lunes, 30 de octubre de 2023

Panchas en Cines Ribadeo (2023)

Desde o 15 de outubro ata o 31 de decembro está en circulación a Pancha, moeda virtual ribadense.


Nesta nova edición da iniciativa, que ten como obxectivo fomentar o consumo na nosa vila, hai máis de 100 negocios adheridos, entre os que se atopa Cines Ribadeo.


miércoles, 25 de octubre de 2023

Cines Ribadeo e a Festa do Cine (Maio 2023)

Durante os días 15, 16, 17 e 18 de maio, Cines Ribadeo participou nunha nova edición da Festa do Cine, con entradas a 3'50€.


As películas proxectadas estes días foron: Guardianes de la galaxia Vol.3, Fatum, Super Mario Bros: La película e ¡Vaya vacaciones!.


lunes, 23 de octubre de 2023

Ribadeo e o cine: O HOME E O CAN

O home e o can é unha película dirixida por Ángel de la Cruz e protagonizada por Manuel Manquiña, Paula Chaves, Gonzalo Uriarte e Estíbaliz Veiga.




O filme, rodado en blanco e negro e integramente en galego, estreouse o pasado venres 20 de outubro en 22 salas galegas, entre as que se atopa Cines Ribadeo.


O home e o can conta a historia de Manuel, que nunca saiu da súa aldea, na que vive completamente só co seu can. Un accidente obrígao a viaxar á cidade para buscar un veterinario e alí atopará a Paula, que foxe dun fogar desestruturado.


O domingo 22 ás 20.30h en Cines Ribadeo tivo lugar un pase especial da película, xa que nel estiveron presentes Ángel de la Cruz e Estíbaliz Veiga, que mantiveron un coloquio co público tras a proxección.


O filme estará na carteleira de Cines Ribadeo desde o venres 20 ao xoves 26.


domingo, 22 de octubre de 2023

Cines Ribadeo e a Festa do Cine (Outubro 2023)

Un ano máis, Cines Ribadeo participou nunha nova edición da Festa do Cine, que se celebrou do 2 ao 5 de outubro de 2023.


A diferenza de anos anteriores xa non foi necesario acreditarse previamente para poder mercar as entradas, que custaban
3'5€.

As películas proxectadas estes días en Cines Ribadeo foron The Creator e Los mercen4rios.


Hai que lembrar que a Festa do Cine é unha iniciativa levada a cabo polo ICAA (Instituto da Cinematografía e as Artes Audiovisuais), a FECE (Federación de Cines de España) e FEDICINE (Federación de Distribuidores Cinematográficos) e ten como obxectivo achegar aos espectadores ás salas, rebaixando o prezo das entradas. 

sábado, 21 de octubre de 2023

Cine Sénior en Cines Ribadeo

O martes 11 de xullo de 2023 comezou o programa Cine Sénior, promovido polo Ministerio de Cultura e Deporte e que permite aos maiores de 65 anos ir ao cine por 2€ un día á semana.



Cines Ribadeo é unha das 420 salas adheridas a esta iniciativa.