domingo, 30 de octubre de 2016

Artigos de cine: "La BBC filma un documental en la playa de As Catedrais para su canal de historia natural"

O pasado sábado 22 de outubro, publicouse en La Comarca del Eo o seguinto artigo, sobre a gravación dun documental para a BBC na praia das Catedrais:

22/10/2016 (La Comarca del Eo)
Pinchar na imaxe para vela en grande

miércoles, 26 de octubre de 2016

Gravación dun documental da BBC nas Catedrais

A semana do 17 de outubro, un equipo da BBC desprazouse á praia das Catedrais para gravar partes dun documental sobre a dinámica dos océanos e os efectos da erosión do mar e as mareas.

17.10.2016 (Concello de Ribadeo)

17.10.2016 (El Progreso)
17.10.2016 (ORT)
18.10.2016 (La Voz de Galicia)

18.10.2016 (Faro de Vigo)
22.10.2016 (La Comarca del Eo)

O pasado mes de setembro, o produtor e biólogo Miles Burton xa visitou a praia para preparar a gravación deste documental, que se emitirá na canle de historia natural da BBC.

O equipo da BBC e a edil Ana Martínez nas Catedrais
17.10.2016 (ORT)

martes, 25 de octubre de 2016

Cinelandia e a Festa do Cine (Outubro 2016)

Unha vez máis, Cinelandia participa na Festa do Cine, que se está celebrando estes días 24, 25 e 26 de outubro.

Ao igual que nas edicións pasadas, o prezo da entrada é de 2'90€ e para poder beneficiarse deste desconto, hai que acreditarse previamente na web oficial da Festa do Cine.



As películas que se poden ver estes días en Cinelandia son Un monstruo viene a verme, Cigüeñas (agás o martes) e Inferno.


lunes, 24 de octubre de 2016

Cine de terror no Samaín 2016

A comisión do Entroido de Ribadeo, o Concello e Acisa teñen previstas unha serie de actividades para celebrar o Samaín, os próximos días 28, 29, 30 e 31 de outubro.




O luns 31 de outubro será o día do VII arte, coa proxección na Casa do Mar das películas de terror Frankenstein e La novia de Frankenstein.



Pinchar na imaxe para vela en grande

Axenda cultural: outubro, novembro e decembro 2016


Frankenstein (1931) James Whale

O doutor Henry Von Frankenstein leva a cabo un experimento tenebroso: construír, a partir de anacos de cadáveres, un novo ser humano. Coa axuda do seu criado Fritz, adéntrase durante a noite nos cemiterios da localidade para recoller as partes dos cadáveres que necesita. O que non sabe é que o cerebro que utiliza para o seu experimento pertencera a un criminal...



La novia de Frankenstein (1935) James Whale

Despois da fuxida do monstro creado polo doutor Frankenstein, o sinistro Dr. Praetorius proponlle ao científico a creación dunha compañeira para o monstro.




29/10/2016 (La Comarca del Eo)
Pinchar na imaxe para vela en grande

miércoles, 19 de octubre de 2016

Fotos da demolición do Colón

O pasado mes de setembro comezou a demolición do cine Colón:

O Colón ao comezo da demolición
(Foto: La Voz de Galicia. 30.09.2016)
Fachada


A fachada, de estilo art decó, vaise manter e foi apuntalada para evitar derrubamentos:

Fachada apuntalada
Fachada apuntalada


As portas laterais foron destruidas:

Unha das portas laterais
Outra das portas laterais


O derrubamento da parte traseira deixou ao descuberto o interior do cine:

Parte traseira
Parte traseira
Parte traseira coa fachada xa apuntalada
(Foto: Cedida por Sindo García Presno)


Este era o aspecto do interior do cine:

Parte frontal da sala
(Foto: La Voz de Galicia 2015)
Entrada a "general"
(Foto: Cedida por Sindo García Presno)
Baño
(Foto: Cedida por Sindo García Presno)
Escaleiras
(Foto: Cedida por Sindo García Presno)
Entrada principal
(Foto: Sindo García Presno)
Galiñeiro
(Foto: Cedida por Sindo García Presno)

Aquí podedes ver algunhas fotos do estado do Colón no ano 2012.

lunes, 17 de octubre de 2016

Maio de 1951

Esta é a carteleira do mes de maio de 1951:


Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Colón

El hijo de Robin de los bosques (1946) Henry Levin e George Sherman

26/05/1951 (Las Riberas del Eo)

27/05/1951 (La Comarca del Eo)


   - Cine Teatro

Voces de muerte (1948) Anatole Litvak 


26/05/1951 (Las Riberas del Eo)

27/05/1951 (La Comarca del Eo)
Pinchar na imaxe para vela en grande


Aquí podes consultar as carteleiras de abril e xuño de 1951.

sábado, 15 de octubre de 2016

Agosto de 1948

Esta é a carteleira do mes de agosto de 1948:

Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Teatro

Quiero a este hombre (1941) Jack Conway

06.06.1948 (La Comarca del Eo)

Quiero a este hombre (1941) Jack Conway

Candy Johnson é un xogador que se establece na pequena cidade de Yellow Creek coa intención de levar unha vida honrada. Alí namórase da bela Elizabeth Cotton e decide abrir un salón cos cartos que gana no xogo.




viernes, 14 de octubre de 2016

A rodaxe de The legend of the blue sea nos medios de comunicación

A rodaxe de The legend of the blue sea nas Catedrais tivo unha gran repercusión nos medios de comunicación locais. Hai que recordar que esta serie coreana está protagonizada por Lee Min Ho e Ju Ji Hyun, dous intérpretes moi populares no audiovisual asiático:



(Foto: José Alonso, La Voz de Galicia)

20/09/2016 (La Voz de Galicia)

24/09/2016 (ribadeo.gal)

28/09/2016 (ribadeo.gal)

28/09/2016 (ribadeo.gal)

28/09/2016 (La Voz de Galicia)

28/09/2016 (ORT)

28/09/2016 (TVG)

29/09/2016 (La Voz de Galicia)

29/09/2016 (El Progreso)

30/09/2016 (La Voz de Galicia)

30/09/2016 (El Progreso)

08/10/2016 (La Comarca del Eo)

Xente que se achegou ata as Catedrais para seguir a rodaxe de preto



Facendo clic aquí podes ver a noticia sobre a rodaxe no Telexornal da TVG.

28/09/2016 (Telexornal TVG)