martes, 31 de julio de 2012

Abril de 1942

Carteleira de abril de 1942:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

  - Cine Teatro

Condesa por una noche (1938) Henri Decoin 

04/04/1942 (Las Riberas del Eo)

En poder de Barba Azul (1940) José Buchs

25/04/1942 (Las Riberas del Eo)

lunes, 30 de julio de 2012

Marzo de 1942

A carteleira de marzo de 1942 é a seguinte:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

  - Cine Teatro

Todo por ellas (1942) Adolfo Aznar

28/03/1942 (Las Riberas del Eo)

Todo por ellas está protagonizada por Matilde Vázquez. Esta cantante, actriz e empresaria do teatro de zarzuela, naceu en 1905 en Cambados e pasou a súa xuventude en Vilagarcía.


miércoles, 18 de julio de 2012

1941: Directores

As películas proxectadas en Ribadeo durante 1941 destacan por ser maioritariamente europeas, o que contrasta coa década anterior, na que o máis frecuente era ver cine de Hollywood. 

Entre os directores españois de películas exhibidas no cine Teatro neste ano, hai que mencionar a Benito Perojo, do que xa falamos anteriormente, e Florián Rey:

FLORIÁN REY (1894 – 1962)

Florián Rey foi un director de cine español, aínda que os seus inicios foron como actor.
Na época do cine mudo dirixiu, entre outros moitos títulos, La aldea maldita (1930), que está considerada como unha das súas mellores obras.
Coa chegada do sonoro, Florián Rey decidiu pasar unha tempada nos estudios de Paramount en Joinville, Francia, para familiarizarse cos novos sistemas de gravación.
Na súa filmografía destacan La hermana San Sulpicio (1934), Nobleza Baturra (1935) e Morena Clara (1936), de temática costumista e protagonizadas por Imperio Argentina, que foron películas moi populares na época da República.
Durante a Guerra Civil, trasladouse a Alemaña, onde acollido por Hitler, realizou Carmen la de Triana (1938) e La canción de Aixa (1938). Estes filmes tamén estiveron protagonizados por Imperio Argentina, coa que Florián Rey estivo casado.




La hermana San Sulpicio (1934), Nobleza Baturra (1935) e Morena Clara (1936) puideron verse nos cines de Ribadeo:


01/02/1936 (Las Riberas del Eo)
29/02/1936 (Las Riberas del Eo)

18/04/1936 (Las Riberas del Eo)

07/09/1941 (La comarca del Eo)

martes, 17 de julio de 2012

Novembro de 1941

Carteleira de novembro 1941:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Teatro

Brazos de acero (1936) John G. Blystone

La princesa Tarakanova (1938) Fyodor Otsep e Mario Soldati


29/11/1941 (Las riberas del Eo)

lunes, 16 de julio de 2012

Setembro de 1941

Neste mes de setembro de 1941 hai que destacar a estrea do Noticiario Luce no cine Teatro. 
O instituto LUCE (L' Unione Cinematografica Educativa), que naceu co obxectivo de difundir cine didáctico e informativo, foi un potente órgano de propaganda cinematografica durante o fascismo italiano.
Ademais, esta institución realizou numerosos documentais e outras pezas sobre a Guerra Civil española, que foron ben acollidos pola España franquista.

A carteleira de setembro de 1941 é a seguinte:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

  - Cine Teatro

Café Metropol (1937) Jacques Deval

La hermana San Sulpicio (1934) Florián Rey
Esta película xa fora exhibida anteriormente en Ribadeo


07/09/1941 (La comarca del Eo)

Na canle de YouTube do instituto Luce pódense consultar parte destes noticiarios Luce: 

sábado, 14 de julio de 2012

Agosto de 1941

Carteleira de agosto de 1941:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

  - Cine Teatro

El  barbero de Sevilla (1938) Benito Perojo

¿Aun no conoce usted a Korff? (1938) Fritz Holl


24/08/1941 (La comarca del Eo)

(Perdón pola mala calidade da foto)

jueves, 12 de julio de 2012

Xuño de 1941

Carteleira de xuño de 1941:
Pinchar na imaxe para vela en grande


PELÍCULAS:

  - Cine Teatro

El paraíso perdido (1939) Abel Gance

La canción que tú cantabas (1939) Miguel Mileo

08/06/1941 (La comarca del Eo)

La macaquita (1938) Alexander Esway


15/06/1941 (La comarca del Eo)

La verbena de la paloma (1934) Benito Perojo

Luz a Oriente (1935) Mervyn LeRoy


22/06/1941 (La comarca del Eo)

miércoles, 11 de julio de 2012

Febreiro de 1941

En 1941, o Teatro seguía sendo o único cine de Ribadeo.

Carteleira de febreiro de 1941:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

  - Cine Teatro

La última falla (1940) Benito Perojo


08/02/1941 (Las Riberas del Eo)
09/02/1941 (La comarca del Eo)

viernes, 6 de julio de 2012

1940: Directores

En 1940, pola pantalla do cine Teatro pasaron varias películas do director de Hollywood Sam Wood:

SAM WOOD (1883 - 1949)

Sam Wood foi un director de cine norteamericano.
Comezou a súa carreira como axudante de Cecil B. DeMille. Máis tarde, traballou para dúas grandes majors de Hollywood: a Paramount e MGM, onde dirixiu a estrelas do cine como Ginger Rogers, Clark Gable, Gloria Swanson e os irmáns Marx.
Na súa filmografía atópanse títulos tan destacados como Una noche en la ópera (1935), Un día en las carreras (1937), Adiós Mr Chips (1939), Sinfonía de la vida (1940) e Espejismo de amor (1940). Tamén foi un dos directores de Lo que el viento se llevó (1939), xunto con Victor Fleming e George Cukor, entre outros.



Aquí podedes ver a coñecida escena do camarote dos irmáns Marx, do filme Una noche en la ópera (Sam Wood, 1935):



Este ano tamén se proxectaron películas doutros directores como George Cukor, Clarence Brown e Fernando Delgado, entre outros.

miércoles, 4 de julio de 2012

Decembro de 1940

En decembro de 1940, o Teatro acolleu proxeccións de cine, pero tamén varias representacións teatrais da Compañía cómico dramática Milagros Leal e Soler-Mari.

Carteleira de decembro de 1940:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:


   - Cine Teatro

Caballero improvisado (1936) Thornton Freeland


07/12/1940 (Las Riberas del Eo)

Sigamos la flota (1936) Mark Sandrich


08/12/1940 (La comarca del Eo)


OBRAS DE TEATRO:

Lo increíble


21/12/1940 (Las riberas del Eo)

Las tres Marías


22/12/1940 (La comarca del Eo)

martes, 3 de julio de 2012

Novembro de 1940

Carteleira de novembro de 1940:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Teatro

La gitanilla (1940) Fernando Delgado

La tragedia de Louis Pasteur (1935) William Dieterle


17/11/1940 (La comarca del Eo)

lunes, 2 de julio de 2012

Agosto de 1940

Carteleira de agosto de 1940:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:


- Cine Teatro

Romeo y Julieta (1936) George Cukor


18/08/1940 (La comarca del Eo)

domingo, 1 de julio de 2012

Xullo de 1940


Das películas proxectadas no cine Teatro en xullo de 1940, polo momento só teño constancia de Horizontes de gloria, protagonizada por Mickey Rooney e Freddie Bartholomew.

Carteleira de xullo de 1940:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

- Cine Teatro

Horizontes de gloria (1938) Sam Wood


07/07/1940 (La comarca del Eo)