lunes, 19 de diciembre de 2016

Decembro de 2016: Stop Motion no Amodiño

O pasado sábado 17 de decembro, celebrouse na tenda bar Amodiño un obradoiro de stop motion, no que se elaborou un conto animado con froitas e verduras.
Esta actividade forma parte da súa axenda de actividades programadas para os meses de novembro e decembro.


domingo, 18 de diciembre de 2016

Ribadeo e o cine: A última viaxe do afiador

Unha vez máis, proxectouse en Ribadeo A última viaxe do afiador.
O pasado venres 16 pola mañá houbo un pase para os centros de ensino, no que estivo presente Aitor Rei, director do documental.



Pola tarde, a proxección para todos os públicos estivo acompañada dunha mostra de rodas de afiar diante do Cine Teatro.

Web Concello de Ribadeo


A última viaxe do afiador (2013) Aitor Rei

"Queicoa" significa en Barallete (a lingua dos afiadores) Deus, heroe, loitador, ser grande e mítico. Dende hai máis de tres séculos ata os nosos días, aos vellos afiadores de moita sona, con moitos camiños e milleiros de quilómetros ás súas costas, chámanlles "Queicoas".
Eran homes bravos, duros, curtidos de traballar nos campos coa única compaña do xirar dunha roda.
Esta é a súa historia e estes son os seus rostros...

miércoles, 14 de diciembre de 2016

As entradas do cine Teatro nos seus últimos anos

Así eran as entradas do Teatro nos seus últimos anos, que moitos ribadenses aínda lembrarán, xa que este cine estivo aberto ata 2003.



A pesar de que non se pode indicar a data concreta desta entrada, sábese que é posterior a 1995, ano no que se comezou a aplicar o 7% de IVE cultural reducido (que é o que figura na foto) e anterior ao 27 de maio de 2003, día de peche do Teatro.


Para recordar como foi a evolución das entradas de Cinelandia, fai clic aquí.

jueves, 8 de diciembre de 2016

Cine nas parroquias: A última viaxe do afiador

Este mes de decembro está prevista a proxección de A última viaxe do afiador na escola de Vilaselán e o pasado día 2 de decembro xa se puido ver na escola de Cedoifeita.

Axenda cultural outubro, novembro e decembro 2016
Axenda cultural outubro, novembro e decembro 2016
01.12.2016 (La Voz de Galicia)

Este documental, dirixido por Aitor Rei, tamén se proxectou en Rinlo e Ribadeo hai uns meses.



A última viaxe do afiador (2013) Aitor Rei

"Queicoa" significa en Barallete (a lingua dos afiadores) Deus, heroe, loitador, ser grande e mítico. Dende hai máis de tres séculos ata os nosos días, aos vellos afiadores de moita sona, con moitos camiños e milleiros de quilómetros ás súas costas, chámanlles "Queicoas".
Eran homes bravos, duros, curtidos de traballar nos campos coa única compaña do xirar dunha roda.
Esta é a súa historia e estes son os seus rostros...



martes, 6 de diciembre de 2016

Proxección do documental "A Chocolateira"

Este martes 6 de decembro, proxectouse unha vez máis en Ribadeo o documental A Chocolateira, dirixido por Xosé Reigosa.

06/12/2016 (La Voz de Galicia)

O documental fai un percorrido pola liña ferroviaria que unía as minas de Vilaodrid con Ribadeo, onde se cargaba o mineral nos barcos. Aínda que orixinariamente o tren só transportaba mineral, a partir de 1905, comezou a levar tamén pasaxeiros, ata que no ano 1964 deixou de funcionar.



Esta proxección forma parte da Chocolateira, un proxecto impulsado polo Concello de Ribadeo e La Caixa e que trata de "involucrar a xente da nosa zona de forma sostible, respetando o medio ambiente e ensalzando a memoria do tren mineiro".



Ademais da proxección do documental, o programa de actos tamén inclúe unha exposición na antiga oficina de turismo (do 3 ao 11 de decembro), unha ruta de senderismo e unha intervención urbana de kniting.



O domingo 11, houbo un novo pase deste documental no Cine Teatro:



sábado, 3 de diciembre de 2016

Youtubeir@s

O Concello de Ribadeo, xunto con outros dez concellos (Baña, a Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Santiago, Teo e o Grove) e as tres Universidades galegas (a de Coruña, a de Vigo e a de Santiago), convocaron o concurso Youtubeir@s.

02/12/2016 (La Voz de Galicia) 

Este concurso de vídeos na rede ten dúas categorías dotadas cun premio de 1000€ cada unha: Vídeo-opinarmos (para expoñer unha opinión) e Vídeo-Facermos (de titoriais). Tamén haberá catro premios de 500€, cos que se premiará a creatividade, a eficiencia comunicativa, a calidade técnica e a calidade lingüística.

Os Concelleiros de Cultura presentando Youtubeir@s
02/12/2016 (La Voz de Galicia)

Entre o 1 de decembro deste ano e o 28 de abril de 2017, todas aquelas persoas maiores de 14 anos que queiran inscribirse poderán facelo a través da súa páxina web.

O principal obxectivo de Youtubeir@s é fomentar a creación de vídeos en galego  e aumentar a presenza da nosa lingua na rede.

O xurado do concurso está formado por Manolo González, María Lado, Manuel Núñez Singala, María Yáñez e Pablo Lamosa.