viernes, 26 de mayo de 2023

O audiovisual nos programas electorais ribadenses (Maio 2023)

O próximo domingo 28 de maio celébranse eleccións municipais e nesta ocasións son 4 os partidos que optan á alcaldía ribadense: BNG, PSOE, PP e PG.

Programas electorais en papel

Durante as últimas semanas, os partidos deron a coñecer os seus programas electorais e unha vez máis, desde Ribadeo e o cine, analizamos a presenza do audiovisual nos mesmos:

BNG

Entre as súas medidas referentes á cultura e seguindo a liña de lexislaturas anteriores, o Bloque Nacionalista Galego aposta por "manter Ribadeo nos diferentes circuítos culturais do teatro, da danza, da música e do audiovisual".

Ademais, fan referencia á continuidade doutros programas nos que o audiovisual adoita a estar presente, como Apego ou Cultura nas parroquias. 

No apartado referido á mocidade, prometen dar un novo pulo ás iniciativas que dean a coñecer a capacidade creativa dos máis novos tanto na nosa vila como en eventos fóra do Concello, como é o caso de Youtubeiros.


PP

Ao igual que nas eleccións de 2019, o Partido Popular non fai alusión directa ao audiovisual no seu programa, pero unha vez máis recolle a súa intención de "dinamizar e poñer en valor o Cine Teatro".

Tamén inclúen outras medidas que poderían afectar directamente ao audiovisual, como a promesa de apoiar novas iniciativas, crear un padroado cultural e celebrar noites alternativas que xiren en torno a distintas actividades.


PSOE

Entre as medidas relacionadas coa cultura do Partido Socialista non hai ningunha que faga referencia ao audiovisual e só mencionan a "ampliación do programa cultural".


PG

O Partido Galeguista non fai ningunha mención á cultura no seu programa electoral, que se centra no desenvolvemento económico local e o benestar.


lunes, 22 de mayo de 2023

Concerto de música de cine 2022

O domingo 28 de agosto de 2022 ás 20.30h tivo lugar no Auditorio Hernán Naval o tradicional concerto de música de cine da Banda Municipal de Música de Ribadeo.


Nesta ocasión o concerto estivo especialmente dedicado ao público infantil, polo que a Banda interpretou temas de películas como Encanto, Cómo entrenar a tu dragón, Coco, Smallfoot, etc.

Igual que todos os anos, a interpretación das bandas sonoras estivo acompañada da proxección de fragmentos das películas.

Ensaio da Banda
(Foto: Facebook BMMR)

sábado, 20 de mayo de 2023

"Conversas na Cortiña"

O 17 de maio, día das Letras Galegas, ás 12h proxectouse no Cine Teatro o audiovisual Conversas na Cortiña.



O audiovisual recolle testemuñas de xente de Vilaselán e Piñeira, poñendo en valor o traballo no campo, facendo especial énfase no cultivo do pemento e da cebola.

lunes, 15 de mayo de 2023

Cine no Nadal 2022

Como ven sendo habitual no Nadal ribadense, o cine formou parte da axenda cultural para estas datas, con sesións que tiveron lugar ás 17.30h nos Cines Ribadeo.



As películas proxectadas foron:

LUNS 26

- Tadeo Jones 3. La tabla esmeralda (2022) Enrique Gato

- Reyes contra Santa (2022) Paco Caballero


MARTES 27

- A todo tren 2: Sí, les ha pasado otra vez (2022) Inés de León

- Mundo extraño (2022) Don Hall e Qui Nguyen


MÉRCORES 28

- El gato con botas: El último deseo (2022) Joel Crawford e Januel Mercado


XOVES 29

- Avatar: El sentido del agua (2022) James Cameron





O prezo das entradas foi de 2€.

jueves, 11 de mayo de 2023

Cine no Nadal 2021

No Nadal 2021, como parte da axenda cultural para estas datas, puidéronse ver nos Cines Ribadeo varias películas dirixidas ao público infantil e xuvenil.



As películas proxectadas foron:

LUNS 27

- ¡Canta! 2 (2021) Garth Jennings

- Spider - Man: No way home (2021) Jon Watts


MARTES 28

- Encanto (2021) Jared Bush, Byron Howard, Charise Castro Smith

- María Solinha (2020) Ignacio Vilar


MÉRCORES 29

- Clifford, el gran perro rojo (2021) Walt Becker

- Way down (2021) Jaume Balagueró


XOVES 30

- El lobo y el león (2021) Gilles de Maistre

- Escape room 2: Mueres por salir (2021) Adam Robitel


Os pases comezaban ás 17.30h e a entrada custaba 1€.