE: Os mortos van á présa (Ángel de la Cruz, 2008)
Irene, interpretada por Neus Asensi, é unha camioneira dunha empresa de transporte de peixe e marisco, que chega a Fariño do Mar coa intención de adquirir mercadorías. 
Por desgraza, o seu camión queda atascado sobre unha estreita ponte no interior da pequena vila, impedindo o paso cara ao cemiterio, xusto o día en que os fariñenses van dar o seu último adeus a Cándido Bouzas, un vello mariñeiro.
O suceso apraza as honras fúnebres e o féretro co corpo do defunto é trasladado de novo á súa casa, onde será velado indefinidamente…

TRAILER:


Fotogramas da película

RIBADEO EN OS MORTOS VAN Á PRÉSA
Ribadeo está presente ao longo de toda a película:

Localizacións:
Os mortos van á presa ten lugar en Fariño do Mar, nome ficticio de Rinlo, que é onde se rodou a maior parte do filme. Algunhas partes da película tamén se gravaron en puntos de Ribadeo e da Devesa.
Entre os lugares máis recoñecibles que aparecen, atópanse a Illa Pancha, a praia das Catedrais e o cemiterio da Devesa, ademais das rúas, a ponte, as cetáreas, a igrexa, un bar e casas de Rinlo.


Bar de Rinlo que foi reconstruido para o filme
Cemiterio da Devesa

Extras:
A maioría dos extras que saen na película son veciños de Ribadeo que decidiron participar no proxecto. Incluso o actual alcalde da vila e o seu antecesor se animaron a interpretar un pequeno papel como curas.
Deste xeito tiveron a ocasión de coñecer ao elenco da película, formado por grandes actores do audiovisual galego, como son Chete Lera, Belén Constenla, María Castro, Manuel Manquiña, Pico, Morris, Sergio Bermúdez, Berta Ojea, Ernesto Chao, Antonio Mourelos, Estibaliz Veiga e Gonzalo Uriarte, entre outros moitos.


Fernando Suárez e Balbino Pérez Vacas, entre outros, caracterizados de curas

Banda sonora:
A banda sonora da película está composta por Arturo Kress e interpretada pola Banda Municipal de Música de Ribadeo. Ademais, os seus compoñentes aparecen nun pasarrúas nun momento do filme.


A Banda na gravación da BSO

Colaboración dos veciños:
Non hai que olvidar que a colaboración dos veciños de Rinlo foi fundamental para que se puidese levar a cabo a rodaxe e foron moitos os que permitiron que as súas casas e negocios se transformasen para a película.
Aínda hoxe se poden ver en Rinlo obxectos que formaron parte do atrezzo do filme, como por exemplo un cartel que se ve de fondo na comisaría de Fariño do Mar e que actualmente está colgado no bar Portillo.


Cartel que se pode ver no bar Portillo
Casa pintada en Rinlo

Estrea:
En xaneiro de 2009, o Cine Teatro acolleu a estrea nacional de Os mortos van á présa. A película proxectouse simultaneamente no Cine Teatro e nos Multicines Cinelandia, para que puidesen desfrutar dela un maior número de persoas.
Á estrea acudiu gran parte do equipo técnico e artístico, que foi recibido con expectación polos ribadenses.




Bobina:
En 2010, o director da película, Ángel de la Cruz fixo entrega en Ribadeo dunha copia da bobina de Os mortos van á présa:


Desde aquí, animo a todo o mundo a que vexa Os mortos van á presa, que está dispoñible en DVD e tamén recomendo escoitar o CD da banda sonora da película, que tamén está á venda.
E se quedades con ganas de saber máis, anímovos a que lle botedes unha ollada ao diario de rodaxe de Os mortos van á presa, onde Ángel de la Cruz conta con detalle o proceso de creación da película.

Xuño de 1937: Peter

O domingo 6 de xuño de 1937 ás 6, 8 e 10:30h no Teatro proxectouse a comedia Peter, da cal Las Riberas del Eo dicía o seguinte:


05/06/1937 (Las Riberas del Eo)
05/06/1937 (Las Riberas del Eo)

Peter (1934) Henry Koster

Eva, protagonizada por Franziska Gaal, é unha moza que vive co seu avó na rúa. Para sobrevivir, vese obrigada a roubar disfrazada como un rapaz.



lunes, 9 de abril de 2012

Xuño de 1937

A carteleira de xuño de 1937 preséntase así:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

    - Cine Galaxia

Barcarola (1935) Gerhard Lamprecht


05/06/1937 (Las Riberas del Eo)

    - Cine Teatro

Peter (1934) Henry Koster

La familia lo desea (1934) Reinhold Schünzel

La buenaventura (1934) William C. McGann

05/06/1937 (Las Riberas del Eo)

Neste mesmo mes tamén aparece en Las Riberas del Eo un anuncio dunha posible actuación da Compañía de Zarzuela Del Manojo de Rosas no Teatro Principal:


05/06/1937 (Las Riberas del Eo)