lunes, 31 de julio de 2017

Proxecto-R. DRIVE

O pasado mércores 26 de xullo ás 21.30h, no Cine Teatro proxectouse Drive, dirixida por Nicolas Winding Refn e protagonizada por Ryan Gosling e Carey Mulligan.
A película forma parte do ciclo de cine Proxecto R, organizado polo colectivo Doce do Patíbulo e que este mes de xullo estivo dedicado ao thriller.

Cartel deseñado por Kike Díaz


Drive (2011) Nicolas Winding Refn

Durante o día, Driver traballa nun taller e é condutor especialista de cine, pero algunhas noites fai de chofer para delincuentes.
Shannon, o seu xefe, que coñece ben o seu talento ao volante, búscalle directores de cine e televisión ou criminais que precisan un bo condutor para as súas fugas. Pero o mundo de Driver cambia o día que coñece a Irene, a fermosa veciña que ten un fillo pequeno e ao seu marido no cárcere.



miércoles, 5 de julio de 2017

Ribadeo Indiano 2017

Os días 7, 8 e 9 de xullo celebrarase o IV Ribadeo Indiano e para anuncialo e animar aos veciños a participar, presentouse un pequeno vídeo (fai clic aquí para velo).



O vídeo, dirixido polo Farero, está protagonizado por membros do Concello, de Acisa, do grupo de teatro e por outros veciños da nosa vila.