domingo, 6 de marzo de 2016

Marzo 2016: Cinema nas parroquias

Este domingo 6 de marzo ás 17.30h proxectouse en Rinlo o documental A última viaxe do afiador, dirixido por Aitor Rei.


(Foto: Axenda Cultural 2016)



A última viaxe do afiador (2013) Aitor Rei

"Queicoa" significa en Barallete (a lingua dos afiadores) Deus, heroe, loitador, ser grande e mítico. Dende hai máis de tres séculos ata os nosos días, aos vellos afiadores de moita sona, con moitos camiños e milleiros de quilómetros ás súas costas, chámanlles "Queicoas".
Eran homes bravos, duros, curtidos de traballar nos campos coa única compaña do xirar dunha roda.
Esta é a súa historia e estes son os seus rostros...

05/03/2016 (La Comarca del Eo)

A última viaxe do afiador xa se proxectara noutra ocasión en Ribadeo, como parte do programa "Achega. Cinema en movemento".

jueves, 3 de marzo de 2016

Artigos de cine: "Un emigrante de Ribadeo protagoniza una película sobre gallegos y astures en la industria tabaquera de Tampa, en Florida"

O mes pasado publicouse en La Voz de Galicia a seguinte noticia, na que se fai mención ao documental Un legado de humo. Nel aparece Ángel Rañón, un emigrante natural da Devesa que traballou na industria tabaquera en Tampa.

17/02/2016 (La Voz de Galicia)
(Pinchar na imaxe para vela en grande)


Un legado de humo (2014) Luis Argeo e James D. Fernández

A finais do século XIX en Tampa (Florida) a industria tabaqueira deu emprego a unha numerosa colonia asturiana.  Xa son poucos os que teñen recordo daquel pasado, pero aínda quedan álbumes familiares cheos de imaxes e vivenzas.