domingo, 28 de octubre de 2012

Cine pola igualdade


Desde o ano 2010 celébrase en Ribadeo o concurso de guións cinematográficos Cine nas aulas para a promoción da igualdade, que forma parte da campaña Un futuro para compartir en igualdade.
Nel poden participar os alumnos da ESO dos centros educativos da vila e o primeiro premio consiste na gravación da curta gañadora.
As obras están protagonizadas polo propio alumnado e os seus profesores, aínda que tamén contan coa colaboración doutros rapaces.



As curtas realizadas ata o momento son:

2010: 
A PRINCESA QUE QUERÍA SER MULLER
4º de ESO do IES Dionisio Gamallo Fierros



2011: 
A XENIA DO FÚTBOL E A ARTE DE FABIO
3º de ESO do IES Dionisio Gamallo Fierros



2012: 
OS TEMPOS CAMBIAN E AS PERSOAS TAMÉN
3º de ESO do IES Dionisio Gamallo Fierros



sábado, 27 de octubre de 2012

1950: Directores

Varias das películas que pasaron polos cines de Ribadeo ao longo de 1950 estiveron dirixidas por George Sherman e Jean Negulesco:

GEORGE SHERMAN (1908 – 1991)

Tras traballar como mozo do correo na Warner e como asistente de dirección, ascendeu a director.
Ao longo da súa carreira dirixiu numerosas películas de acción e westerns de serie B, como Orgullo de comanche (1950), El piel roja (1951), La isla de los corsarios (1952) e Asalto al fuerte Clark (1953).
Tan só conta con dúas películas consideradas de serie A: Los comancheros (1961), protagonizada por John Wayne e da que Sherman foi productor, e El gran Jack (1971), da que foi director.
Tamén realizou episodios de series de televisión como Los tres mosqueteros (1936), Látigo (1959), etc.
Como curiosidade, hai que dicir que dirixiu a Marisol en Búsqueme a esa chica (1964) e en La nueva Cenicienta (1964).

John Wayne, Marisol, Antonio el Bailarín e George Sherman


JEAN NEGULESCO (1900 – 1993)

Aínda que comezou no cine como decorador de escenarios e artista de sketches, Negulesco destaca polo seu traballo como director, guionista e productor.
Entre as súas películas atópanse: Belinda (1948), pola que foi nominado ao Oscar a mellor director; Como casarse con un millonario (1953), protagonizada por Lauren Bacall e Marilyn Monroe; El parador del camino (1948), Regresaron tres (1950), El hundimiento del Titanic (1953), Papá piernas largas (1955), con Fred Astaire; e La sirena y el delfín (1957), entre outras.
Jean Negulesco morreu aos 93 anos en Marbella a causa dun ataque ao corazón.

Marilyn Monroe e Jean Negulesco

viernes, 26 de octubre de 2012

Decembro de 1950: La legión de los condenados

Os días 10 e 11 de decembro de 1950 no cine Colón estreouse La legión de los condenados, protagonizada por Dick Powell, Marta Torén e Vincent Price.

09/12/1950 (Las Riberas del Eo)

02/12/1950 (Las Riberas del Eo)
09/12/1950 (Las Riberas del Eo)

La legión de los condenados (1948) Robert Florey

Tras a II Guerra Mundial, o estadounidense Whit Corbett alístase na Lexión Extranxeira francesa.
En realidade, Corbett é un axente de intelixencia que busca alí a un alemán chamado Carl Reicher, un peligroso nazi responsable de crímenes de guerra.


miércoles, 24 de octubre de 2012

Decembro de 1950

O mes de decembro de 1950, numerosas películas pasaron polos cines de Ribadeo. 
As sesións do Teatro tiñan lugar os domingos e os luns, mentres que no Colón tamén se podía desfrutar da séptima arte o resto da semana.

Carteleira de decembro de 1950:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

  - Cine Colón

Tiburones de acero (1943) Archie Mayo

Konga roja (1943) Alejandro Galindo

La calle del delfín verde (1947) Víctor Saville

02/12/1950 (Las Riberas del Eo)
Legión de los condenados (1948) Robert Florey

Su destino (1938) Enrico Guazzoni

09/12/1950 (Las Riberas del Eo)

Defendiendo mi vida (1939) Lewis Seiler

Así no se muere (Sen datos)

16/12/1950 (Las Riberas del Eo)
17/12/1950 (La Comarca del Eo)

Mil ojos tiene la noche (1948) John Farrow

Romance musical (1946) Ernesto Arancibia

23/12/1950 (Las Riberas del Eo)

La rival (1948) Mervyn LeRoy

30/12/1950 (Las Riberas del Eo)

  - Cine Teatro

La gran mentira (1941) Edmund Goulding

02/12/1950 (Las Riberas del Eo)

