martes, 28 de agosto de 2012

Fotos do cine Colón en 2012

Aquí van algunhas fotos do estado actual do cine Colón.

Fachada:



Taquilla:



Unha das portas:


Ventá traseira:


lunes, 27 de agosto de 2012

1946: Directores

En 1946, no cine Teatro proxectouse El fantasma de la ópera, dirixida por Arthur Lubin.

ARTHUR LUBIN (1898 - 1995)

Arthur Lubin foi un actor, director e productor estadounidense.
Iniciouse no cine como actor nos anos 20 e posteriormente traballou como director para a Universal, onde realizou a súa primeira película: A succesful failure (1934).
Foi o descubridor do dúo cómico formado por Budd Abbot e Lou Costello, aos que dirixiu en filmes como Reclutas (1941) ou Galopa, muchacho (1942).
Tamén realizou El fantasma de la ópera (1943), gañadora de dous Oscar pola súa fotografía e dirección artística en color.
Entre os seus títulos máis coñecidos están La mula Francis (1949), que tivo varias secuelas; Estrella de la India (1954) e El ladrón de Bagdad (1960).
En televisión destaca a súa serie Mister Ed, protagonizada por un cabalo parlante.


Mister Ed

sábado, 25 de agosto de 2012

Setembro de 1946

A carteleira de setembro de 1946 é a seguinte:

Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

  - Cine Teatro

El fantasma de la ópera (1943) Arthur Lubin

08/09/1946 (La Comarca del Eo)

Este é o programa de man que se repartiu con motivo da proxección de El fantasma de la ópera en Ribadeo:



viernes, 24 de agosto de 2012

Xuño de 1946

A carteleira de xuño de 1946 é a seguinte:

Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Teatro

Noche triunfal (1944) Charles Lamont

30/06/1946 (La Comarca del Eo)

jueves, 23 de agosto de 2012

Abril de 1946

No mes de abril de 1946, o cine Teatro acolleu varias obras de teatro:


Pinchar na imaxe para vela en grande

28/04/1946 (La Comarca del Eo)

La papirusa, de Adolfo Torrado e Leandro Navarro


Ha entrado una mujer, de Enrique Suárez de Deza

miércoles, 22 de agosto de 2012

Música de cine

En numerosas ocasión, os veciños de Ribadeo puideron desfrutar do cine a través da súa música, xa que tanto a Banda Municipal de Música como a Coral Polifónica ofreceron concertos nos que interpretaron bandas sonoras de coñecidas películas.
Estes son tan só algúns exemplos destes concertos:

Concerto de música de cine
O día 25 de xullo de 1994 tivo lugar no parque un concerto de música de cine.
Nunha pantalla xigante fóronse proxectando imaxes de coñecidas películas como West Side Story ou Memorias de África, á vez que a Banda Municipal de Ribadeo interpretaba as súas correspondentes bandas sonoras.

1994 (La Voz de Galicia)

I Certame Internacional de Bandas e Concurso de Composición de Música de Cine
Os días 25 e 26 de xullo de 2003 celebrouse na Praza de Abaixo, tendo o Cine Colón como telón de fondo, o I Certame Internacional de Bandas e Concurso de Composición de Música de Cine.
Nel participaron as bandas de música de Valga, Viveiro, Candeán, Valadares, Beade, Ribadeo e Lalin.
O 1º premio foi para a Banda de Lalín, dirixida por Marcel Van Bree. Durante a súa actuación interpretaron pezas de Robin Hood, príncipe de los ladrones, de La Strada e de James Bond.
O 2º e o 3º premio foron para a Escola de Música de Beade e para a Unión Musical de Valadares, respectivamente.
O xurado estivo composto por Sef Pijers, director e profesor de clarinete; Rafael Taléns, compositor e director; José Ramón Martínez Reyero, estudiante de dirección de orquestra e composición e por Celia Alcedo, titulada superior en canto.
O certame estivo organizado pola Asociación Amadores da Música, a Banda Municipal de Ribadeo, o Concello de Ribadeo e a Xunta de Galicia.

24/07/2003 (La Voz de Galicia)

25/07/2003 (La Voz de Galicia)

Música... de película
En xullo de 2011, o Cine Teatro acolleu o concerto Música... de película, que serviu como peche do curso A Torre dos Moreno e a arte do seu tempo.
Neste concerto a Coral Polifónica de Ribadeo interpretou algúns temas de Desayuno con diamantes, El álamo, Los chicos del coro e Mar adentro, á vez que se proxectaban imaxes de ditos filmes.

Esta non foi a primeira vez que a Coral ofreceu un concerto así, posto que xa o fixera en agosto de 2007.

Banda sonora de Os mortos van á présa
E tampouco hai que esquecer que a Banda Municipal de Música de Ribadeo interpretou a banda sonora, composta por Arturo Kress, da película Os mortos van á présa.
Aquí pódese escoitar un dos temas principais:



Películas ás que se fai referencia:
West Side Story (1961) Jerome Robbins e Robert Wise
Memorias de África (1985) Sydney Pollack
Robin Hood, príncipe de los ladrones (1991) Kevin Reynolds
La Strada (1954) Federico Fellini
Desayuno con diamantes (1961) Blake Edwards
El álamo (1960) John Wayne
Los chicos del coro (2004) Christophe Barratier
Mar adentro (2004) Alejandro Amenábar
Os mortos van á presa (2008) Ángel de la Cruz

lunes, 13 de agosto de 2012

Ribadeo e o cine: CREBINSKY

O venres 30 de xullo de 2010, no marco de OFestivalON VI, proxectouse en Ribadeo a película Crebinsky.
O director do filme, Enrique Otero, e os seus protagonistas, Miguel de Lira e Sergio Zearreta, estiveron presentes na proxección, que deu comezo as 21.30h no cine Teatro.

