martes, 28 de abril de 2015

Artigos de cine: "Charla en la Escuela de Idiomas de Ribadeo"

O pasado xoves 23 de abril, a Escola de Idiomas acolleu unha charla de Dimas G. Bennet sobre a figura do film commissioner, como se explica neste artigo de La Comarca del Eo:

25/04/2015 (La Comarca del Eo)

lunes, 27 de abril de 2015

Unha foto do Colón no Breoghán

Desde o pasado mes de marzo, todos os que se acheguen a tomar algo ao Breoghán poden ver nunha das súas paredes unha foto das letras do Cine Colón, feita por F.P. Xuya:

Pinchar na imaxe para vela en grande
(Foto: Facebook Breoghán)

Pinchar na imaxe para vela en grande


letreiro luminoso que se atopaba na fachada do Colón foi retirado en 2008 debido ao seu mal estado:

miércoles, 22 de abril de 2015

Anos 30: Obras no Teatro

En 1844, o Concello de Ribadeo cedeu o uso da Casa Fábrica á Sociedade Filantrópico Dramática, creada en 1935, para convertela en teatro.
Ao longo da súa historia, o Teatro sufriu numerosas reformas, como a que se fixo a mediados dos anos 30, antes de que o edificio funcionase como sala de proxección.
Nos seguintes artigos da prensa local, pódese ver como a aprobación de ditas obras causou bastante polémica na vila:

23/06/1934 (Las Riberas del Eo)

07/07/1934 (Las Riberas del Eo)

07/07/1934 (Las Riberas del Eo)

En novembro de 1934, concedéuselle á Sociedade Filantrópico Dramática a licenza para as obras no Teatro:

03/11/1934 (Las Riberas del Eo)

08/12/1934 (Las Riberas del Eo)

Para coñecer máis información sobre o cine Teatro fai clic aquí.


miércoles, 8 de abril de 2015

Documentais en "40 anos de represión e resistencia"

Desde mañá, xoves 9 de abril, ata o día 30, poderase visitar en Ribadeo a exposición 40 anos de represión e resistencia, que a través de numerosos documentos e utensilios pretende mostrar como se levou a cabo a resistencia durante a ditadura franquista.


Ademais, da mostra, ao longo de todo o mes haberá conferencias e proxectaranse dous documentais: A volta dos nove e O Piloto:

A volta dos nove (2014) Antón Caeiro



O Piloto (2015) Xosé Reigosa