lunes, 14 de junio de 2021

Ribadeo e o cine: NACIÓN

O pasado venres día 4 de xuño proxectouse en Cines Ribadeo o filme documental Nación, dirixido por Margarita Ledo.


O primeiro pase da película, celebrado pola mañá para o alumnado da ESO dos centros de ensino, estivo acompañado dun coloquio coa directora.

Foto: cronica3.com

Posteriormente, ás 20.30h tivo lugar outro pase para o público xeral.


Nación
narra a loita das traballadoras da fábrica de cerámica A Pontesa e a maneira na que o acceso a un emprego mudou as súas vidas e lles proporcionou autonomía.

En palabras de Margarita Ledo, Nación é "unha película que trata do moito que tardamos as mulleres en ter dereitos, non só en votar, senón en acceder a traballo asalariado e á posibilidade de ser independientes. En resumo, o moito que nos costou ser Nación".

martes, 4 de mayo de 2021

Audrey Hepburn nos cines ribadenses

Audrey Hepburn foi unha actriz da época dourada de Hollywood nacida en Bélxica o 4 de maio de 1929.


Durante a súa infancia, marcada pola II Guerra Mundial, formouse como bailarina e actriz e participou en varias películas británicas como Oro en barras (1951), One Wild Oat (1951) ou Risa en el paraíso (1951), proxectada no cine Colón en 1954:

30.05.1954

Antes do seu salto a Hollywood, Audrey Hepburn tivo pequenos papeis noutras películas británicas como Monte Carlo baby (1951) e a súa versión francesa, Americanos en Montecarlo (1952), que puido verse no cine Teatro:

22.11.1959

Despois de protagonizar o musical de Broadway Gigi, Hepburn foi escollida para protagonizar o filme Vacaciones en Roma (1953), dirixido por William Wyler

Na película, a actriz interpreta a Ana, una princesa centroeuropea que durante unha viaxe a Roma escapa do palacio para visitar a cidade de incógnito. Así é como coñece a Joe, un xornalista americano interpretado por Gregory Peck, que finxe non coñecer a identidade da princesa co fin de conseguir unha boa exclusiva para publicar.

Coa súa actuación en Vacaciones en Roma, Audrey Hepburn converteuse nunha das primeiras actrices en gañar un Óscar, un Globo de ouro e un BAFTA por un mesmo papel.

 

Nese mesmo ano, tamén recibiu o Tony pola súa interpretación na obra de teatro Ondine, na que coincidiu con Mel Ferrer, que máis tarde sería o seu marido.

Vacaciones en Roma proxectouse no cine Teatro en varias ocasións:

16.01.1955

16.01.1955

04.04.1965

Xa convertida nunha estrela de Hollywood, Audrey Hepburn protagonizou Sabrina (1954), dirixida por Billy Wilder e na que compartiu cartel con Humphrey Bogart e William Holden.

22.04.1956


Posteriormente, Hepburn participou en Guerra y paz, a adaptación ao cine da novela homónima de Tolstoi que se proxectou no Teatro en 1960:

02.10.1960

09.10.1960


No ano 1957 estreáronse varias películas protagonizadas pola actriz: Mayerling, Una cara con ángel e Ariane, na que se poñía de novo ás ordes do director Billy Wilder. 


Una cara con ángel, protagonizada por Audrey Hepburn e Fred Astaire, pasou pola pantalla do Teatro en 1960:

15.04.1962

15.04.1962

Ariane proxectouse no Colón en 1958:

28.12.1958

Outras películas da súa filmografía que tamén pasaron polos cines de Ribadeo foron Mansiones verdes (1959) e Historia de una monja (1959):

25.06.1961

26.06.1961
05.04.1964


En 1960, protagonizou xunto con Burt Lancaster o filme Los que no perdonan e con motivo da súa proxección no Colón, en La Comarca del Eo publicouse o seguinte artigo:

04.02.1962

04.02.1962


Unha das películas máis destacadas da filmografía de Audrey Hepburn é sen dúbida Desayuno con diamantes (1961), estreada no cine Teatro en 1964. 

13.12.1964

20.12.1964

Nela a actriz da vida a Holly, lembrada por escenas xa míticas como a do almorzo ante o escaparate da xoiería Tiffany ou cantando Moon river na ventá do seu apartamento.


Na década dos 60, tamén participou en filmes como La calumnia (1961), My Fair Lady (1964), Cómo robar un millón y... (1966) e Sola en la oscuridad (1967), pero non hai constancia de que fosen proxectadas nin no Colón nin no Teatro.


Outras películas desta década que si que puideron ver os espectadores ribadenses foron Charada (1963), Encuentro en París (1964) e Dos en la carretera (1967).

23.01.1966 



16.07.1967

26.01.1969


A partir de entón comezou a participar en películas de forma ocasional, participando en Robin y Marian (1976), Lazos de sangre (1979) e They all laughed (1981).


A súa última aparición no cine foi en Always (1989), de Steven Spielberg, onde interpretaba a un anxo. 

Na etapa final da súa vida, Audrey Hepburn estivo moi centrada na súa labor humanitaria, colaborando activamente como embaixadora de Unicef.

Audrey Hepburn faleceu en Suiza o 20 de xaneiro de 1993.

martes, 27 de abril de 2021

Novembro de 1960

Esta foi a carteleira do mes de novembro de 1960:

Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Teatro 

Los Indomables (1956) Joseph Kane

30.10.1960 (La Comarca del Eo)

El bárbaro y la geisha (1958) John Huston 

Tormenta (1956) John Guillermin e Alfonso Acebal

06.11.1960 (La Comarca del Eo)

El hombre del traje gris (1956) Nunnally Johnson

Escuela de música (1955) Miguel Zacarías

La vida alrededor (1959) Fernando Fernán Gómez

13.11.1960 (La Comarca del Eo)

Orfeo negro (1959) Marcel Camus

Barrio peligroso (1958) Basil Dearden 

Tizoc (1957) Ismael Rodríguez

20.11.1960 (La Comarca del Eo)

Tierra de violencia (1956) Robert D. Webb

Pórtate bien (1951) George Beck

27.11.1960 (La Comarca del Eo)

   - Cine Colón

Lisboa (1956) Ray Milland

El rescate (1953) Marino Girolami

30.10.1960 (La Comarca del Eo)

Amor y guerra (1958) Philip Dunne

Trapecio (1956) Carol Reed

Cenizas de odio (1957) Hall Bartlett

¡A la orden, almirante! (1957) Val Guest  

06.11.1960 (La Comarca del Eo)

Las legiones de Cleopatra (1959) Vittorio Cottafavi

Arsénico, señor Comisario (1957) Claude Boissol

Cuando los duendes cazan perdices (1955) Luis Sandrini 

13.11.1960 (La Comarca del Eo)

La historia de Ruth (1960) Henry Koster

El ángel y la fiera (1957) Giuseppe Vari 

Las noches de Cleopatra (1954) Maio Mattoli 

El globo rojo (1956) Albert Lamorisse

20.11.1960 (La Comarca del Eo)

Diez fusiles esperan (1959) José Luis Sáenz de Heredia 

27.11.1960 (La Comarca del Eo)