miércoles, 26 de septiembre de 2012

Ribadeo nas curtas: A toda mecha 2006

Ribadeo serviu como escenario de curtametraxes en numerosas ocasións, como por exemplo, na II edición do ON&OFF 2006, coa celebración do I Certame A toda mecha.
Este consistiu en realizar unha curta gravada en Ribadeo en tan só 3 días, durante o transcurso do festival.
As pezas resultantes, que se exhibiron na gala de clausura, foron:

HISTORIA DO CINE TEATRO
Como din os irmáns Prada, directores desta curta, “todas as persoas de Ribadeo coñecen o Cine Teatro. Pero cada unha ten a súa propia historia”. Historia do Cine Teatro, gañadora do Misto de Pau, móstranos algunhas desas historias.


O QUE A AMIZADE SE LEVOU
A curta dirixida por Borja Pardo transcorre no interior do castelo de San Damián.


A VER HO, ESPABILA
Na peza de Joao Rodicio, gravada na Praza de Abaixo, pódese ver o cine Colón antes de que pintasen a súa fachada.


ASALTO AO CASTILLO DE SAN DAMIÁN
Esta curta, rodada na zona do faro e do castelo de San Damián, está dirixida por Isma Teijeiro.


CHEGADA MASIVA DE VIDEOCREADORES
No “especial informativo” de Verónica Remaller e Mariña Casais, pódense ver a moitos dos participantes do Festival ON&OFF 2006.


EL ATREVIMIENTO DE JOHN CARRACK
A curta de Juan de Oliveira ten como escenario principal o porto deportivo de Porcillán.


HEISSEL: COMO SE FIXO O MISTURA SOUND 2006
Making of do Mistura Sound 2006 dirixido por Xabi Lomba e con música de Heissel.


TOXIC GIRL
Este videoclip con música de The Homens, está protagonizado pola actriz Estíbaliz Veiga e dirixido por Jacobo Paz.


lunes, 24 de septiembre de 2012

Gregorio Sanz e A lingua das bolboretas

Gregorio Sanz (Ayllón, 1900 – Ribadeo, 1997) foi un mestre republicano moi ligado a Ribadeo, onde traballou en varias ocasións e onde fundou a Biblioteca Popular Circulante.
En 1936, co estalido da Guerra Civil, estivo preso e foi inhabilitado para exercer na educación pública.
Tras a súa xubilación, trasladouse a Ribadeo e aquí residiu ata o seu falecemento en 1997.
Desde 1994, a escola pública desta vila leva o seu nome. 


A lingua das bolboretas é un relato incluído na obra de Manolo Rivas ¿Que me queres amor? e foi levado ao cine por José Luis Cuerda en 1999. O seu protagonista, Don Gregorio, está claramente inspirado en Gregorio Sanz.


No libro das festas patronais de 2005, Suso Fernández Acevedo escribiu un artigo no que explica as similitudes entre Gregorio Sanz e Don Gregorio:

Dentro duns meses cumpriranse dez anos da publicación de ¿Que me queres, amor? de Manolo Rivas. Era novembro de 1995 cando o xurado do VII premio Torrente Ballester de narrativa acordaba concederlle o galardón a esta obra composta por dezaseis relatos. De todos eles acabou tendo especial sona o titulado “A lingua das bolboretas”, sobre todo despois de que fose levado ó cine, baixo a dirección de José Luís Cuerda. O que probablemente non se coñeza tanto é o vincallo que ata a capacidade creativa de M. Rivas coa historia local ribadense. Ese lazo de unión ten nome propio: Don Gregorio.

Don Gregorio é o nome do mestre protagonista do relato. É un mestre querido polos seus alumnos, entregado ó seu traballo, innovador na metodoloxía,... e republicano. Este posicionamento ideolóxico volveuse fatal para el no verán do 36, xa que por ese motivo sufriu a represión franquista.

Aínda que esta historia se podería relacionar con moitos outros nomes, a estas alturas xa é evidente a especial coincidencia coas vivencias de Don Gregorio Sanz, a quen Ribadeo honrou acertadamente ó darlle o seu nome ó colexio público. Daqueles tempos difíciles deixou constancia Don Gregorio Sanz no seu libro Uno de tantos. Cinco años a la sombra. No prólogo desta obra atopamos, en palabras de Víctor Moro, sensacións de aprecio dos alumnos polo mestre similares ás que transmite Pardal no relato:
“Todos los días nos sorprendía con renovadas ilusiones. No transcurría jornada en que nuestras mentes no se abrieran a un nuevo conocimiento”
“Nos asomamos en clases inolvidables en contacto con la naturaleza a nuestros valles y montañas. Estudiamos los árboles y las flores y desde entonces las amamos...”
   
