viernes, 29 de julio de 2016

As Catedrais en Bollywood

A concelleira de Turismo, Ana Martínez, comunicou esta semana que desde Bollywood chegou unha petición para gravar un número musical para unha das súas películas na praia das Catedrais, como se informa neste artigo de La Voz de Galicia:

La Voz de Galicia (27.07.2016)
Pinchar na imaxe para vela en grande

martes, 19 de julio de 2016

Cine ao natural: Los Minions

O próximo mércores 20 de xullo, ás 22h no aparcadoiro municipal, terá lugar a proxección da película Los Minions, organizada por Gas Natural Fenosa.
A entrada será libre, aínda que o número de plazas con asento é limitado.



Los Minions (2015) Kyle Balda e Pierre Coffin 

Os Minions sempre se puxeron ao servizo dos amos máis desprezables. Ante a súa incapacidade para manter a eses amos, desde o T.Rex a Napoleón, os Minions atópanse sós e caen nunha profunda depresión. Un deles, Kevin, ten un plan. Acompañado polo rebelde Stuart e o adorable Bob, emprende unha viaxe para atopar unha xefa á que servir, a terrible Scarlet Overkill, e salvar así á raza Minion da extinción.