miércoles, 30 de junio de 2021

Febreiro de 1961: XXV aniversario do cine Teatro

O xoves 9 de febreiro de 1961 a empresa Lens Ucar celebrou o seu XXV aniversario ao fronte do cine Teatro e para celebralo, os prezos dese día foron os mesmos que había nos seus inicios: butaca 1 peseta, delanteira 60 céntimos e xeral 50 céntimos. 

12.02.1961

05.02.1961

05.02.1961

A película proxectada para dita celebración foi El último cuplé, protagonizada por Sara Montiel

Hai que lembrar que en 1936 Manuel Lens Ucar fíxose cargo do Teatro e, tras varias reformas, o cine foi inaugurado o 9 de febreiro dese mesmo ano coa proxección da película Nobleza Baturra.

01.02.1936

08.02.1936

01.02.1936 

martes, 29 de junio de 2021

Ribadeo e o cine: LA (DES)EDUCACIÓN DE CAMERON POST

O pasado sábado 28 de xuño, o Concello de Ribadeo organizou diversas actividades con motivo da celebración do Día do Orgullo LGTBIQ+.


Unha destas actividades foi a proxección da película
La (des)educación de Cameron Post, dirixida por Desirée Akhavan e protagonizada por Chloë Grace Moretz.

O filme xira en torno a unha moza que é obrigada pola súa familia a asistir a un centro de terapia para reorientar a sexualidade de persoas homosexuais. 


jueves, 24 de junio de 2021

Febreiro de 1961

Esta foi a carteleira do mes de febreiro de 1961:

Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Teatro

Un crimen por hora (1958) John Ford 

29.01.1961 (La Comarca del Eo)

Tía y mamá (1958) Morton da Costa 

El hombre que nunca existió (1956) Ronald Neame

05.02.1961 (La Comarca del Eo)

El último cuplé (1957) Juan de Orduña 

12.02.1961 (La Comarca del Eo)

Hércules (1958) Pietro Francisci

Hombres y lobos (1957) Giuseppe de Santis e Leopoldo Savona

12.02.1961 (La Comarca del Eo)

Fugitivos (1958) Stanley Kramer

El cisne (1956) Charles Vidor

Viaje de vuelta (1955) Roy Ward Baker

19.02.1961 (La Comarca del Eo)

Operación Pacífico (1959) Blake Edwards 

Un americano en Toledo (1960) Carlos Arévalo e José Luis Monter

26.02.1961 (La Comarca del Eo)

   - Cine Colón 

Mi mujer es doctor (1957) Camillo Mastrocinque

29.01.1961 (La Comarca del Eo)

Apocalipsis sobre el río Amarillo (1960) Renzo Merusi

Misterio en el Báltico (1959) Peter Bourne

Gimpel, maestro de espías (1956) Werner Klingler

05.02.1961 (La Comarca del Eo)

La vuelta al mundo en ochenta días (1956) Michael Anderson 

Aquellos tiempos del cuplé (1958) Mateo Cano e José Luis Merino 

El amor empieza en sábado (1961) Victorio Aguado 

Muchachas en vacaciones (1958) José María Elorrieta 

Bienvenido, Mr Marshall (1953) Luis García Berlanga 

12.02.1961 (La Comarca del Eo)

Sueño de amor (1960) Charles Vidor e George Cukor 

19.02.1961 (La Comarca del Eo)

Bajo el sol de medianoche (1958) Rolf Husberg

26.02.1961 (La Comarca del Eo)

domingo, 20 de junio de 2021

Proxecto Versión Fin

O cine Teatro e o Círculo Habanero acollen esta fin de semana dous concertos audiovisuais que forman parte do proxecto Versión Fin, levado a cabo por Iván Torres.
Cada concerto é único e nel combínanse antigas películas de celuloide recuperadas do cine Teatro con música improvisada en directo.


Iván Torres explicou que "este proxecto chámase Versión Fin porque son uns textos que se atopan facilmente nas colas de celuloide e que normalmente están escritos polos proxeccionistas. O celuloide sempre, cando ía pasando de proxeccionista en proxeccionista, tiña unhas marcas que eles ían deixando e que eran como mensaxes para o seguintes proxeccionista para ver se unha cola terminada nun sitio, empezaba noutro, se tiña un erro ou marcas que non debían estar aí."


Os concertos teñen lugar ás 21h, o sábado 19 no cine Teatro e o domingo 20 no Círculo Habanero. Máis adiante, segundo anunciou a concelleira de cultura, Pilar Otero, haberá outras dúas proxeccións no peirao de Rinlo e no Pazo de Cedofeita.

lunes, 14 de junio de 2021

Ribadeo e o cine: NACIÓN

O pasado venres día 4 de xuño proxectouse en Cines Ribadeo o filme documental Nación, dirixido por Margarita Ledo.


O primeiro pase da película, celebrado pola mañá para o alumnado da ESO dos centros de ensino, estivo acompañado dun coloquio coa directora.

Foto: cronica3.com

Posteriormente, ás 20.30h tivo lugar outro pase para o público xeral.


Nación
narra a loita das traballadoras da fábrica de cerámica A Pontesa e a maneira na que o acceso a un emprego mudou as súas vidas e lles proporcionou autonomía.

En palabras de Margarita Ledo, Nación é "unha película que trata do moito que tardamos as mulleres en ter dereitos, non só en votar, senón en acceder a traballo asalariado e á posibilidade de ser independientes. En resumo, o moito que nos costou ser Nación".