lunes, 26 de noviembre de 2012

O cine Galaxia e o referéndum de 1947

Aínda que o Galaxia deixou de funcionar como cine en 1938, grazas a este anuncio de Las Riberas del Eo podemos ver que, case dez anos despois do seu peche, o edificio continuaba destinándose a outros usos:

28/06/1947 (Las Riberas del Eo)

Neste caso, o Galaxia foi un dos tres colexios a onde os ribadenses acudiron para votar no referéndum sobre a Lei de Sucesión celebrado o 6 de xullo de 1947.

Como curiosidade, aquí van unhas fotos dos resultados obtidos en Ribadeo, dun folleto propagandístico e dunha papeleta do censo:

12/07/1947 (Las Riberas del Eo)

(Foto: Google)
(Foto: Google)

miércoles, 21 de noviembre de 2012

Cinensino


O Cinensino é un programa que, a través do cine, trata diferentes temas relacionados coa prevención do consumo de drogas e alcohol.
Cinensino está dirixido aos alumnos de primaria e do 1º ciclo da ESO de toda Galicia que, tras asistir á proxección dunha película cada trimestre, realizan as actividades dun caderno didáctico durante as horas de titoría.


Aínda que na actualidade o IES de Ribadeo non participa nesta actividade, durante varios anos, o alumnado da vila si que acudiu ás proxeccións, que tiñan lugar no cine Teatro ou no auditorio municipal.

24/07/2008 El Progreso

Aquí vai un exemplo das películas que se puideron ver en tres das edicións do Cinensino:

2006 – 2007

1º sesión
Dick Jane y ladrones de risa (2005) Dean Parisot

2º sesión
Sky High: Una escuela de altos vuelos (2005) Mike Mitchell

3º sesión
Pequeños salvajes (2006) Wil Shriner


2007 – 2008

1º sesión (13.11.2007)
Alex Rider: Operación Stormbreaker (2007) Geoffrey Sax

2º sesión (28.02.2008)
Salvatore. Así es la vida (2006) Gian Paolo Cugno

3º sesión (14.05.2008)
Un puente hacia Terabithia (2007) Gabor Csupo


2008 – 2009

1º sesión (23.10.2008)
Los seis signos de la luz (2007) David L. Cunningham

2º sesión de Cinensino (28.01.2009)
El niño de Marte (2007) Menno Meyjes

3º sesión de Cinensino (17.04.2009)
El niño con el pijama de rayas (2008) Mark Herman



Para coñecer máis detalles sobre o Cinensino podedes visitar a súa páxina web: http://cinensino.com/gal/index.html




domingo, 18 de noviembre de 2012

Cine fórum "Indignados"


A asociación de veciños O Tesón organizou no mes de marzo de 2012 o cine fórum “Indignados”, coa proxección das películas Taking Root, Una verdad incómoda, Inside Job e La doctrina del shock, todas elas relacionadas con temas sociais ou medioambientais.
A actividade, que se celebrou os venres ás 20h na Casa do Mar, consistía nunha breve presentación da película, a proxección da mesma e un debate posterior sobre os temas tratados.


PELÍCULAS:

Venres 9 marzo 2012: 
Taking Root (2008) Lisa Merton e Alan Dater

Venres 16 marzo 2012: 
Una verdad incómoda (2006) Davis Guggenheim
14/03/12 Crónica 3 A Mariña

Venres 23  marzo 2012: 
Inside Job (2010) Charles Ferguson

17/03/12 Crónica 3 A Mariña
 
Venres 30 novembro 2012: 
La doctrina del shock (2009) Michael Winterbottom e Mat Whitecross
28/03/12 Crónica 3 A Mariña

sábado, 17 de noviembre de 2012

1951: Directores

Dúas das películas máis esperadas nos cines ribandeses en 1951 foron Agustina de Aragón e Balarrasa, dirixidas por Juan de Orduña e José Antonio Nieves Conde, respectivamente.


JUAN DE ORDUÑA (1900 – 1974)

Juan de Orduña foi un actor e director de cine español.
A principios dos anos 20 fundou a produtora Goya Films, xunto con Florián Rey.
Ademais de participar en películas de cine mudo como Boy (1926), Juan de Orduña tivo un papel na primeira película sonora do cine español: El misterio de la puerta del Sol (1929), e noutros coñecidos filmes, como Nobleza Baturra (1935).
Nos anos 40, centrouse na súa carreira de director e realizou comedias como La culpa la tuvo Adán (1944) ou Locura de amor (1948).
Na década dos 50 pasou a dirixir unha serie de dramas históricos nos que exaltaba os valores patrióticos: Agustina de Aragón (1950), La leona de Castilla (1951), Alba de América (1951), etc-
Entre a súa extensa filmografía tamén hai que destacar El último cuplé (1957), protagonizada por Sara Montiel.




