domingo, 30 de noviembre de 2014

O Colón en Cinematógrafos de Galicia 1896 - 2002

Cinematógrafos de Galicia foi unha exposición producida polo Centro Galego de Artes da Imaxe e coordinada por José Luis Cabo, Marta Etcheverría e Jesús A. Sánchez.
A mostra, inaugurada en 2004, facía un percorrido pola historia dos cinematógrafos de Galicia, desde as primeiras proxeccións ambulantes ata os multicines actuais.
No caderno Cinematógrafos de Galicia 1896-2002 está recopilado o material da exposición:



En Cinematógrafos de Galicia aparece o Colón, concretamente no apartado no que se fai mención aos cines pechados, derrubados ou dedicados a outros usos:

Foto do Colón en Cinematógrafos de Galicia

sábado, 29 de noviembre de 2014

Ciclo de documentais: Los amos del mundo

O pasado venres 28, proxectouse Los amos del mundo, a segunda das pezas que forman parte do ciclo de documentais de concienciación social organizado pola Asociación Veciñal O Tesón.


23/11/2014 (Crónica3.com A Mariña)


Los amos del mundo (2006) Carlos Estévez

Este é un dos sete capítulos que formaron o programa documental Voces contra la globalización, emitido en La 2.
Nel faise unha análise do poder das empresas e as súas relacións coa sociedade.



viernes, 28 de noviembre de 2014

Ribadeo en OS VIAXEIROS DA LUZ

En setembro de 1990 rematou en Ribadeo a rodaxe de Os viaxeiros da Luz, unha serie documental sobre o Camiño de Santiago, dirixida por Valentín Carrera.
Catro cabaleiros, inspirados nos escritos dos viaxeiros Frai Marín Sarmiento e Gil y Carrasco, inician a súa andaina desde o Bierzo e percorren toda Galicia a cabalo, en globo, en barco, etc.
A serie, que conta con 13 episodios, comezou a emitirse na TVG en 1991.



No seguinte artigo, publicado en La Comarca del Eo, podedes ler como foi a rodaxe en Ribadeo:

29/09/1990 (La Comarca del Eo)
Pinchar na imaxe para vela en grande
29/09/1990 (La Comarca del Eo)
Pinchar na imaxe para velan en grande

lunes, 24 de noviembre de 2014

Teatro e videocreación: AURORA

O pasado domingo 23, a compañía Elefante Elegante representou o seu espectáculo Aurora no auditorio Hernán Naval.

Facebook: Mocidade Ribadeo

Aurora, dirixida a nenos a partir de 3 anos, é a historia do encontro dun Aviador coa Raíña das Curuxas, a quen lle gusta máis a noite que o día. Ao solpor, cando escurece, ela está mellor que nunca: voa dun lado para outro, axita as súas ás e asubía como o vento. Pero ao mencer, énchese de tristura. O sol queima a súa pel e cega os seus ollos. O Aviador intentará facer todo o posible para axudarlle á Raíña das Curuxas, pero pódese vivir nun mundo sen sol?



Esta obra, interpretada por María Torres e Gonçalo Guerreiro, mestura teatro de actor e videocreación, co fin de afondar a experimentación arredor das linguaxes visuais. A música conecta a acción no escenario coa acción proxectada en vídeo, creando un universo máxico, cómico e misterioso.



A creación audiovisual de Aurora, obra de Dani Pais, permite abrir o universo escénico e plasmar a través do vídeo algunhas cousas que doutro xeito nunca se poderían dar nun escenario.

Podedes ver o tráiler de Aurora facendo clic aquí.

domingo, 23 de noviembre de 2014

Ciclo de documentais: El dinero es deuda

O pasado venres 21, como parte do ciclo de documentais de concienciación social organizado pola Asociación Veciñal O Tesón, proxectouse El dinero es deuda, producido por Paul Grignon.



