miércoles, 31 de mayo de 2017

Verán 2017: Obradoiro de iniciación ás curtas

Como cada verán, o Concello de Ribadeo organiza unha serie de actividades dirixidas aos máis novos da casa e entre as previstas para este ano, inclúese un obradoiro de iniciación ás curtametraxes.



O obradoiro, que terá lugar do 3 ao 6 de xullo, está dirixido a mozos e mozas a partir de 11 anos e o prazo para inscribirse está aberto desde o 24 de maio ata o 2 de xuño.



Para máis información sobre as actividades de verán fai clic aquí.

sábado, 27 de mayo de 2017

Proxecto-R. MUERTE ENTRE LAS FLORES

O pasado mércores 24 de maio, proxectouse no cine Teatro a película Muerte entre las flores, dirixida por Joel Coen.
Este filme forma parte do ciclo Proxecto-R, organizado polo colectivo Doce do Patíbulo e que este mes de maio estivo dedicado ao cine negro.
A proxección, que estivo acompañada dunha actuación musical de Cherry, foi de balde e en versión orixinal subtitulada.

Cartel deseñado por Mónica Justo


Muerte entre las flores (1990) Joel Coen

Entre dous amigos xorde unha gran rivalidade a causa do amor dunha muller. Leo, un gángster que domina a cidade e Tom, o seu lugartenente, enfróntanse nunha guerra aberta que desencadeará traizóns, conflitos políticos, corruptelas e escisións internas.


24.05.2017 (La Voz de Galicia)

miércoles, 17 de mayo de 2017

Artigos de cine: "Federico Mediante, autor de cine novelas populares vinculado al cine y a Ribadeo"

O pasado domingo 14 de maio publicouse en La Voz de Galicia un interesante artigo sobre a figura de Federico Mediante Noceda, nacido en Castropol en 1887 e que estivo unido ao cine e a Ribadeo, como se pode ler nos seguintes fragmentos: 


14.05.2017 (La Voz de Galicia)

Como recollen varios historiadores de cine, Federico Mediante foi un dos explicadores de cine máis populares en Madrid entre 1900 e 1904.
Na época do cine mudo, os explicadores eran as persoas que se situaban xunto á pantalla do cine e comentaban os argumentos das películas, engadindo o seu toque persoal de humor, sentimentalismo ou dramatismo.
As principais razóns para a existencia dos explicadores eran a ausencia de rótulos na maior parte da película e o alto nivel de analfabetismo existente entre a sociedade española de principios do século XX. Ademais, a partir de 1905, a duración das películas era cada vez maior e os argumentos máis complexos, polo que foi nesta época cando se produciu o maior auxe da figura dos explicadores. Posteriormente, coa chegada do cine sonoro, o seu traballo deixou de ser necesario.

Rótulo da película Tiempos modernos, de Charles Chaplin

Neste blog pódese coñecer máis información sobre Mediante Noceda e pinchando aquí e aquí, recóllense algúns dos artigos sobre cine que publicou en Las Riberas del Eo.

martes, 9 de mayo de 2017

Gravación dun anuncio de El Corte Inglés nas Catedrais

A semana pasada, un equipo dunha produtora desprazouse ata a praia das Catedrais para rodar un spot de moda para El Corte Inglés.

04/05/2017 (La Voz de Galicia)
05/05/2017 (El Progreso)


06/05/2017 (La Voz de Galicia)

Nas seguintes imaxes de Foto Miguel, pódense ver varios momentos da gravación:



lunes, 8 de mayo de 2017

Cines Ribadeo e a Festa do Cine (Maio 2017)

Un ano máis, Cines Ribadeo participa na XII Festa do Cine, que se está celebrando estes días 8, 9 e 10 de maio.

Ao igual que nas edicións pasadas, o prezo da entrada é de 2'90€ e para poder beneficiarse deste desconto hai que acreditarse previamente na web oficial da Festa do Cine.


As películas que se poden ver estes días no cine son: Fast&Furious 8, Guardianes de la Galaxia Vol.2, Bebé jefazo e Plan de fuga.


miércoles, 3 de mayo de 2017

Proxecto-R. EL BUSCAVIDAS

O mércores 26 de abril ás 21h proxectouse no bar Cortello a película El buscavidas, dirixida por Robert Rossen e protagonizada por Paul Newman.
Este filme forma parte do ciclo de cine Proxecto-R, organizado polo colectivo Doce do Patíbulo e que durante o mes de abril estivo dedicado ao drama.
Como todos os meses, a proxección foi de balde e en versión orixinal subtitulada.



El buscavidas (1961) Robert Rossen

Eddie Felson é un mozo arrogante e amoral que frecuenta con éxito as salas de billar. Decidido a ser o mellor, busca ao Gordo de Minnesota, un lexendario campión de billar. Cando por fin consegue enfrontarse con el, a súa falta de seguridade faino fracasar. O amor dunha solitaria muller podería axudarlle a cambiar de vida, pero Eddie non parará ata que derrote ao campión...