martes, 28 de mayo de 2013

A Paramount e "Señorita Ribadeo 1932"

En febreiro de 1932, coincidindo co baile do martes de entroido, celebrouse no Teatro a elección de Señorita Ribadeo 1932
Ao día seguinte, un equipo da Paramount desprazouse a Ribadeo para gravar un noticiario no que se incluían imaxes da gañadora de Señorita Ribadeo 1932, "detalles da vida local" e "panorámicas da vila".

06/02/1932 (Las Riberas del Eo)
14/02/1932 (La Comarca del Eo)


13/02/1932 (Las Riberas del Eo)
14/02/1932 (La Comarca del Eo)

O mércores 14, no Gran Hotel Ferrocarrilana celebrouse un banquete para agasallar á escollida como Señorita Ribadeo 1932, que tamén foi invitada ao cine:

21/02/1932 (La Comarca del Eo)

Un mes despois, proxectouse no cine Teatro o resultado da gravación: o Noticiario español número 41, que levaba por título Ribadeo:

12/03/1932 (Las Riberas del Eo)


O programa completouse coa proxección dunha película cómica e unha produción de Verdaguer - Cines.


12/03/1932 (Las Riberas del Eo)
Ramonita Rodríguez, Señorita Ribadeo 1932


jueves, 23 de mayo de 2013

Artigos de cine: "Lo del cine: Un aplauso"

En 1920, Las Riberas del Eo publicaba o seguinte artigo sobre as proxeccións no cine Teatro:

20/11/1920 (Las Riberas del Eo)

lunes, 20 de mayo de 2013

Artigos de cine: "Carrera que desaparece"

En 1948, Las Riberas del Eo publicou un artigo no que Juan de Carrilana reflexiona sobre o papel dos mestres na sociedade. No seguinte fragmento, o autor "describe" a vida dos mestres a través de títulos de varias películas:

[...]
[...]
16/10/1948 (Las Riberas del Eo)

As películas que menciona son as seguintes:

Adiós a la vida (Sen datos)
Los mejores años de nuestra vida (1946) William Wyler
Rejas humanas (1939) Charles Vidor
Redención (Sen datos)
Arribada forzosa (1944) Carlos Arévalo
Si no amaneciera (1941) Mitchell Leisen
El rey de las finanzas (1944) Ramón Torrado
Sombras siniestras (Sen datos)
Se acabó la gasolina (1942) Charles Vidor
El escándalo (Sen datos)
Héroes a la fuerza (1941) Benito Perojo
Soñar no cuesta nada (1941) Luis César Amadori
Agárrame ese fantasma (1941) Arthur Lubin
Suspiros de España (1939) Benito Perojo


jueves, 16 de mayo de 2013

Revistas de cine: Siluetas

Nos anos 30 era frecuente atopar en Las Riberas del Eo anuncios de revistas cinematográficas, como por exemplo Films selectos, Estampa e Radio y Cinema. Outra das revistas que tamén estaba á venda nas librerías ribadenses da época era Siluetas.

22/02/1930 (Las Riberas del Eo)

O primeiro número de Siluetas, editada por Julio Fernández e dirixida por Clemente Cruzado, saíu á rúa o 4 de xaneiro de 1930 en Madrid. A publicación tiña carácter semanal, aínda que como se pode ler no anuncio anterior, había números mensuais especiais.


Aquí podedes ver algunhas das portadas e das páxinas de Siluetas:

04/01/1930
19/04/1930


Se vos apetece ler algún exemplar de Siluetas, pinchade aquí, nesta hemeroteca web están dispoñibles varios números completos en PDF.

miércoles, 15 de mayo de 2013

Videoclip de Aid nas Catedrais

A praia das Catedrais foi o escenario escollido pola rapeira viguesa Aid para a gravación do videoclip de Tiempo:



Tiempo é un dos temas incluídos no álbum Hacer lo que quiero, que sairá á luz o vindeiro 28 de maio de 2013.


Aid lanzou o seu primeiro traballo, Aquí tenéis, en 2007. Ao ano seguinte gañou o concurso Heineken Greenspace Festival, o que lle permitiu publicar o seu primeiro disco profesional: Jugando.
O 28 de xullo de 2009, o seu single Boogie Vigo foi escollido Single Latino da Semana en iTunes.
Aid tamén compuxo a canción Apréndeo, coa que foi imaxe da Televisión de Galicia para a campaña Servizo público, a calquera hora.


En 2012 publicou Rapoemas, libro-disco no que se musican clásicos da literatura galega de autores como Rosalía de Castro ou Curros Enríquez.

Se queredes saber máis sobre Aid, visitade a súa páxina webhttp://www.aid.gl/
Tamén podedes seguila en twitter (@aidvigo) e facebook (Aid).

domingo, 12 de mayo de 2013

Artigos de cine: "Artistas del cine norteamericano"

En 1948, publicouse en Las Riberas del Eo o seguinte artigo de Antonio de la Calle, no que reflexiona sobre a figura dos actores secundarios de Hollywood:



11/09/1948 (Las Riberas del Eo)

Os dous actores secundarios aos que fai referencia Antonio de la Calle son Frank Morgan (recordado especialmente polos seus papeis en El mago de Oz e El bazar de las sorpresas) e Edward Everett Horton (coñecido por traballar en numerosas películas xunto con Fred Astaire e Ginger Rogers).


miércoles, 8 de mayo de 2013

Xaneiro de 1930

Esta foi a carteleira no mes de xaneiro de 1930:

Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

  - Cine Teatro

Ben-Hur (1925) Charles Bravin

11.01.1930 (Las Riberas del Eo)

Ben - Ali (1925) Ferdinand P. Earle

12.01.1930 (La Comarca del Eo)

Siervos (Sen datos)

26.01.1930 (La Comarca del Eo)

martes, 7 de mayo de 2013

Artigos de cine: "Galicia, rico vergel..."

Este é un fragmento extraído dun artigo publicado en Las Riberas del Eo a finais de 1928
Federico Mediante, o seu autor, fala do cine como unha forma máis de atraer o turismo e compara as rodaxes norteamericanas coas españolas.

[...]
[...]
13/12/1928 (Las Riberas del Eo)

domingo, 5 de mayo de 2013

1948: Locura de amor

Os días 31 de outubro e 1 de novembro de 1948 proxectouse no cine Teatro a películas Locura de amor, dirixida por Juan de Orduña.

30/10/1948 (Las Riberas del Eo)
30/10/1948 (Las Riberas del Eo)


Locura de amor (1948) Juan de Orduña

A paixón que sinte Xoana de Castela, filla dos Reis Católicos e herdeira ao trono, polo seu marido, Felipe o Fermoso, non é correspondida, xa que el prefire ter aventuras con outras mulleres.
As constantes infidelidades e a morte accidental de Felipe fan que Xoana se volva cada vez máis tola. 

sábado, 4 de mayo de 2013

Novembro de 1948

A carteleira de novembro de 1948 é a seguinte:

Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Teatro

Locura de amor (1948) Juan de Orduña

30/10/1948 (Las Riberas del Eo)

viernes, 3 de mayo de 2013

Outubro de 1948

Esta é a carteleira de outubro de 1948:

Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

  - Cine Teatro

Locura de amor (1948) Juan de Orduña

30/10/1948 (Las Riberas del Eo)