Miguel de Lira e Enrique Otero

Ao día seguinte, coincidindo coa gala de clausura do festival, houbo un pasarrúas da Banda dos Crebinsky.

A Banda dos Crebinsky

SINOPSE: Crebinsky (Enrique Otero, 2011)
As choivas torrenciais provocan a enchente do río, que inunda unha vila. A corrente arrastra aos irmáns Crebinsky e á súa vaca, que aparecen milagrosamente vivos nun lugar da costa.
O seu día a día coa vaca Muchka vese alterado cando esta desaparece e é entón cando os irmáns inician unha busca desesperada que os levará da costa cara ao interior.
Sen saber cara onde van, os Crebinsky rematan descubrindo de onde veñen.


TRAILER:



Para coñecer máis sobre a película, podedes botarlle un vistazo á súa páxina web:


jueves, 9 de agosto de 2012

Novembro de 1945

A falta de datos non permite reconstruír as carteleiras de 1943 e 1944, anos nos que Ribadeo continuaba contando cun só cine: o Teatro.

A carteleira de novembro de 1945 é a seguinte:

Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

  - Cine Teatro

Uña y carne (1938) Sam Wood

25/11/1945 (La comarca del Eo)

Ademais, en La comarca del Eo publicouse o seguinte artigo sobre a película:

25/11/1945 (La comarca del Eo) 
(Perdón pola mala calidade da foto) 


Para coñecer máis información do director Sam Wood só tedes que pinchar aquí.

miércoles, 8 de agosto de 2012

Cines da zona nos anos 40

Nos anos 40, nalgunhas vilas veciñas de Ribadeo había cines e salas de proxección, nas que en moitas ocasións tamén se facían representacións teatrais. 

Na parte galega, hai que destacar os cine da Pontenova e de San Miguel de Reinante.

   - A PONTENOVA: Unión Cultural Cinema
Esta sala estaba rexentada por Cosme Iglesias Trevín, que tamén era propietario de moitos outros cines da provincia, como o Cine Victoria de Lugo ou o Gran Cinema da Fonsagrada.

14/07/1945 (Las Riberas del Eo)
28/07/1945 (Las Riberas del Eo)
11/08/1945 (Las Riberas del Eo)
15/09/1945 (Las Riberas del Eo)
05/10/1946 (Las Riberas del Eo)

   - LUGO: Cine Victoria  
01/01/1948 (Las Riberas del Eo)

  - SAN MIGUEL DE REINANTE
En San Miguel de Reinante podíanse ver películas no Liceo.

15/03/1947 (Las Riberas del Eo)
18/11/1947 (Las Riberas del Eo)

Na parte asturiana, destacan as salas de VillapedreTapia, a Veiga e as Figueiras:

   - VILLAPEDRE
Nesta vila, o Casino era o lugar que acollía as proxeccións cinematográficas.

28/10/1944 (Las Riberas del Eo)


   - TAPIA: Salón Edén
O salón Edén abriu as súas portas en 1927. Posteriormente estivo pechado por reformas, ata que o reabriron en 1947.
Neste salón tiñan lugar tanto representacións teatrais, como proxeccións de cine.

14/07/1945 (Las Riberas del Eo)
15/03/1947 (Las Riberas del Eo)

  - AS FIGUEIRAS: Cine Figueras
Neste cine podíanse ver obras de teatro.


02/06/1946 (Las Riberas del Eo)

  - A VEIGA: Popular Cinema
Nos anos 40, A Veiga seguía contando co Popular Cinema, no que tamén se celebraban obras de teatro:
18/01/1947 (Las Riberas del Eo)

lunes, 6 de agosto de 2012

Os salóns de cine sonoro

A principios dos anos 30 abriron en Ribadeo dous salóns de cine sonoro: o Salón Eo e o Salón Morán, que posteriormente se transformaría no cine Galaxia.

SALÓN EO
Tendo en conta o recollido nos xornais locais, pódese dicir que esta foi durante algún tempo a única sala de espectáculos da vila.


03/02/1934 (Las Riberas del Eo)

Danton (1932) André Roubaud
Atendendo á data do anuncio, é probable que a película á que se refiere sexa esta, aínda que tamén hai versións anteriores de Danton en 1921 e 1931.


SALÓN MORÁN
Este salón, propiedade de José Morán e Constantino Fernández Cancio, correspóndese co posteriormente coñecido como cine Galaxia.
Como indica o seguinte artigo, o salón estaba ubicado "fronte á praza Ramón González", no inmoble onde actualmente se atopa o almacén da ferretería Morán, e foi inaugurado o xoves 22 de novembro de 1934.

20/01/1934 (Las Riberas del Eo)
17/11/1934 (Las Riberas del Eo)
En 1935, as proxeccións deste salón seguiron anunciándose en prensa baixo o título "Cine sonoro".

Ademais destes locais dedicados ao cine, Ribadeo contaba con outro salón no que se celebraban espectáculos teatrais, o Salón Iris.

09/06/1934 (Las Riberas del Eo)