JOSÉ ANTONIO NIEVES CONDE (1911 – 2006)

Nieves Conde foi un xornalista e cineasta español.
Comezou traballando na radio e tamén foi crítico de cine no diario Pueblo e redactor da revista cinematográfica Primer Plano.
Os seus inicios no cine foron como axudante de dirección de Rafael Gil, co que traballou en varias películas.
Tras abandonar o xornalismo, centrouse na súa carreira cinematográfica. A súa primeira película foi Senda ignorada (1946), aínda que o seu primeiro éxito chegoulle con Balarrasa (1950).
Tamén dirixiu Surcos (1951), unha película polémica de temática social e moi critica pola Igrexa, o que provocou que Nieves Conde tivese que modificar o final do filme antes da súa estrea.
Entre a súa filmografía atópanse títulos como Los peces rojos (1954), El inquilino (1958), que nun principio non contou coa aprobación da censura, Cotolay (1966) e películas de certo contido erótico, como Volvoreta (1976).



viernes, 16 de noviembre de 2012

Novembro de 1951

Carteleira de novembro de 1951:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

  - Cine Colón

Una hora en su vida (1950) Alessandro Blasetti

17/11/1951 (Las Riberas del Eo)


  - Cine Teatro

Pinky (1949) Elia Kazan

17/11/1951 (Las Riberas del Eo)

Al compás del corazón (1944) Henry Koster

17/11/1951 (Las Riberas del Eo)

miércoles, 14 de noviembre de 2012

Xullo de 1951

A carteleira de xullo de 1951 é a seguinte:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:


  - Cine Colón

Las hermanas (1938) Anatole Litvak

Los ángeles perdidos (1947) Fred Zinnemann

30/06/1951 (Las Riberas del Eo)

  - Cine Teatro

Pasión en la selva (1948) Zoltan Korda

Esta película estivo acompañada da proxección da curta de animación El extraño caso de gato Jekyll (ou Tom & Jerry: Dr. Jeckyll y el Sr. Ratón), protagonizada por Tom e Jerry.

30/06/1951 (Las Riberas del Eo)
El extraño caso del gato Jekyll (1947) Hanna & Barbera


lunes, 12 de noviembre de 2012

Xuño de 1951: El halcón y la flecha


En xuño de 1951 estreouse no cine Colón a película El halcón y la flecha, protagonizada por Burt Lancaster:
16/06/1951 (Las Riberas del Eo)

16/06/1951 (Las Riberas del Eo)


El halcón y la flecha (1950) Jacques Tourneur

O maior inimigo de Dardo, un home que vive nas montañas, é o Duque Urbis, máis coñecido como o Halcón, xa que el secuestrou á súa muller e ao fillo.
O Duque, no nome do emperador, ten totalmente dominados aos habitantes das vilas de Lombardía.
Un día, e para levar a cabo unha particular vinganza, Dardo secuestra a Anna, a sobriña do Duque.

domingo, 11 de noviembre de 2012

Xuño de 1951

A chegada do verán de 1951 deixouse notar nos cines de Ribadeo:


Ademais, neste mes, concretamente o día 16, tanto no cine Teatro como no Colón comezou a aplicarse o horario de verán. 

Carteleira de xuño de 1951:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

  - Cine Colón

El halcón y la flecha (1950) Jacques Tourneur

Alma en la sombra (1941) W. S. Van Dyke

16/06/1951 (Las Riberas del Eo)

Furia secreta (1950) Mel Ferrer

El embrujo de Shanghai (1941) Josef von Sternberg

23/06/1951 (Las Riberas del Eo)

  - Cine Teatro

La dinastía de los Forsyte (1949) Compton Bennett

16/06/1951 (Las Riberas del Eo)

Pacto tenebroso (1948) Douglas Sirk

A proxección desta película estivo precedida pola da curta El concertista desconcertado, protagonizada por Tom e Jerry e gañadora do Oscar á mellor curtametraxe de animación en 1946.

23/06/1951 (Las Riberas del Eo)

El concertista desconcertado (1947) Hanna & Barbera


jueves, 8 de noviembre de 2012

Abril de 1951

Carteleira de abril de 1951:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

  - Cine Colón

De hombre a hombre (1949) Hugo Fregonese

14/04/1951 (Las Riberas del Eo)

  - Cine Teatro

El inspector general (1949) Henry Koster

14/04/1951 (Las Riberas del Eo)

miércoles, 7 de noviembre de 2012

Marzo de 1951: Balarrasa


En marzo de 1951 estreouse no Colón a película Balarrasa, protagonizada por Fernando Fernán Gómez.

10/03/1951 (Las Riberas del Eo)
10/03/1951 (Las Riberas del Eo) 
10/03/1951 (Las Riberas del Eo)
10/03/1951 (Las Riberas del Eo)
10/03/1951 (Las Riberas del Eo)

17/03/1951 (Las Riberas del Eo)


Balarrasa (1951) José Antonio Nieves Conde

Un misioneiro español, coñecido como Balarrasa, vese atrapado nunha gran tormenta de neve en Alaska.
Ao crer que se atopa ante o fin dos seus días, comeza a recordar a súa vida: desde a morte da nai e os problemas co pai e os irmáns, ata a súa experiencia durante a Guerra Civil e o  posterior ingreso nun seminario.


martes, 6 de noviembre de 2012

Marzo de 1951

Carteleira de marzo de 1951:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Colón

El tercer hombre (1949) Carol Reed


24/02/1951 (Las Riberas del Eo)

El amor brujo (1949) Antonio Román

El beso de la muerte (1947) Henry Hathaway


10/03/1951 (Las Riberas del Eo)

Balarrasa (1951) José Antonio Nieves Conde

Detengan a esa rubia (1945) George Marshall


17/03/1951 (Las Riberas del Eo)


  - Cine Teatro

Las zapatillas rojas (1948) Michael Powell e Emeric Pressburger


10/03/1951 (Las Riberas del Eo)

Las rocas blancas de Dover (1944) Clarence Brown

Calcuta (1947) John Farrow


17/03/1951 (Las Riberas del Eo)


En Las Riberas del Eo tamén aparece un anuncio da película La máscara de los Borgia, pero non se sabe nin a data nin o lugar de proxección.

La máscara de los Borgia (1949) Mitchell Leisen

17/03/1951 (Las Riberas del Eo)