Isto recórdanos as palabras de Pardal cando di:
“O mestre agardaba que lle enviasen un microscopio os da Instrucción pública. Tanto nos falaba de como se agrandaban as cousas miúdas e invisibles por aquel aparato que os nenos chegabamos a velas de verdade, como se as súas verbas entusiastas tiveran os efectos de poderosas lentes”.
“Todo o que tocaba era un conto engaiolante. ... Todo enfiaba, todo tiña sentido. A herba, a ovella, a la, ...”.

Tamén atopamos semellanzas no final do relato, que remata cun camión ateigado de presos camiño do cárcere mentres a xente os insulta chamándolles “traidores, criminais e roxos”. Ata Pardal, o neno que aprendera a amar a escola e a vida grazas ó labor do mestre, arrinca das súas entrañas os seus particulares insultos: “¡Sapo!, ¡Tilonorrinco!, ¡Iris!”. De xeito similar, Don Gregorio Sanz conta nas súas memorias como, xa preso en Mondoñedo, oían berros de “¡Canallas!, ¡Asesinos!, ¡Moscovitas!”, berros que se repetiron en Lugo: “¡Asesinos!, ¡Traidores!, ¡Vendidos a Rusia!, ¡Herejes!”. Tamén di que eran visitados polos nenos dos Maristas, que se achegaban ata as reixas para ver como eran “los hombres malos”.

Edicións do Castro publicou a obra de D. Gregorio Sanz en 1986; Galaxia editou a de Rivas a finais do 95. Eu linas con moi pouca diferenza de tempo e axiña notei o sabor que as unía, non disimulado por Rivas, como demostra o feito de manter o mesmo nome do protagonista. Uns anos despois, Rosa Cal daba conta desta relación nunha reseña en A Nosa Terra. Agora eu deixo constancia do mesmo, concretando un pouquiño máis, pero sen cansar, que é tempo de festa.

Gregorio Sanz e Don Gregorio, interpretado por Fernando Fernán Gómez

Stop motion

O stop motion é unha técnica de animación que consiste en aparentar movemento a través da filmación fotograma a fotograma de obxectos estáticos.
Esta é a técnica usada en películas como Pesadilla antes de navidad, La novia cadáver, El fantástico Sr. Fox, Chicken run, Los mundos de Coraline ou a galega O Apóstolo, entre outras moitas.

Fotograma de O monstro das Catedrais

En Ribadeo, os máis cativos tiveron en varias ocasións a oportunidade de coñecer de cerca esta técnica.

OFestivalON 2009
O 1 de agosto de 2009, no marco da V edición de OFestivalON, tivo lugar un obradoiro de stop motion dirixido aos nenos.


O resultado do seu traballo é O monstro das Catedrais e podédelo ver aquí:




Obradoiro de Andrea Lombardía
O 23 de agosto de 2012 na Casa del Viejo Pancho, Andrea Lombardía impartiu un obradoiro de creación de bonecos de plastilina como os que se utilizan nas películas de stop motion.

Foto: El Farero

Andrea Lombardía empregou dita técnica na súa curta Carambel, que se puido ver en Mariñarte 2012 e que tamén está dispoñible na rede:

miércoles, 19 de septiembre de 2012

Planos do cine Teatro

Os seguintes planos están extraídos do artigo El Teatro de Ribadeo, do arquitecto Ernesto Cruzadohttp://ruc.udc.es/dspace/bitstream/2183/5193/1/ETSA_11-8.pdf

A través deles, pódense apreciar algunhas das reformas que foi sufrindo o Teatro ao longo dos anos, especialmente no interior, na sala de proxección.

Fachada:
Pinchar na imaxe para vela en grande

Interior:
Pinchar na imaxe para vela en grande

Soto:
Pinchar na imaxe para vela en grande

lunes, 17 de septiembre de 2012

1947: Directores

En 1947, polo cine Teatro pasaron varias películas do director Billy Wilder.

