viernes, 27 de marzo de 2015

Romy Schneider nos cines ribadenses

Ademais da triloxía de Sissi, nos cines de Ribadeo proxectáronse outras películas protagonizadas pola actriz Romy Schneider.




La panadera y el emperador (1955) Ernst Marischka 

07/09/1957
12/12/1959

Sissi (1955) Ernst Marischka

21/06/1958

El destino de Sissi (1957) Ernst Marischka

08/07/1962

La bella mentirosa (1959) Axel von Ambesser

03/11/1962


Nos cines das vilas veciñas, como no Teatro Imperial da Veiga, tamén poñían películas de Romy Schneider:

El cardenal (1963) Otto Preminger

15/04/1967 

miércoles, 25 de marzo de 2015

Películas dos Oscar 2015 en Cinelandia

O pasado 22 de febreiro celebrouse a 87 edición dos premios Oscar e algúns dos filmes nominados pasaron nos últimos meses polas pantallas de Cinelandia.



Unha desas películas foi Birdman, dirixida por Alejandro González Iñárritu e gañadora do Oscar á mellor película:

30/01/2015 (La Voz de Galicia)

Big Hero 6, gañadora do Oscar á mellor película de animación, tamén se proxectou en Cinelandia:

19/12/2014 (La Voz de Galicia)

Outras das películas nominadas aos Oscar que se viron en Ribadeo foron:

Los Boxtrolls e Como entrenar a tu dragón 2, nominadas ao Oscar á mellor película de animación.

08/11/2014 (La Voz de Galicia)
17/08/2014 (La Voz de Galicia)

El francotirador, nominada a mellor película, mellor actor (Bradley Cooper), mellor guión adaptado, mellor montaxe, mellor edición de son e mellor mestura de son.

06/03/2015 (La Voz de Galicia)

Relatos salvajes, nominada a mellor película de fala non inglesa.

28/11/2014 (La Voz de Galicia)

Maléfica, nominada a mellor vestiario.

09/05/2014 (La Voz de Galicia)

Capitán América: El soldado de invierno, El amanecer del planeta de los simios, X-Men: Días del futuro pasado, Guardianes de la Galaxia e Interstellar, nominadas ao Oscar polos mellores efectos visuais. 

01/04/2014 (La Voz de Galicia)
19/07/2014 (La Voz de Galicia)
09/06/2014 (La Voz de Galicia)
17/08/2014 (La Voz de Galicia)

Interstellar, ademais de estar nominada ao Oscar polos mellores efectos visuais, contou con outras catro nominacións: mellor edición de son, mellor deseño de produción, mellor mezcla de son e mellor banda sonora.

10/11/2014 (La Voz de Galicia)

Invencible, nominada a mellor fotografía, mellor edición de son e mellor mezcla de son.

22/01/2015 (La Voz de Galicia)

El Hobbit: La batalla de los cinco ejércitos, nominada a mellor edición de son.

07/01/2014 (La Voz de Galicia)


Ao analizar a carteleira de Cinelandia, chama a atención comprobar que a única categoría dos Oscar da que proxectaron todas as películas nominadas foi a de mellores efectos visuais, mentres que non se puido ver case ningunha das películas que optaban a mellor película, como por exemplo, Boyhood, de Richard Linkater.



viernes, 20 de marzo de 2015

Ribadeo e o cine: POR QUE NON CANTADES TODAS

O pasado domingo 15 de marzo e como parte da programación conmemorativa do Día Internacional da Muller Traballadora, proxectouse no Cine Teatro o documental Por que non cantades todas, dirixido por Diana Toucedo e producido por Trespés Cooperativa Galega.



O documental amosa a relación coa música dun grupo de mulleres de Zobra, na serra do Candán (Pontevedra), durante o transcurso das súas vidas e mostra os contextos nos que a música estaba presente.

09/03/2015 (La Voz de Galicia)

13/03/2015 (La Voz de Galicia)

Para ver o tráiler de Por que non cantades todas, fai clic aquí.



jueves, 5 de marzo de 2015

Ribadeo na exposición "25 anos de Cinegalicia"

Con motivo do 25 aniversario da estrea das tres primeiras longametraxes galegas (Sempre Xonxa, Urxa e Continental), celebrouse na Cidade da Cultura a exposición "25 anos de Cinegalicia". 



Na mostra facíase un repaso da historia do noso cine, con espazos adicados ás salas de exhibición, aos profesionais do sector audiovisual, ás produtoras galegas, á TVG, aos festivais máis destacados e por suposto, aos filmes feitos en Galicia. Entre ditas longametraxes atopábanse dúas nas que está presente Ribadeo: Os mortos van á présa e Arrugas.

Aquí podedes ver algunhas fotos de Os mortos van á présa na exposición:

Fotogramas e parte do storyboard da película

Cartel da película

Na portada do guión poden verse debuxos do Faro, de Rinlo e da igrexa da Devesa

Para máis información sobre Ribadeo en Os mortos van á présa, dirixida por Ángel de la Cruz e rodada en Rinlo, a Devesa e Ribadeo, fai clic aquí.



Ribadeo tan só sae nun par de escenas de Arrugas, película de animación dirixida por Ignacio Ferreras e gañadora ao Goya á mellor película de animación e ao de mellor guión adaptado en 2012.

Cartel en xaponés e storyboard de Arrugas

Un dos premios Goya que gañou Arrugas en 2012

Para recordar Ribadeo en Arrugas fai clic aquí.



lunes, 2 de marzo de 2015

50 sombras de Grey en Cinelandia

O pasado venres 13 de febreiro estreouse a película 50 sombras de Grey:

14/02/2015 (La Voz de Galicia)

As salas de Cinelandia enchéronse de persoas desexosas de ver o filme, o primeiro dunha triloxía e que é a adaptación da novela homónima de E.L. James.

28/02/2015 (La Voz de Galicia)

50 sombras de Grey, protagonizada por Dakota Johnson e Jamie Dornan, aínda está na carteleira de Cinelandia:



50 sombras de Grey (2015) Sam Taylor - Johnson 

Cando Anastasia Steele recibe a encarga de entrevistar ao popular empresario Christian Grey, un millonario de 27 anos, queda impresionada ante o seu grande atractivo. A inexperta e inocente Ana intenta olvidalo, pero non o logra e empeza unha apaixonada relación co mozo, que ten uns costumes sexuais pouco convencionais...