17/11/2014 (La Voz de Galicia)
Pinchar na imaxe para vela en grande


El dinero es deuda (2006) Paul Grignon

Este documental de animación presenta a mecánica de creación de cartos por parte dos bancos e explica como se pasou do uso exclusivo de moedas ao uso de billetes, posteriormente ás contas dixitais, á supresión do patrón ouro, ao sistema de reserva fraccionada, e mostra as consecuencias, como por exemplo, a inevitable inflación.



sábado, 22 de noviembre de 2014

1987: Véndese e traspásase o Colón

En 1987, publicouse en La Comarca del Eo o seguinte anuncio da inmobiliaria López Braña, no que se informa de que se vende e traspasa o cine Colón, que nesas datas xa estaba pechado.

19/07/1987 (La Comarca del Eo)

jueves, 20 de noviembre de 2014

Artigos de cine: "Sobre la Filmoteca de Galicia, cine y mitos cinematográficos"

No seguinte artigo, Antonio D. Amor fala da presentación da Filmoteca de Galicia, de mitos cinematográficos como James Dean e do cine en xeral:

23/12/1984 (La Comarca del Eo)
Pinchar na imaxe para vela en grande


As películas mencionadas son:

La diligencia (1939) John Ford

Una noche en Casablanca (1946) Archie Mayo

Función de noche (1981) Josefina Molina

La colmena (1982) Mario Camus

El crimen de Cuenca (1979) Pilar Miró

Al este del Edén (1955) Elia Kazan

Rebelde sin causa (1955) Nicholas Ray

Gigante (1956) George Stevens


James Dean

martes, 18 de noviembre de 2014

1984: IV Semana de Cine Infantil

No Nadal de 1984, celebrouse en Ribadeo a IV Semana do Cine Infantil
Como indica o artigo, o prezo dunha entrada era de 75 pesetas, mentres que o bono para todas custaba 275 pesetas.

23/12/1984 (La Comarca del Eo)

Estas foron as películas proxectadas no Cine Teatro:

Super Sheriff (1980) Michele Lupo



Estoy con los hipopótamos (1979) Italo Zingarelli 



La princesita encantada (Sen datos)

Firefox (1982) Clint Eastwood



Androide (1982) Aaron Lipstadt


sábado, 15 de noviembre de 2014

Ciclo de documentais de concienciación social

A Asociación Veciñal O Tesón ten programado un ciclo de documentais de concienciación social. As proxeccións terán lugar os venres ás 20h no Salón de Actos da Casa do Mar e a entrada será gratuíta.

Os documentais que formarán parte deste ciclo son:

Venres 21 de novembro:

DINERO ES DEUDA (2006) Paul Grignon



Venres 28 de novembro:

LOS AMOS DEL MUNDO (2006) Carlos Estévez



Venres 12 de decembro:

HOMO TÓXICUS (2008) Carole Poliquin



Venres 19 de decembro:

TESOURO DE CORCOESTO (2013) Cora Peña



Ao inicio farase unha introducción do documental, despois proxectarase e finalmente haberá un debate para analizar os temas tratados.

13/11/2014 (Facebook ORT)

sábado, 8 de noviembre de 2014

"Eu digo..."

Nalgunhas ocasións vimos Ribadeo en curtas, no cine, en videoclips, na tele, etc. e por suposto, a nosa vila tamén está en Internet. Estes días está triunfando en YouTube o vídeo "Eu digo...", elaborado por cinco alumnos de 1º de bacharelato do IES Ribadeo Dionisio Gamallo.

"Eu digo..."




A peza, como eles mesmo din, "é unha reacción solidaria e cómplice a Ghalegho (vídeo elaborado por Noelia Gómez, estudante de Rianxo, no que defende a forma de falar da súa zona), onde hai unha alusión a Ribadeo que non quixemos deixar pasar sen máis por diante da porta".


O vídeo xa leva máis de 10.000 visitas en menos dunha semana

07/11/2014 (Praza Pública)

08/11/2014 (La Voz de Galicia)

08/11/2014 (La Voz de Galicia)


Noraboa a Sara, Elena, Jaime, María, Cristina e Suso! Foi un placer colaborar con eles! ;)