BILLY WILDER (1906 – 2002) 

Billy Wilder foi un productor, guionista e director de orixe austríaco.
Comezou traballando nos estudios cinematográficos UFA, pero tras a chegada ao poder de Hitler, Wilder veuse obrigado a abandonar Alemaña, debido á súa ascendencia xudía.
Os seus inicios en Hollywood foron como guionista da Paramount, onde tivo a oportunidade de coñecer a directores como Ernst Lubitsch. 
Ao longo da súa carreira cinematográfica, Billy Wilder gañou 5 premios Oscar: 3 como guionista e 2 como director, por Días sin huella e El apartamento.
Na súa extensa filmografía, destacan filmes como Días sin huella (1945), El crepúsculo de los dioses (1950), Sabrina (1954), La tentación vive arriba (1955), Con faldas y a lo loco (1959), El apartamento (1960) e Irma la dulce (1963).



Billy Wilder dirixiu a numerosas estrelas de Hollywood: Marilyn Monroe, Jack Lemmon, Tony Curtis, Shirley MacLaine, Audrey Hepburn ou Humphrey Bogart, entre outros moitos nomes.

Fotogramas de Con faldas y a lo loco, La tentación vive arriba, El apartamento e Sabrina

miércoles, 12 de septiembre de 2012

Decembro de 1947

Carteleira de decembro de 1947:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Teatro

Pensión histórica (1946) John Berry

07/12/1947 (La comarca del Eo)

martes, 11 de septiembre de 2012

Outubro de 1947

En outubro de 1947, no cine Teatro proxectouse a película musical Al compás del corazón, protagonizada, entre outros, polo pianista valencián José Iturbi.

Carteleira de outubro de 1947:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:


   - Cine Teatro

Al compás del corazón (1944) Henry Koster

26/10/1947 (La comarca del Eo)

lunes, 10 de septiembre de 2012

Setembro de 1947

Carteleira de setembro de 1947:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

  - Cine Teatro


El mayor y la menor (1942) Billy Wilder
31/08/1947 (La comarca del Eo)

Fantasía de estrellas (1943) George Marshall
05/09/1947 (La comarca del Eo)

Corsarios de Florida (1938) Cecil B. DeMille
07/09/1947 (La comarca del Eo)

domingo, 9 de septiembre de 2012

Agosto de 1947

En agosto de 1947, os espectadores do cine Teatro tiveron a oportunidade de ver algunhas películas de Billy Wilder.

Carteleira de agosto de 1947
Pinchar na imaxe para vela en grande
PELÍCULAS:

  - Cine Teatro

Por un viaje a París (1939) Alexander Hall
03/08/1947 (La comarca del Eo)

Perdición (1944) Billy Wilder
10/08/1947 (La comarca del Eo)

No puedo vivir sin ti (1941) Clarence Brown
24/08/1947 (La comarca del Eo)

El mayor y la menor (1942) Billy Wilder
31/08/1947 (La comarca del Eo)

jueves, 6 de septiembre de 2012

Xullo de 1947

A carteleira do mes de xullo de 1947 é a seguinte:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

  - Cine Teatro

Cuando muere el día (1941) Henry Hathaway

27/07/1947 (La comarca del Eo)

miércoles, 5 de septiembre de 2012

Xuño de 1947

A carteleira de xuño de 1947 é a seguinte:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

  - Cine Teatro

Aventureros de Dakota (1941) Alfred E. Green

08/06/1947 (La comarca del Eo)

martes, 4 de septiembre de 2012

Maio de 1947

En maio de 1947, proxectouse no cine Teatro a película Las rocas blancas de Dover, dirixida por Clarence Brown, do que xa falamos aquí.

Carteleira de maio de 1947:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

  - Cine Teatro

Las rocas blancas de Dover (1944) Clarence Brown

11/05/1947 (La comarca del Eo)

lunes, 3 de septiembre de 2012

Abril de 1947

En abril de 1947, o cine Teatro acolleu a proxección da película El castillo de Dragonwyck.

Carteleira de abril de 1947:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

  - Cine Teatro

El castillo de Dragonwyck (1946) Joseph L. Mankiewicz

27/04/1947 (La comarca del Eo)

domingo, 2 de septiembre de 2012

Marzo de 1947

Carteleira de marzo de 1947:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

  - Cine Teatro

Infierno en la tierra (1942) Henry Hathaway

02/03/1947 (La Comarca del Eo)

Policía montada del Canadá (1940) Cecil B. DeMille

23/03/1947 (La Comarca del Eo)