Don Juan (1950) José Luis Sáenz de Heredia

09/12/1950 (Las Riberas del Eo)

María Antonieta (1938) W. S. Van Dick

16/12/1950 (Las Riberas del Eo)
17/12/1950 (Las Riberas del Eo)

El diamante de Maharaja (1946) Roberto de Ribón

De mujer a mujer (1950) Luis Lucía

23/12/1950 (Las Riberas del Eo)

Un soltero difícil (1950) Manuel Tamayo

30/12/1950 (Las Riberas del Eo)

martes, 23 de octubre de 2012

Novembro de 1950

A carteleira de novembro de 1950 é a seguinte:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

  - Cine Colón

La manigua sin Dios (1949) Arturo Ruiz Castillo

28/10/1950 (Las Riberas del Eo)

Cara o cruz (1938) Arcady Boytler

Pleito de honor (1948) Anthony Asquith

04/11/1950 (Las Riberas del Eo)

El tesoro de Sierra Madre (1948) John Huston

Río escondido (1947) Emilio Fernández

11/11/1950 (Las Riberas del Eo)

Jassy la adivina (1947) Bernard Knowles

Miranda (1948) Ken Annakin

18/11/1950 (Las Riberas del Eo)

  - Cine Teatro

La guitarra de Gardel (1949) León Klimovsky

04/11/1950 (Las Riberas del Eo)

Viva la vida (1948) H. C. Potter

11/11/1950 (Las Riberas del Eo)

La sentencia (1947) Vincent Sherman

18/11/1950 (Las Riberas del Eo)

lunes, 22 de octubre de 2012

Outubro de 1950

Neste mes nos cines de Ribadeo proxectáronse varias películas, pero tamén houbo espazo para unha representación teatral.

Carteleira de outubro de 1950:

Pinchar na imaxe para vela en grande


PELÍCULAS:

  - Cine Colón

Luna sin miel (1948) Claude Binyon

La casa de los Courtneys (1947) Herbert Wilcox

30/09/1950 (Las Riberas del Eo)

Noche y día (1946) Michael Curtiz

Eugenia Grandet (1946) Mario Soldati

Berlín Express (1948) Jacques Tourneur

07/10/1950 (Las Riberas del Eo)

Don Juan de Serrallonga (1949) Ricardo Gascón

Los tres García (1947) Ismael Rodríguez

14/10/1950 (Las Riberas del Eo)

Así son ellas (1948) Richard Thorpe

La feria de las quimeras (1946) Pierre Chenal


21/10/1950 (Las Riberas del Eo)
22/10/1950 (La Comarca del Eo)

Doble vida (1947) George Cukor

Alhambra (Sen datos)

28/10/1950 (Las Riberas del Eo)

- Cine Teatro

Fuego en la nieve (1949) William A. Wellman

30/09/1950 (Las Riberas del Eo)

Lo que fue de la Dolores (1947) Benito Perojo

07/10/1950 (Las Riberas del Eo)

La perla (1945) Emilio "Indio" Fernández

14/10/1950 (Las Riberas del Eo)

Odio entre hermanos (1949) Joseph L. Mankiewicz

21/10/1950 (Las Riberas del Eo)
22/10/1950 (La Comarca del Eo)

Los hermanos Karamazoff (Sen datos)

28/10/1950 (Las Riberas del Eo)

No cine Teatro representouse a obra de teatro Buscando una estrella:

14/10/1950 (Las Riberas del Eo)

jueves, 18 de octubre de 2012

Setembro de 1950: Persecución en la noche

Outra das películas que pasaron polo Colón en setembro de 1950 foi Persecución en la noche, dirixida por Robert Montgomery.

23/09/1950 (Las Riberas del Eo)
23/09/1950 (Las Riberas del Eo)

Persecución en la noche (1947) Robert Montgomery

Lucky Gagin chega a unha vila mexicana da fronteira coa misión de atopar a un tal Frank Hugo, do que quere vengarse. Un axente do FBI, Bill Retz, tamén está tras a pista do misterioso Hugo.
Pero a búsqueda non será nada fácil, xa que todos os veciños da vila son bastante enigmáticos...


miércoles, 17 de octubre de 2012

Setembro de 1950: Huracán

En setembro de 1950 proxectouse no Colón a película Huracán, baseada na novela Wildfire de Zane Grey e protagonizada por Ann Blyth, Howard Duff e George Brent.

16/09/1950 (Las Riberas del Eo)
09/09/1950 (Las Riberas del Eo)
16/09/1950 (Las Riberas del Eo)

Huracán (1949) George Sherman

Lin Sloane intérnase no agreste territorio de Colorado para capturar a Huracán, o guía dunha manda de cabalos salvaxes.
Alí coñece a Lucy, a filla dun poderoso home da rexión e inimigo acérrimo da familia de Lin, que ten a intención de atopar o cabalo para domalo.