miércoles, 30 de julio de 2014

Decembro de 1974

Esta é a carteleira de decembro de 1974:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS

   - Cine Teatro

La novia ensangrentada (1972) Vicente Aranda

15/12/1974 (La Comarca del Eo)

martes, 29 de julio de 2014

Ribadeo e o cine: NOSFERATU

Durante o próximo mes de agosto, o ciclo Ollo de vidro estará dedicado ao cine clásico de terror. As proxeccións terán lugar todos os luns ás 22.30h nas escaleiras de Bustelo (na zona vella) ou na Casa da Xuventude en caso de mal tempo.

O primeiro filme proxectado foi Nosferatu, un clásico do expresionismo alemán dirixido por F.W. Murnau e baseado no Drácula de Bram Stoker.



Nosferatu (1922) F.W. Murnau

Na cidade de Wisborg viven felices Hutter e a súa muller Ellen, ata que o axente inmobiliario Knock decide enviar a Hutter a Transilvania para pechar un negocio do conde Orlok. Trátase da venda dunha finca de Wisborg, que linda coa casa de Hutter. Durante a longa viaxe, Hutter pasa a noite nunha pousada, onde le un vello tratado sobre vampiros que atopa na súa habitación. 
Unha vez no castelo, é recibido polo sinistro conde. Ao día seguinte, Hutter esperta con dúas pequenas marcas no pescozo e pensa que son picaduras de mosquito, ata que descobre que o conde é en realidade un vampiro...


sábado, 19 de julio de 2014

Cine no III Festival Jazz & Blues

Do 18 ao 27 de xullo de 2014, celébrase en Ribadeo o III Festival de Jazz & Blues
O festival, ademais de concertos, inclúe diversas actividades, como charlas, exposicións e un ciclo de cine de jazz e blues, co que se pretende mostrar ao público a influenza que este xénero musical tivo noutras experiencias artísticas. 




Estas son as películas proxectadas, que se poden ver o venres 18, sábado 19 e luns 21 ás 23h no cine Teatro:

Venres 18

HONEYDRIPPER BLUES BAR (John Sayles, 2007)

Alabama, 1950. É a época da recolleita do algodón e o mellor momento para que o pianista Tyrone Purvis, antiga lenda do jazz e hoxe hosteleiro endebedado, atraia cara ao seu bar, o Honeydripper, aos mozos que traballan no campo. 



Sábado 19

LET'S GET LOST (Bruce Weber, 1988) 

Este documental repasa a vida do trompetista e vocalista Chet Baker, falecido durante a gravación da cinta.



Luns 21

BIRD (Clint Eastwood, 1986)

A fama do saxofonista de jazz Charlie "Bird" Parker, interpretado por Forest Whitaker, crece rapidamente a partir da súa chegada a New York en 1940. Pero Parker comeza a abusar da bebida e das drogas e a súa vida convértese nun inferno.



Para máis informacións sobre o III Festival de Jazz & Blues, podedes visitar a súa web.


Carteleira do ciclo de cine de jazz e blues no cine Teatro

domingo, 13 de julio de 2014

Ribadeo Indiano 2014

Os días 11 e 12 de xullo celebrouse en Ribadeo a I Festa indiana, "Ribadeo Indiano, alén do tempo"
O obxectivo desta celebración é dar a coñecer as tradicións, construcións e doazóns que fixeron á vila aqueles que un día partiron cara Cuba, Arxentina, Venezuela ou Uruguay.


Para anunciar dito acontecemento e animar aos veciños a participar nel, presentouse un pequeno vídeo protagonizado polo alcalde Fernando Suárez e o presidente de Acisa, Roberto Ramos, entre outros.

Fotogramas do vídeo realizado por ElFarero

Se queredes ver o vídeo só tedes que facer clic aquí e para coñecer máis detalles da festa indiana, podedes visitar a súa web

sábado, 5 de julio de 2014

Marujita Díaz nos cines ribadenses

Nos anos 60 era frecuente ver no cine Colón películas protagonizadas pola actriz Marujita Díaz:



Tres angelitos negros (1960) Fernando Cortés

07/01/1961 (Las Riberas del Eo)

Pelusa (1960) Javier Setó

14/10/1961 (Las Riberas del Eo)

12/01/1963 (Las Riberas del Eo)
La corista (1960) José María Elorrieta

22/02/1964 (Las Riberas del Eo)

Lulú (1962) Javier Setó

13/03/1965 (Las Riberas del Eo)

La casta Susana (1963) Luis César Amadori

11/06/1966 (Las Riberas del Eo)

miércoles, 2 de julio de 2014

Maio de 1972

Esta é a carteleira do mes de maio de 1972:

Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Teatro

Una maleta, dos maletas, tres maletas (1967) Edouard Molinaro

30/04/1972 (La Comarca del Eo)

martes, 1 de julio de 2014

Abril de 1972

Esta é a carteleira de abril de 1972:

Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Colón

Superargo, el gigante (1968) Paolo Bianchini

Los largos días de la venganza (1967) Florestano Vancini

30/04/1972 (La Comarca del Eo)

   - Cine Teatro

Sindicato de asesinos (1968) David Lowell Rich

30/04/1972 (La Comarca del Eo)